Palabra de… Samuel Pernas: «Breve resumo antes de que isto remate»

Chámome Samuel Pernas Álvarez, tamén coñecido como ‘Chumi’. Comecei adestrando categorías inferiores do San Ciprian (alevín, infantil e cadete) e este ano pasei adestrar ao primeiro equipo. Teño que recoñecer que estou moi orgulloso dos meus xogadores. Aínda que temos estudantes fóra, somos sempre 15, 16 ou 17 para adestrar. Incluso os que estan fóra […]

Futbolinlugo prepara un macroevento para os destacados do ano

Estade moi atentos á nosa web cada semana! Porque facer un gran partido cada xornada pode ter un suculento premio. Os xogadores e nomes que máis veces saian durante a temporada, tanto nos Sobranceiros, Onces, Trío de Ases ou Destacados; optarán a estar nun macroevento, totalmente novidoso en Galicia, que recoñecerá o seu gran facer […]

Destacados Primeira. Xornada 5

*Pol-Pastoricense: Cuarta victoria consecutiva para o Pol. O cadro de Abad encarrilou o encontro na primeira metade e fixo o 3-0 ao comezo da reanudación. Ese tanto espoleou aos de Fran Veiga, que conseguiron recurtar as diferenzas a un só gol. Nos últimos minutos, o Pastoricense dispuxo de dúas ocasións a balón parado para poder […]

Palabra de… Richard Huerta: «Vinte e dous anos de fútbol, vinte e dous de Castroverde»

Dicía Carlos Gardel nunha canción que vinte anos non son nada, pero cando pasan correndo detrás dun balón pola Veiga do Olmo a cousa cambia. A miña incorporación o mundo do fútbol foi tardía. Comecei a xogar aos dezaseis anos e de casualidade (cousa de miña nai). Iso si, vintedous anos despois ainda sigo gastando botas polos […]

Destacados Primeira. Xornada 4

*Pastoricense-Atlético Escairón: Empate sen goles nun encontro nivelado. O Atlético Escairón tivo dúas claras na primeira metade e o choque abriuse tralo descanso. Oportunidades para ambos equipos porén a pólvora mollada. O Pastoricense creou perigo a balón parado. *Friol-Residencia: Kevin aproveitou un desaxuste defensivo para marcar ao pouco do comezo. O choque colleu claro calor branquiazul […]

Palabra de… Víctor López ‘Vittin’: «Do banquiño…á grada»

Esa foi a miña decisión. “Afastarme” por un tempo dos banquiños. A motivación de dita decisión, ou mellor expresado, a razón á que lle botei a culpa para deixar de adestrar temporalmente foi por seguir a miña formación (cursar o nivel de adestrador nacional Uefa Pro). E digo botarlle a culpa posto que sendo o […]

Destacados Primeira. Xornada 3

*Burela-Lemos: O cadro de Edu xa é líder en solitario. Gañou nun feudo moi difícil coma A Marosa a un Burela que vendeu moi cara a derrota. O encontro resultou nivelado en todo momento, con ambos equipos buscando as súas opcións dende a posesión da pelota. A calidade do Lemos na definición foi o factor […]

Trío de Ases Terceira e Preferente (Xornada 4)

Mala xornada para os nosos representantes na Terceira División. O Racing Villalbés encaixou unha dura goleada no feudo do Choco. Todo elo a pesares do doblete de Santi Taboada. Edrosa, que firmou unha boa actuación, debutou coma titular nos chairegos. No entanto, o Polvorín caeu pola mínima no emblemático Couto. Os de José Durán evidenciaron […]

Palabra de… Rive, Cristian e Brais: «A sorte de compartir»

E tocounos… Que lle vamos facer? Pois contar a nosa experiencia a todos os seguidores deste gran medio que aporta voz ás nosas humildes ligas. Botando un ollo atrás parámonos a pensar en como chegamos a ser amigos tendo tan poucas cousas en común, pero unha delas moi importante. O tempo pasa moi rápido, tanto […]

Destacados Primeira. Xornada 2

*Sporting Pontenova-Pol: O cadro de Abad aproveitouse da mala versión mostrada pola Pontenova. Especialmente, Iván González. O veterano punta está de volta. Recital de fintas, regates e asistencias culminado cun auténtico golazo. Unha volea dende tres cuartos de campo por toda a escadra. *Taboada-Residencia: Logo dun inicio frenético, o centrocampismo mandou na primeira metade. Os goles […]

Destacados Primeira. Xornada 1

*Monterroso-Outeiro de Rei: O Anexo de Cerdeiriños abriu o telón da Primeira 18-19. O Outeiro comezou forte pero Pallares e un golazo de Dabouza déronlle vantaxe aos de Rielo ao descanso. Os de Cholas non se renderon e apretaron moito nos últimos vinte minutos. O Monterroso perdonou a sentencia á contra e Seijas empatou no […]

Palabra de… Tejeda: Na busca de novos ídolos

Bueno, bueno… liáronme de novo (cousa difícil, a verdade) e, despois dun tempo prudencial para xenerar hype como Os Incribles II, aquí estamos para facer o de sempre: dar a turra pero, neste caso, por escrito (aínda que o medio oral está a anos luz, aquí non se pode xesticular). Alá foi o verán, xusto […]

Previa: Unha Primeira por todo o alto

A Primeira Galicia, versión lucense, comezou o xoves coa disputa do Monterroso-Outeiro de Rei. Un aperitivo do que nos agarda esta fin de semana. O da primeira xornada dunha das competicións máis igualadas e imprevisibles da última década. Dende Futbolinlugo, queremos facer unha breve previa na que trataremos de explicar como chegan os diversos equipos […]

Palabra de… Diego Díaz: «Que comece o baile»

As vacacións van chegando á súa fin. É época de cambios e depresións. De ocupar de novo a cadeira baleira no traballo. De atarcederes temperáns. Tranquilos, non todo é malo. O mellor do regreso á rutina é que regresa ligada a unha pelotiña. Esta tarde bota a andar unha nova tempada para os nosos. Señoras […]