A Sarriana vence con claridade no derbi e afianza o liderado

O undécimo Trío de Ases O Cantón tráenos a clara vitoria no derbi provincial da Sarriana fronte ao Viveiro. O Racing Vilalbés consolida o seu posto no play off tras vencer na Grela ao Silva, mentres que o Polvorín non puido sumar na súa visita ao campo do Estradense. Na Preferente, o Lemos voltou á […]

Javi Liz (SD Sarriana): «Sumar cada partido é fundamental en Terceira»

Con preto dun tercio de competición consumido, a Sarriana lidera a táboa clasificatoria da Terceira RFEF. O novo proxecto dos da Ribela, liderado no banquiño por Jaime Paz, comezou a temporada do mellor xeito e convertiuse, se xa non o era, nun claro aspirante a pelexar polo ascenso. Falamos no Ser Deportivos Lugo con Javi […]

O derbi xermadino é para o Cazás e o de Taboada para o B

O Tres en Raia En Boas Mans desta xornada de Terceira Futgal tráenos, no grupo norte, o triunfo do Cazás no derbi do concello de Xermade fronte ao Roupar. Os do Catro Ventos xa son segundos e recurtan diferencias co líder. O Goiriz deixou os primeiros puntos da temporada tras empatar co Matela. No grupo […]

Adri Carrión debutou co dorsal 19 como xogador do Racing Villalbés. O xogador vallisoletano nado en 2002 formouse no Real Valladolid e pasou polo Racing Rioja, o Laredo e o Rayo Majadahonda; equipo do que procede.

O Racing Vilalbés vence ao Estradense e a Sarriana lidera a Terceira RFEF

O novo Trío de Ases O Cantón tráenos o liderado da Sarriana na Terceira RFEF. O conxunto adestrado por Jaime Paz goleou na Ribela ao Barbadás e aproveitou a derrota do Estradense na Madalena diante dun Racing Vilalbés que apreta a zona de privilexio. O Polvorín está ás portas dos postos de play off tras […]

Jandri Rego: «Había un grupo de xente en Cantarrana á que non gustábamos»

O pasado verán Jandri Rego colleu as rendas do Viveiro en Terceira RFEF logo da saída de Alberto López, do que era o seu segundo adestrador. O conxunto mariñán apostou daquela por darlle as rendas a un home da casa, que contou cun cadro de xogadores moi renovado con respecto á anterior campaña. Malia a […]

Abadín e Sober perden a imbatibilidade

O sétimo Tres en Raia En Boas Mans da Terceira Futgal deíxanos no grupo norte o liderado sólido do Goiriz. O cadro vilalbés segue contando por vitorias os seus encontros tras derrotar a un Abadín que chegaba tamén invicto. Os de David Lorenzo puxeron ao día o calendario tras disputar e gañar o encontro adiado […]

O Ribadeo sorrí á novena tentativa

Tres vitorias dos conxuntos lucenses na Terceira RFEF temos que celebrar neste Trío de Ases O Cantón. Só a Sarriana perdeu na súa visita a un renacido Alondras. O Racing Vilalbés venceu no campo do Gran Peña e o Polvorín fixo o propio no do Somozas. Ámbolos dous tiveron que remontar o tanto inicial do […]

O Bóveda estrea o casilleiro de puntos

O sexto Tres en Raia En Boas Mans da temporada déixanos, no grupo norte, a sexta vitoria do Goiriz, ademáis cunha goleada contundente ao Friol B. Segue contando tamén por vitorias os seus encontros, aínda que sexan catro, o Abadín. Os de David Lorenzo son terceiros, por detrás dun Matela que promete pelexar polo ascenso. […]

Pol e Escairón fuxen do perigo

O Trío de Ases O Cantón déixanos dúas vitorias para os conxuntos lucenses de Terceira RFEF. Foron as do Polvorín na Cheda diante do Boiro. e a da Sarriana na Ribela fronte ao Silva. Racing Vilalbés e Viveiro caeron como locais fronte a Somozas e Estradense respectivamente. Na Preferente, o Escairón venceu ao Mugardos e […]

Labrada: «Estou convencido que o Ribadeo manterá a categoría sen problema»

A etapa de Ramón Labrada á fronte do Ribadeo resultou máis breve do agardado. O técnico chegou ao Pepe Barrera o pasado verán avalado pola súa boa labor no Riotorto e no Meira, pero o mal comezo ligueiro (tres puntos en sete xornadas sen coñecer a vitoria), levaron a club e adestrador a separar os […]

Cinco goles para festexar a quinta do Goiriz

Intratable se está a amosar o Goiriz neste comezo ligueiro no grupo norte da Terceira Futgal. O quinto Tres en Raia En Boas Mans achéganos outras tantas vitorias do conxunto chairego, que se desfixo con facilidade do Catro Roldas. O Abadín, con tres encontros disputados, é o outro conxunto que se mantén invicto. Nesta xornada […]

A Sarriana sitúase a punto do líder

O Trío de Ases O Cantón tráenos unha sóa vitoria lucense nesta xornada. A da Sarriana no ata de agora infranqueable campo do Estradense, líder da Terceira RFEF. O Racing Vilalbés e o Polvorín igualaron no campo de Boiro e Vilalonga, respectivamente. O Viveiro desaproveitou unha importante vantaxe e caeu na súa visita ao Gran […]

Samu Orosa lidera a primeira do Catro Roldas

O Tres en Raia En Boas Mans da cuarta xornada tráenos a primeira vitoria do Catro Roldas. Foi na Canteira diante do Friol B. O Goiriz segue intratable e conta cun pleno de puntos tras golear ao Celeiro. Abadín e Rioaveso gañaron a domicilio, mentres que o Cazás venceu ao Matela nun choque entre dous […]

O Pol logra a primeira vitoria da historia na Preferente

O Trío de Ases O Cantón achéganos a un día histórico no Municipal de Pol. O cadro local logrou a primeira vitoria da súa historia na Preferente. Foi no derbi provincial diante dun Ribadeo que segue sen gañar. O Lemos igualou no campo do Val e o Escairón caeu na casa co Lalín. Na Terceira […]

Dani Delgado (Escairón): «A vitoria foi un premio tras varias xornadas sen sorte»

Chegou a primeira vitoria do Escairón no seu retorno a Preferente. Os do Saviñao, que se están a amosar moi competitivos neste comezo de temporada, tiveron que agardar á quinta xornada para celebrar o primeiro triunfo. E este chegou fronte a un conxunto que contaba os encontros por vitorias, o Dubra. Os de Óscar Moure […]

Sober e Sarriana B gañan de sete

A terceira xornada do Tres en Raia En Boas Mans de Terceira Futgal foi unha auténtica toleada de goles no grupo sur. A Sarriana B venceu por sete ao Bóveda e o Sober fixo o propio na Carqueixa fronte ao Río Sil no derbi. Pero Sporting Lucense e Monterroso B meteron catro cada un a […]

O Escairón acada a primeira vitoria da temporada

O Trío de Ases O Cantón tráenos a vitoria do Sarriana na Terceira RFEF no campo do Somozas, que o sitúa segundo na clasificación, só por detrás do Estradense. O Racing Vilalbés empatou no campo do Valladares, mentres que o Viveiro colleitou a primeira derrota do curso no feudo do Boiro. Tamén perdeu o Polvorín […]

Adri Lombao (Viveiro CF): «Todos temos claro que o gran obxectivo é a permanencia»

O Viveiro comezou con bo pé esta temporada 2024/2025. Tres vitorias e un empate en catro xornadas situaron ao conxunto mariñán no pelotón de cabeza dunha Terceira RFEF que promete máxima igualdade, como en anteriores edicións. Un dos referentes deste conxunto, malia súa xuventude, é o coruñés Adrián Lombao Chao (A Coruña, 28-07-2004). Na súa […]

Celeiro e Chantada Atlético B debutan con goleada

A segunda xornada do Tres en Raia En Boas Mans na Terceira Futgal déixanos un triple empate no liderado do grupo norte. Matela, Goiriz e Cazás contan os seus encontros por vitorias, mentras que o Celeiro estreouse con goleada tras o adiamento do seu encontro na primeira xornada. No grupo sur, Monterroso B e Sporting […]

O Viveiro camiña con paso firme na Terceira RFEF

O Trío de Ases O Cantón déixanos ao Viveiro na segunda praza da Terceira RFEF. O cadro mariñán gañou en Cantarrana ao Vilalonga e mantense invicto. Tamén gañou o Polvorín na Cheda ao Arteixo. Colleitaron a primeira derrota do curso a Sarriana e o Racing Vilalbés, ambos como locais, fronte a Boiro e Arousa respectivamente. […]