Unha toma de conciencia a tempo

Das catorce xornadas que durou a tempada pasada a segunda fase na Terceira Rexional, só en cinco delas o Cervo estivo en postos de ascenso directo. Despois dunha primeira fase cerrada con números prácticamente inmellorables, o cadro adestrado por Iván Pernas comezou con mal pé o último tramo de competición, aínda que aproveitou o erro dos rivais para conseguir o ansiado ascenso na última xornada.

Xa entramos na segunda quincena de xullo e avecíñase o inicio dunha nova campaña no noso fútbol. A SD Cervo prepara o seu regreso á Segunda Rexional co obxectivo de manter a base de futbolistas que conseguiron o ascenso hai xa case tres meses. Non obstante, convén recordar o feito para poder falar do futuro. “Somos un club humilde. Para nós é moi bonito xogar o vindeiro curso en Segunda porque hai moitos equipos da comarca aquí preto. É moito máis cómodo ao non ter tanto que viaxar. Ademais será unha competición máis disputada con mellores campos que permitirán un xogo moito máis fluído”, afirma o adestrador Iván Pernas quen recoñece que, en principio, seguirá á fronte do equipo cervense. O técnico reflexiona tempo despois de acadar o ascenso e a voltas ca preparación próxima: “é a categoría perfecta. Afrontámola co obxectivo de asentarnos como equipo e non ir para abaixo. Queremos ser un equipo no que os xogadores van dar o callo con calidade e compromiso”.

Polo momento non se albiscan grandes cambios no cadro de xogadores neste mercado, xa que afrontan o reto de xogar na Segunda coa camisola do Cervo. “Queremos manter a base do ano pasado no que tivemos 23 fichas. Hai algunha xente que se vai, non moita. Agora temos 18 xogadores co incorporación do porteiro Dani procedente do Foz“, comunica Iván Pernas.

Todo isto despois dun ano pasado con diferentes estados de forma. O dominio na primeira fase do campionato quedou patente na táboa clasificatoria cun Cervo campión do seu grupo norte; aínda así o seu técnico recoñeceu erros: “Non gañamos partidos fronte aos equipos de arriba”. O segundo tramo de competición foi totalmente distinto, os encontros con equipos de toda a provincia non beneficiarion o cadro da Mariña que a falta dunha xornada dependía doutros resultados para conseguir subir de categoría. “Tardamos en adaptarmonos ao nivel que nos esixía a fase con algúns partidos con expulsións, etc. Na segunda volta si que nos puxemos.  Tardamos tempo en meternos, pero metímonos a tempo. O equipo ao final respondeu, sabendo de que a nivel provincial é moito máis difícil, xa que están os mellores da categoría”, recoñeceu Iván Pernas

O adestrador tamén tivo que tratar máis aspectos que os futbolísticos para tratar de levar o mellor posible ao grupo. “É un equipo con moitas etnias. Un factor que se pode ter en conta. É difícil controlar un vestiario así, pero todos puxeron o seu grao de area e conseguímolo“, concluíu Pernas.

Imagen por defecto
Iván Calaza
Criado no paraíso da Terra Chá. Fútbol, entre outras moitas cousas. Hai unha vida máis barata, pero iso non é vida nin é nada.
Artículos: 465

Deja un comentario