Dani Renda: «Foi o broche de ouro, non contabamos cunha campaña tan redonda»

O único sobrevivente. Dani Renda é o único xogador que se mantén do antigo Polvorín. Hai escasas horas que vén de gañar o doblete co filial do Clube Deportivo Lugo. Porén, o xoven mediapunta viviu de amarelo as dúas caras da moeda. Tanto os éxitos recentes coma o sufrimento semanal de loitar por unha permanencia. […]

Diario dun Mercado. Episodio 55

Un dos nosos mellores centrais non seguirá no seu equipo. A aventura de Roberto Prieto no Bergantiños chega ao seu fin e o cadro de Carballo terá que buscar novo defensa para a próxima campaña. Baixamos dúas categorías para falar da Primeira Galicia. Categoría onde xa temos dúas novas relevantes. Chile deixa o Valadouro para […]

Destacados Copa Preferente e Primeira. Oitavos de final

*Lemos-Chantada: Diego Quiroga asinou un hat trick nun encontro máis igualado do que reflicte o marcador final. Gran espectáculo para o espectador. Dous dos clásicos da provincia ofreceron un encontro plagado de ocasións e que se decidiu na diferenza de efectividade nas áreas. Por certo, Diego Arias xa está en plena recuperación logo de ser […]

Historia viva en multimedia: Rácing Villalbés-Atlético Levante (1-1)

Din que o párroco de Vilalba aínda está de morros. Que, por un domingo, os fieis estaban máis pendentes do verde da Magdalena que da súa homilía. Iso sí, na porta do campo, fixéronlle un guiño nada máis entrar. Unhas octavillas, flyers para os modernos, con cancións. Doutra relixión pero cun ritmo parecido. A relixión […]

Diario dun Mercado. Capítulo Piloto

Comezamos o noso relato cunha importante ración de banquiños. No capítulo de renovacións, José Durán asumirá o reto do Polvorín na Terceira División logo de conquerir o ascenso. Outro que segue tras ascender é Jesús Gayol, á fronte do Foz. Baixando unha categoría, na Primeira, son moitos os que continúan. Edu buscará o ascenso no […]

Destacados Copa Preferente e Primeira. Rolda inicial

*Riotorto-Xermade: O sábado chegou a primeira sorpresa desta Copa. Esteban adiantaba ao Xermade cun golazo xusto antes do descanso. Rubén Pena aumentaba as diferenzas ao volver de vestiarios. Parecía todo de cara para os visitantes, ata que viron com Pedro Díaz metía ao Riotorto de novo no encontro. Os locais aínda confiaron máis na remontada […]

Trío de Ases Preferente (Xornada 38) e Play off ascenso a Segunda B (Volta 1º rolda)

O soño do Rácing Villalbés continúa. Esta tarde coñecerá a súa sorte despois de superar ao Atlético Pulpileño nos penaltis. Unha tanda na que Javi Pita detivo un penalti e Villares mostrou a súa xerarquía marcando o decisivo. O encontro foi moi parecido ao de ida, moi nivelado, con dous equipos serios e pendentes de […]

Destacados Primeira. Xornada 34

*Pastoricense-Taboada: O conxunto do Acebreiro logrou o punto que precisaba para pechar a salvación. O Pastoricense marrou un penalti antes de que o Taboada se adiantase. Kanuto fixo que o desgusto durase pouco ao marcar antes do descanso. Na reanudación, o cadro local aguantou as boas acometidas dos branquiazuis. Anunciamos en primicia que Martín Murado […]

O mérito detrás das expectativas cumplidas

Todas as quinielas os sinalaban coma os grandes favoritos da Preferente. Coma o equipo a batir. Por presuposto, xogadores e pola súa condición de filial do Clube Deportivo Lugo. Non se equivocaban. As ‘perlitas’ xa están no lugar agardado. E prácticamente esixido: a Terceira División. Non foi un camiño de rosas o do Polvorín. Nin […]

Trío de Ases Preferente (Xornada 37) e Play off de ascenso a Segunda B (Ida 1º rolda)

A representación lucense na Terceira División está garantida a próxima campaña. O Polvorín é novo equipo de categoría nacional despois de superar ao Outeiro de Rei ao límite. Un golazo de Jhon Cuadretti ao límite deulle aos capitalinos a victoria que precisaban para ascender. Os de José Durán adiantáronse moi pronto, por medio de Javi […]

Destacados Primeira. Xornada 33

*Ferreira-Chantada: Bo comezo dos de Juan, que se adiantaron no marcador. O Ferreira empatou e igualouse o choque ata o descanso. Na última media hora, o Chantada foi a polo partido e os locais quedaron cun home menos por unha lesión. No minuto 90, unha falta levou os tres puntos para o Sangoñedo. Aínda tiveron […]

Trío de Ases Terceira (Xornada 38) e Preferente (Xornada 36)

Unha gran noticia dentro dunha fin de semana mala. O Racing Villalbés finalizou terceiro despois de gañar ao Laracha por 4-2. Non só levou os tres puntos, senon tamén a mellor puntuación e clasificación histórica do clube. O rival contou cun paisano no lateral dereito, o vilalbés Víctor Eimil. Agora xa toca pensar no que […]

Sarriana-Julio Corral: binomio de éxito

Na Ribela tíñano claro este verán. A aposta era Julio Corral, un auténtico especialista en ascensos. O preparador soberino colecciona diversos éxitos pola zona sur da provincia, onde logrou subir de categoría ao Lemos, Calasancio, Ferreira… E tamén á propia Sarriana con anterioridade. Na vila eran conscientes de que igual non ían ver cada domingo […]

Destacados Primeira. Xornada 32

*Xermade-Taboada: Un dos encontros máis épicos da tempada. O Taboada adiantouse nada máis comezar. Roi fixo un penalti e deixou aos da Medela sen porteiro preto do cuarto de hora. Noé, dianteiro, púxose as luvas e detivo a pena máxima. A pesares das baixas e a inferioridade numérica, os de Martín Murado puxéronse 0-3. No […]