#Fútbol afeccionado #Terceira Futgal

Monterroso B e Sober son de Segunda Futgal

O Monterroso B celebra o ascenso

Chega o último Tres en Raia En Boas Mans da fase regular da Terceira Futgal. No grupo norte o peixe xa estaba vendido e só se poñía enriba da mesa a orde do cuarto e quinto clasificado. O Rioaveso gañou en Abadín e superou a un Matela que lle tocaba xornada de descanso.

Toda a emoción estaba no grupo sur. O Monterroso B dependía de si mesmo e non tardou en encarrilar un partido que se convertiu nun trámite fronte ao Bóveda. Os de Pampín culminaron unha excepcional temporada co ascenso directo. Tamén é de Segunda Futgal o Sober, eso si, con máis sufrimento. Os de Iban Lagoa venceron no campo do Taboada B nos últimos intres do encontro. Os locais consolidaron a súa praza na promoción malia a derrota grazas a que o Carballedo no foi quen de superar a un Corgo que aínda podía ascender de xeito directo. O Sporting Lucense, outro dos candidatos, goleou ao Chantada Atlético B, pero terá que xogar a promoción.

Os emparellamentos do play off de ascenso quedan do seguinte xeito (ida o 30 de marzo e volta o 6 de abril):

GRUPO NORTE



  • Abadín – Cazás
  • Matela – Rioaveso

GRUPO SUR

  • Sarriana B – Sporting Lucense
  • Taboada B – Corgo

Analizamos a derradeira xornada da fase regular.

GRUPO NORTE

O Goiriz remata na primeira praza logo de golear sen piedade á Comercial (12-1). Un set en cada tempo. Os de Manu Veiga saíron ao campo como se o ascenso estivera en xogo. Os chairegos amosaron unha gran intensidade e quixeron rematar a temporada da mellor maneira. Boa mostra foi o marcador aos tres minutos de xogo. Un 2-0 reflictía a diferencia entre ámbolos conxuntos. O dianteiro Vizoso marcou catro goles e rematou a un só tanto do pichichi.



O Castroverde vence ao Catro Roldas nun encontro de baixo ritmo (1-2). Partido soso e sen gran aliciente para o espectador entre dous conxuntos que non poñían nada en xogo e que chegaban con numerosas baixas. O Castroverde dominou o primeiro tempo, pero apenas gozou de ocasións. Moi preto do descanso Pablito adiantou aos de Iago Núñez tras un pase en profundidade de Quique. O Catro Roldas rozou o tanto nun achegamento de Danny Yáñez. Tras o descanso o ritmo foi un pouco máis alto e os de Coto logrou empatar cun tanto de Pepe á saída dun córner. O Castroverde reaccionou de contado e fixo o segundo por medio de David, tanto que lle deu o pichichi do grupo norte.

Celeiro e Cazás firman tablas en Trasvías (1-1). Outro encontro de trámite. O Celeiro realizou un bo encontro e non tardou en poñerse por diante cun tanto de Chatu, que cun forte disparo sorprendeu desde longa distancia ao gardameta visitante. O Cazás tivo o balón e o Celeiro buscou saír á contra e sufriu coas accións a balón parado dos chairegos. No comezo do segundo tempo chegou o tanto do empate. Penedo aproveitou un servizo de Yago para cabecear ao fondo da portería. O Cazás reclamou un tanto que o colexiado non concedeu antes de que os mariñáns xeraran varias situacións de perigo no tramo final.

O Rioaveso remata cuarto tras gañar ao Abadín no Municipal (2-3). Encontro frouxo ao que ámbolos conxuntos chegaron curtos de efectivos. No comezo as chegadas á área foron a tónica e Ángel adiantou ao Abadín cun bo disparo. Só dous minutos máis tarde Adrián estableceu o empate cun preciso golpeo de falta. No segundo tempo, Tontxu voltou a poñer por diante aos de David Lorenzo xusto antes de que as chegadas ás áreas voltaran a ser unha constante. Toni empatou para os visitantes tras unha boa xogada. Noé e Tontxu contaron con boas ocasiósn para o Abadín, pero foron os de Asier Lozano os que levaron o gato á auga grazas a un testarazo de Álex Anido.

O Friol B remata con vitoria tras superar ao Roupar (3-2). Primeira metade sen goles, pero con moitas ocasións por parte dun Friol B que amosou un gran nivel fronte a un Roupar que non estivo atinado sobre o céspede da Reigosa. Só a boa actuación do gardameta Fran mantivo aos de Ángel Pena co marcador igualado. Os axustes no intermedio déronlle os seus froitos aos xermadinos, que lograron unha renda de dous tantos, ambos obra de Tupac. Bruno Castro moveu o banquiño e Adri recurtou diferencias. Samu aproveitou un erro defensivo do Roupar e estableceu a igualada. Nos últimos intres os dous equipos pelexaron por levar os tres puntos, pero estes quedaron na casa logo de que Samu marcara o terceiro.

GRUPO SUR

O Monterroso B non erra fronte ao Bóveda e acada o ascenso (7-0). O encontro soñado para o filial monterrosino. Un campo abarrotado e un partido plácido para rematar co ansiado ascenso. Os de Pampín contaron con moitas ocasións antes do primeiro tanto marcado por Balbino. Manel fixo o segundo antes do intermedio. O segundo tempo convertiu en heroe a Balbino, con outros tres tantos para culminar un póker. O Bóveda apenas chegou con perigo á área rival e nunca inquedou ao Monterroso B.

O Sober vence ao Taboada B e tamén é de Segunda Futgal (1-3). Ámbolos conxuntos cumpriron o seu obxectivo. Os soberinos lograron o ascenso directo e o Taboada B, malia non poder sumar, xogará o play off. Os de Jacobo Gómez comezaron mellor e Pita estrelou un balón no longueiro. Foi o Sober quen se adiantou cun gol de Pibe tras un saque de banda. Os locais foron mellores ao comezo do segundo tempo e Yoni empatou o encontro tras un lanzamento de penalti. O Sober apretou na procura dun gol que lle dera o ascenso directo. Sergio e Isaac lograron os tantos para os de Iban Lagoa nun tramo final de moitos nervios. A derrota non impediu que o filial xogue a fase de ascenso por primeira vez e o Sober festexou un ascenso que se lle resistía desde a temporada 2016-2017.

A goleada do Sporting Lucense resulta infructuosa para acadar o ascenso directo (0-8). O Chantada Atlético B non foi quen de competir fronte a un Sporting Lucense moi superior, consciente do que estaba en xogo. Os lucenses adiantáronse moi rápido e amosaron unha gran efectividade de cara a portería contraria, xusto ao contrario do ocorrido nos últimos encontros. Cristian, con catro tantos, foi o mellor xogador do encontro.

O Corgo e o Carballedo suman un punto que non lle serve a ningún (2-2). Os dous conxuntos precisaban os tres puntos e non dubidaron en ir ao ataque para acadalos. Os visitantes foron quen de adiantarse por medio de Doval no primeiro tempo e él mesmo puxo terra de por medio no segundo tempo. Ámbolos tantos chegaron desde o punto de penalti. Abel Rochela moveu o banquiño e o Corgo reaccionou. Kevin con dous tantos logrou un infructuoso empate.

Río Sil e Relámpago Taboada protagonizan unha oda ao fútbol de ataque nun encontro sen nada en xogo (8-5). Nen máis nen menos que trece tantos se viron na Carqueixa nun encontro no que os ataque superaron claramente ás defensas. O Río Sil amosouse moi superior no primeiro tempo e marchou ao descanso con catro tantos de vantaxe. O Relámpago reaccionou no segundo tempo e apretou o marcador grazas ao acerto de Fran e Valiño. Malia todo, foi o Río Sil o que estivo máis atinado cara a portería contraria para levar os tres puntos.

O Torneo Delegación xa está listo para

Monterroso B e Sober son de Segunda Futgal

A última bala do San Lázaro, unha

Dejar un comentario

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *