Destacados Primeira. Xornada 25

*Ferreira-Taboada: Un doblete de Guerreiro deulle a victoria pola mínima ao Taboada. Os de Murado leváronse o triunfo no minuto 85 nun terreo de xogo moi pesado, que obligou a ambos conxuntos a baleirarse por completo. David Salgueiro debutou e coma titular na portería do Ferreira. *Riotorto-San Ciprián: O Riotorto levouse o encontro no último […]

Trío de Ases Terceira (Xornada 29) e Preferente (Xornada 28)

Novo temporal que se ceba co noso fútbol. Félix deixounos sen dous dos partidos da xornada. Os de dous aspirantes. O Castro quedou sen xogar o seu encontro en Ordes. Ao Ribadeo pasoulle o mesmo e non rendiu visita ao Dubra. Por sorte, o resto dos representantes lucenses sí xogaron os seus encontros. O Polvorín […]

Palabra de… Diego Díaz: «Promesas que non valen nada»

Véxome na obriga de escribir unhas liñas. Agardo que ninguén se sinta ofendido. Porén sí molesto. E se o consigo e porque isto vai proer (‘escocer’). Xa se sabe que moitas veces as verdades fan más dano que as mentiras… Hoxe o nome da sección vaime ao pouco pelo que teño. Esta reflexión vai de […]

Destacados Primeira. Xornada 24

*Xermade-Monterroso: O Monterroso xa vencía por 0-4 no minuto 24. Frebas sorprendeu na portería ulloana e o meta Roi saiu nos últimos minutos para marcar o derradeiro gol. Martín Blanco fixo un doblete e Pedro Coria o tanto da honra para o Xermade. Os de Cerdeiriños estrearon a chamativa equipación amarela. *Pastoricense-Xove Lago: O Pastoricense […]

Trío de Ases Terceira (Xornada 28) e Preferente (Xornada 27)

O Polvorín deu un pasiño máis cara o ascenso a Terceira División. Solventou a complicada saída a Arzúa cun doblete de Facu, que á postre lle deu o liderado. Os dous tantos chegaron a balón parado, un en cada tempo. O primeiro nun córner e o último, nun lanzamento de falta. Victoria de mérito nun […]

Destacados Primeira. Xornada 23

*Ferreira-San Ciprián: Duelo de alternativas no Baliño, que rematou en táboas. O Ferreira marcou os tres primeiros goles do encontro. O primeiro deles, de Rubén Cidre en propia porta. *Sporting Pontenova-Pastoricense: Victoria fundamental para a Pontenova na loita por evitar o descenso. Farra marcou para o Pastoricense no ecuador da segunda metade e deixou o […]

Trío de Ases Terceira (Xornada 27) e Preferente (Xornada 26)

O gran derbi polo ascenso tivo un claro dominador: o Polvorín. O cadro de José Durán deu un paso de xigante na procura do seu obxectivo tras superar con claridade ao Ribadeo no Ángel Carro. Jhon Cuadretti abriu a lata nada máis comezar cun gol de auténtico crack. Escriche e Javi Rey sentenciaron na última […]

Batalla a guantazos na Magdalena

Os gardamallas están de noraboa. O próximo venres 30 de marzo é o seu día. Chegan a Vilalba as tradicionais batallas de porteiros. Unha das competicións máis atractivas e vistosas para este gremio cheo de sufridores. Gran parte de culpa de que isto suceda tena o Rácing Villalbés. E, en especial, dous homes. O gardián do […]

Destacados Primeira. Xornada 22

*Páramo-Monterroso: Unha parte para cada equipo. Corbelle, con xogadón incluido que terminou no pau, liderou o ataque do Páramo. Na reanudación, mellorou o Monterroso e case empata na última xogada O balón rematou na madeira. Adrián Vázquez presentou moitas novidades, especialmente en defensa. Cansi deu o susto cun mal golpe no xeollo. Por sorte, quedou […]

Novos calendarios de Fútbol-8

A Real Federación Galega de Fútbol vén de publicar os novos calendarios de Fútbol-8. E Futbolinlugo é o primeiro en traérvolos. As categorías alevín, benxamín e prebenxamín teñen así as xornadas completamente asignadas para o segundo tramo competitivo da tempada. Deixámosvos os calendarios debaixo destas liñas! Fotografías: SD BECERREÁ CALENDARIOS F-8 (2ª Fase)

Trío de Ases Terceira (Xornada 26) e Preferente (Xornada 25)

  Candidatos a todo. O Polvorín e o Ribadeo volveron demostrar unha semana máis as súas candidaturas ao ascenso. O cadro de José Durán remontou o tanto inicial do seu exxogador Julio Camba para seguir a un punto do líder. Morais e Coqui, cun doblete, levaron o triunfo para a capital. A pesares das importantes […]

O gran partido de Anxo

  Día de derbi na Medela. E non un calquera. Taboada e Chantada vólvense ver as caras en competición oficial. En xogo, os tres puntos e o posible ascenso dos da Vila do Asma. Tamén, a conversación de mañá nos bares destas dúas vilas. Pero… falta algo. Mellor dito, alguén. Onde está ese señor da […]