Dani Renda: «Foi o broche de ouro, non contabamos cunha campaña tan redonda»

O único sobrevivente. Dani Renda é o único xogador que se mantén do antigo Polvorín. Hai escasas horas que vén de gañar o doblete co filial do Clube Deportivo Lugo. Porén, o xoven mediapunta viviu de amarelo as dúas caras da moeda. Tanto os éxitos recentes coma o sufrimento semanal de loitar por unha permanencia.

FUTBOLINLUGO: Antes de nada, noraboa! Imaxino que non será doado asinar dous títulos nunha campaña…

DANI RENDA: Moitas grazas. A verdade é que non contabamos con que a tempada fose tan redonda. Sí que nos marcaramos o obxectivo de ascender sí ou sí.  Logo sabíamos que podiamos ser campións. E lóxicamente queriamos gañar. Foi o broche de ouro. Demostrar que eramos o mellor equipo dos dous grupos: norte e sur.

FIL: Como se leva dentro dun vestiario convivir coa etiqueta de ser o rival a superar, de estar obrigados a ascender?

D.R: Levámolo ben. O ano pasado o noso obxectivo non era ascender pero ías por Galicia adiante sendo o filial do Lugo. Eso sempre lle da un plus ao rival. Queren gañarte. Esa experiencia do ano pasado serviunos para determinados encontros esta tempada.

FIL: Tanto cambiou o Polvorín dende que chegaches? Collíchelo sufrindo en Primeira Galicia e agora, en Terceira División…

D.R: Sí, cando eu cheguei ao Polvorín non era filial do Lugo. Cheguei sendo últimos na Primeira. Conseguimos salvar a categoría. Despois xa fomos filial. Recuperouse a xente que xogara no Lugo anteriormente. Decidiron seguir apostando por min e ser unha peza importante de ese proxecto. Quero agradecer á xente que pensou en min e apostou por min. E tamén dicir que un filial dun clube profesional non podía estar en Primeira, senón como mínimo en Terceira División. E agora xa estamos aí.

FIL: Cal é a principal diferencia entre o Lugo B e o resto de clubes da categoría? 

D.R: Todos os métodos de traballo e adestramentos. Adestramos cinco veces a semana. Creo que naide, salvo nós, o fai os sábados á mañá. Iso marcou a diferencia, ese nivel na preparación. Esa profesionalidade, aínda que a categoría non sexa profesional.

FIL: Dende fóra apreciamos unha aposta moi forte pola base. Por querer levar a xogadores de Lugo á elite. De portas para adentro, sentídelo tamén así?

D.R: Non é de cara á galería. Estase vendo. O primeiro ano de ser filial xa se apostou por xente para ir adestrar. Aí o salto era moi difícil dalo. Queriamos facer o salto máis curto e estar máis preto de estar no primeiro equipo. Agora, vai moita xente adestrar. Luis Díaz debutou, Manu foi adestrar moitísimo e foi convocado. Pedro e Escriche foron un mais cando xogaron. E iso non é nada fácil. A xente tense que dar conta que hai xente moi valiosa no filial. Hai que apostar por ela!

FIL: Veremos a Dani Renda no Polvorín de Terceira División?

D.R: Ogallá. Sería un orgullo seguir vestindo esta camiseta e defender este escudo en Terceira División. Rematamos a tempada onte e aínda é moi pronto. Necesitamos desconectar un pouco.

Luca´s Grill
Moreno´s Pizza
Imagen por defecto
Diego Díaz Martínez

Un enfermo do fútbol lucense. Adestrador Nivel-3 UEFA PRO

Artículos: 858

Deja un comentario

Los datos que proporciones mediante este formulario serán tratados por Futbolinlugo como responsable de esta web. La finalidad de la recogida de estos datos se realiza solamente para responder y moderar los comentarios. Estos datos estarán almacenados en los servidores de PROFESIONAL HOSTING, situados en la Unión Europea (política de privacidad de Profesional Hosting). Puedes ejercer tus derechos de acceso, rectificación, limitación y supresión enviando un correo electrónico a diegopolc8@gmail.com.