Trío de Ases Terceira (Xornada 38) e Preferente (Xornada 36)

Unha gran noticia dentro dunha fin de semana mala. O Racing Villalbés finalizou terceiro despois de gañar ao Laracha por 4-2. Non só levou os tres puntos, senon tamén a mellor puntuación e clasificación histórica do clube. O rival contou cun paisano no lateral dereito, o vilalbés Víctor Eimil. Agora xa toca pensar no que […]

Sarriana-Julio Corral: binomio de éxito

Na Ribela tíñano claro este verán. A aposta era Julio Corral, un auténtico especialista en ascensos. O preparador soberino colecciona diversos éxitos pola zona sur da provincia, onde logrou subir de categoría ao Lemos, Calasancio, Ferreira… E tamén á propia Sarriana con anterioridade. Na vila eran conscientes de que igual non ían ver cada domingo […]

Destacados Primeira. Xornada 32

*Xermade-Taboada: Un dos encontros máis épicos da tempada. O Taboada adiantouse nada máis comezar. Roi fixo un penalti e deixou aos da Medela sen porteiro preto do cuarto de hora. Noé, dianteiro, púxose as luvas e detivo a pena máxima. A pesares das baixas e a inferioridade numérica, os de Martín Murado puxéronse 0-3. No […]

A nosa base xa ten rivais polo ascenso

Esta tarde celebrouse en Santiago o sorteo das fases de ascenso ás Ligas Galegas infantil, cadete e xuvenil. Os nosos comezarán a súa andadura nas mesmas este mesmo SÁBADO 12 DE MAIO. Iso sí, cun formato novo e atractivo. Os conxuntos que remataron en primeiro lugar na competición provincial xogaranse o ascenso a un só […]

Trío de Ases Terceira (Xornada 37) e Preferente (Xornada 35)

Histórica xornada para o fútbol lucense. O Rácing Villalbés disputará a súa segunda fase de ascenso a Segunda División B. A falla dunha xornada para o remate da competición ligueira, os de Óscar Gilsanz certificaron o seu billete. Cun rendemento por enriba do esperado, os chairegos pelexarán por entrar na División de bronce do fútbol […]

A pequena gran familia volve ao seu hábitat natural

Viaxamos cinco anos atrás. O CD Foz tocaba fondo. Descendía á Segunda Galicia, baixando así de categoría por segunda tempada consecutiva. Era o fin dun ciclo. Lonxe quedaba a Preferente, territorio habitual do conxunto do Martínez Otero. Agora, un lustro despois, o clásico branquivermello mariñán está de volta. Un regreso tan rápido como sólido. Cumplindo […]

Destacados Primeira. Xornada 31

*Riotorto-Bóveda: Encontro moi abero entre dous equipos que só se xogaban os tres puntos. O Riotorto adiantouse na primeira metade, na que tamén viu como lle anulaban un gol. Os de Cabanelas reaccionaron na segunda metade e mesmo estamparon un balón no longueiro en tempo de desconto. *Ferreira-Pontenova: Igualdade no Baliño. O Ferreira non lle […]

Trío de Ases Terceira (Xornada 35) e Preferente (Xornada 34)

Dous equipos lucenses descenderán como mínimo á Primeira Galicia. Son os casos do Outeiro de Rei e o Atlético Escairón. Iso sí, as súas dinámicas son ben distintas. Os de Juan Peón sumaron a súa terceira victoria consecutiva ante o Boimorto. Fixeron un encontro moi serio e aproveitaron a inferioridade numérica do rival para dar […]

Destacados Primeira. Xornada 30

*Bóveda-Lemos: Grandísima entrada no Hermanos Somoza. O cadro de Cabanelas, intenso, perdonou nunha primeira metade igualada. Brais adiantou aos de Edu antes do descanso. Na reanudación, un Lemos superior sentenciou. Agora, xógase as súas opcións de ascenso a unha soa carta ante o Foz. *Taboada-Páramo: O conxunto de Fontal mereceu máis nun primeiro tempo de poder […]

Trío de Ases Terceira (Xornada 34) e Preferente (Xornada 33)

Mala tarde pola nosa zona baixa. O Atlético Escairón ten pe e medio na Primeira Galicia despois de caer na casa ante o Boimorto. Só viu porta Quiroguita no tempo de desconto. O Viveiro non puido aproveitar o seu gran inicio e regresou de baleiro de Dumbría. Gañaba por 0-2 antes dos dez minutos de […]