Fran Vázquez

Un dos nosos mellores centrais non seguirá no seu equipo. A aventura de Roberto Prieto no Bergantiños chega ao seu fin e o cadro de Carballo terá que buscar novo defensa para a próxima campaña. Baixamos dúas categorías para falar da Primeira Galicia. Categoría onde xa temos dúas novas relevantes. Chile deixa o Valadouro para mudarse ao veciño Xove. Alí o extremo compaxinará a súa presenza no primeiro equipo cun posto no staff técnico da base. Ademais, temos un técnico debutante. O prometedor Simón Lamas farase cargo do Santaballés. Máis que posiblemente estará acompañado polo seu amigo Roberto Freire. Primeira experiencia sénior para o xoven vilalbés, que raiou a un nivel espectacular no Racing Villalbés xuvenil. De tódolos xeitos, Simón continuará na estructura do Racing.

Brais López

Por último, un par de apuntes da Terceira Galicia. O Celta Barreiros presentou hoxe ao seu novo técnico: Fran Vázquez. O preparador conta con notable experiencia no fútbol e fútbol sala de base. De feito esta tempada foi o responsable das escolas deportivas do Santiago de Foz. Sen movernos de categoría, o Lemos B non para. Firmou dous novos xogadores: Brais López e Iván López.

Imagen por defecto
Diego Díaz Martínez
Polivalente hiperactivo. Enfermo do "balompié". Só estás a un mal día de ser coma min.
Artículos: 753

Deja un comentario