Óscar Gilsanz: «É o momento de cambiar cousas para que nada cambie»

  O refrán di que un non é de onde nace, senón de onde pace. Aínda que non sempre é certo, cando menos onde se pace queda un recordo especial. E en Vilalba paceu os últimos catro anos Óscar Gilsanz (Betanzos, 1973) facéndolle honra ós enxeñeiros de camiños e enlazando na súa ruta case diaria […]

Diario dun mercado. Episodio 60

  Na nova entrega do mercado comezamos pola novidades da Primeira Autonómica, na que se producen algunha baixa importante. Chumi deixa a SD Monterroso despois de 2 temporadas. Ademais, por mor da súa última lesión, darase un respiro baixo paus e continuará no noso fútbol pero como xogador de campo. O seu destino aínda non […]

A temporada do Burela e o deber cumprido

Para os que coñecen a historia do Burela facíaselles raro ver ao equipo na Segunda Rexional, despois do descenso do curso pasado. Dende o comezo do verán o cadro da Marosa víase como o gran referente da categoría e nel estaban postas as expectativas máis altas. Aínda que este papel ás veces non é fácil […]

Palabra de Iván Calaza…O sentir do equipo da vila

Xa parece que nos afixeramos a que a partir de agora os luns polas tardes había sorteo, que ía tocar lonxe de novo, que os rivais tiñan que colocar a Vilalba no mapa ou que o teu veciño, que non ten ningún interese no fútbol, che preguntara a onde ía o Vilalbés desta volta. Non […]

Os onces das semifinais da Copa na Segunda e na Terceira

A Copa Jorge Tato xa ten finalistas nas categorías máis baixas do fútbol sénior lucense. Burela e Brollón loitarán polo título o vindeiro domingo no Anxo Carro despois de eliminar en cadansúa tanda de penaltis a Fonsagrada e Chantada Atlético. Deste xeito, a Terceira queda sen representantes na Copa e será un equipo ascendido a […]

Un ascenso que non estaba nin nos mellores soños

Proxecto con futuro é o que rexurdiu hai case un ano nun equipo histórico da capital lucense, a SG Comercial. No plan de medrar estaba o de formar un equipo sénior que lle dera saída a canteira que queren volver a ter. Quizais, nin nas máximas expectativas estaba a de ascender á Segunda Rexional cando […]

Os onces dos cuartos da Copa na Segunda e na Terceira

Sempre hai alguén a quen a Copa non deixa indiferente. Nas semifinais do torneo que este ano homenaxea a Jorge Tato meteuse o Fonsagrada logo de eliminar ao todopoderoso Pol. No paso previo á final, verase as caras co Burela, o outro equipo do grupo norte que ascendeu este curso á Primeira. Na zona sur, […]

Xusto Pardeiro (Rácing Vilalbés): «Despois da parada de Pita sentinme moi liberado»

É difícil actuar cando afrontas unha circunstacia na que nunca te viches, pero é moito máis fácil se o fas con aqueles que te levaron ata alí. O Racing Vilalbés encara por primeira vez na súa historia a segunda eliminatoria dunha fase de ascenso á Segunda B. Este domingo (16:30h) chega á Madalena o Levante […]

Os onces dos oitavos da Copa na Segunda e na Terceira

Oito equipos sobreviven na Copa despois de xogarse os oitavos de final a pasada fin de semana. Mantéñense tres dos catro equipos que subiron este curso á Primeira Galicia e dous que ascenden á Segunda. Os cuartos deixan un derbi na zona da Mariña. No zona norte, o Cervo superou o Matela, despois de remontar […]

Dous lucenses peregrinan cara un soño

Hai equipos que quizais nunca deberán ser carne de Futbolinlugo, pero moitas veces convén dar un paso atrás para poder avanzar de novo con firmeza cara adiante. Un club como a SD Compostela non precisa carta de presentación, logo da súa época gloriosa na Primeira División a finais do século pasado e varias campañas na […]

Os onces da 2ª rolda da Copa na Segunda e na Terceira

O torneo por excelencia da primavera na provincia xa entra na fase dos oitavos de final, despois dunha segunda rolda que non volveu deixar indiferente a ninguén. Sorpresas, tandas de penaltis e protagonistas que permiten a 16 equipos do fútbol máis afeccionado seguir soñando unha semana máis con chegar a final e que quedan recollidos no […]

Óscar Rivas (Lugo B): «Somos o rival a batir, pero hai que convivir con iso»

Aroma a domingo de verde na provincia, nos prados e nos campos de fútbol. Ese cheiro primaveral inigualable de herba segada, da igual se é de medio metro para ensilar ou dun centímetro para deixar o céspede no mellor estado posible. Domingo no que cantan os páxaros e tamén se pode cantar un ascenso. A […]

Pablo Vivero: «Tiña gañas doutra fase pero sen ánimo de desquite»

Non leva a conta dos partidos que portou a camisola vermella e verde do Racing Vilalbés, e non é para menos. Tampouco nós nos acordamos do que facemos cada domingo dende hai 23 anos. Pablo Vivero (6-12-1979), de Gontán a capitán, pasando por un ascenso á Terceira, unha volta á Preferente e a consolidación final […]

Pulpí: lugar cosmopolita, de horta, de praias e de fútbol

Pasaban ás seis da tarde do 12 de maio de 2018 cando saíu a bóla do Racing Vilalbés. Por segunda vez na súa historia o equipo chairego poñía o seu nome no sorteo da fase de ascenso á Segunda División B en Las Rozas, o que vén sendo o sorteo da «Champions» no fútbol modesto. […]

Os onces da 1ª rolda da Copa na Segunda e na Terceira

Comezou a Copa para os equipos lucenses da Segunda e da Terceira Rexional, algo que pode significar dúas cousas. Para uns, a ilusión de seguir avanzando roldas e poder chegar a esa final na que o norte e o sur da provincia se fusionan; e para outros supón o remate da temporada. A primeira rolda, […]

O balompé da capital abre as súas portas ao fútbol base

Mentras a campaña vai chegando ao seu fin, a primavera entra no seu máximo esplendor e invita a sácalo balón do cuarto e botalo a rodar polos prados, prazas ou parques. A época na que moitos nenos e nenas se ilusionan co fútbol e deciden iniciar a práctica deste deporte amparados por un club. Nestes […]

O fútbol provincial pendente do que pasa en Galicia

Todo en xogo nestas últimas semanas de competición, nos que moitos equipos teñen que mirar máis aló dos seus encontros. Coa Copa 2018 xa iniciada na Segunda e Terceira Rexional, o resto das categorías do noso fútbol céntrano todo os derradeiros enfrontamentos da liga regular. Segunda B: Non hai ningún representante da provincia na división […]

Os onces da última xornada na Segunda

Rematou a tempada na Segunda Rexional e houbo que esperar a que se desputasen as trinta xornadas da competición para coñecer o groso de equipos que o vindeiro ano competirán na Primeira. Ó xa coñecido ascenso do Friol, sumáronselle esta fin de semana o do Burela, Pol e Chantada Atlético. Por abaixo, os equipos están […]

Os resultados que implican ascensos no último domingo de abril

Resultados última xornada Segunda Galicia (equipos que tiñan opcións de ascender) Burela 4-0 Ourol Pol 4-0 Iberia Folgueiro 6-0 Meira Chantada Atlético 3-0 San Lázaro 6-0 Oural A derradeira xornada do mes de abril resolveu parte das incógnitas nas competicións regulares na Primeira, Segunda e Terceira Rexional. A falta de tres xornadas para que remate […]

O Friol escribe o capítulo máis exitoso da súa historia

O normal na última fin de semana de abril é afrontala con tensión, xa sabemos que sen descontrolarse que é futbol rexional, pero está claro que un sempre quere gañar. E se está loitando por un ascenso, máis. Non obstante, hai un pobo na provincia onde os nervos xa pasaron, parte da festa tamén e […]