Intensos movementos pola Terra Chá, na véspera do inicio dunha semana no que moitos equipos comezan a súa pretemporada. Na Primeira move ficha o Santaballés coa fichaxe de Hugo López, extremo procedente do Racing Vilalbés División de Honra Xuvenil. Un dos que xa botou a estiralas pernas na categoría foi o Chantada Atlético. Este venres arrincou unha nova pretemporada que seguirá dirixida por Fran Regal, Fran J e capitaneada por Miko.

Na Segunda o Abadín presenta algunha novidade con respecto ao curso pasado. O equipo estará dirixido por Óscar Pol e conta coas altas de Vicente (procedente do Cabreiros), Julen Tojo, Iago (porteiro San Roque), Diego Carro, David Lopez “Chupi” e Pedro (Cazás). Todo para suplir a baixa confirmada do porteiro Cristian e algunha máis que se pode producir. O gardamallas Iván Seco, se hai equipo xuvenil en Cospeito, irá xogar alí; Izan foi operado nos últimos días, e aínda que ten intención de seguir no equipo, este ano vai ser dificil que se de recuperado; Pardeiro aínda non se recuperou da lesión sufrida a tempada pasada. Díxolle á directiva que se había suficientes xogadores este ano prefería non competir. Por outra banda, Pablo, Miguel e Gayoso, se as súas circunstancias llo permiten, formarán tamén parte do cadro de xogadores.

O Goiriz refórzase con Alfonso procedente do Santaballés. O cadro adestrado por Cora mantén o bloque co que conseguiu o ascenso á Segunda. Nun principio, só conta coa saída de Mateo que xa non estivera para desputar a pasada edición da Copa. O cadro do Ventiño comeza a pretemporada este martes e haberá algún xogador a proba. Na súa lista de amigables está o encontro co Mondoñedo o mércores 8 en Goiriz; xunto cos duelos fronte ao Santaballés, Rioaveso e Cospeito aínda sen data fixada. Un día despois de comezar o Goiriz farao o Cabreiros no campo da Acea.

Na Terceira o Cazás tamén mantén eminentemente o bloque, agás as saídas de Isma, David e Juanín. Baixas que suplen coas chegadas de Isma (xogou no Matela e Codesido), Álex (estaba libre) e Samuel (ex do Momán). O cadro xermadino conta con que para outubro o céspede do Catro Ventos estea no estado correcto para a práctica do fútbol.

Luca´s Grill
Moreno´s Pizza
Imagen por defecto
Iván Calaza

Criado no paraíso da Terra Chá. Fútbol, entre outras moitas cousas. Hai unha vida máis barata, pero iso non é vida nin é nada.

Artículos: 549

Deja un comentario

Los datos que proporciones mediante este formulario serán tratados por Futbolinlugo como responsable de esta web. La finalidad de la recogida de estos datos se realiza solamente para responder y moderar los comentarios. Estos datos estarán almacenados en los servidores de PROFESIONAL HOSTING, situados en la Unión Europea (política de privacidad de Profesional Hosting). Puedes ejercer tus derechos de acceso, rectificación, limitación y supresión enviando un correo electrónico a diegopolc8@gmail.com.