Destacados Primeira. Xornada 17

*Taboada-Burela: Encontro complicado, con máis ocasións que fútbol no Castro Seoane de Antas. Ambos equipos apostaron por estilos de xogo completamente diferentes aínda que a batalla quedou en táboas. Adiantouse rápido o cadro mariñán porén o Taboada remontou cun doblete de Gabriel. Xusto á volta do descanso, o Burela volveu marcar. Un gol coa mesma […]

Palabra de… Álex Vasco: «A Milagrosa: corazón branquivermello»

Antes de nada dar as grazas a todos os integrantes de FutbolinLugo polo enorme traballo que levades a cabo. Da gusto que a xente nova pelexe polo despegue do fútbol máis modesto na nosa provincia. Tedes o ceo gañado rapaces! Diego Díaz propúxome facer este artigo e non dubidei en falar do equipo do que […]

Destacados Primeira. Xornada 16

*Monterroso-Pol: Reinou o fútbol directo nun Cerdeiriños cheo de auga. Basi adiantou ao Monterroso pasados os vinte minutos de xogo. Melchor aumentou as diferenzas nesa mesma primeira metade. Foi nun lanzamento de falta directa. Na segunda parte apretou o Pol e tamén fixo o seu gol a balón parado. Obra de Yeray. A cousa quedou […]

Palabra de… Madariaga: «Amiga portería»

Cando os compañeiros de Futbolinlugo me propuxeron colaborar para escribir este pequeno artigo sobre o noso fútbol, dubidei sobre o tema que podería desenvolver. Xa que, a infinidade de detalles, historias e anécdotas que implican ser un xogador amateur durante todos estes anos son infinitas. Decidín pois, deixarme levar pola lóxica e comezar polo principio. […]

Destacados Primeira. Xornada 15

*Pastoricense-Burela: Encontro para o espectador, no que o Burela deixou escapar a victoria. Os mariñáns adiantáronse nunha primeira metade con múltiples ocasións para ambos equipos. Os de Jaime Méndez fixeron o segundo ao comezo da reanudación e o Pastoricense reaccionou. Os de Fran Veiga recurtaron diferenzas nun saque de esquina e empataron no desconto, en […]

Palabra de… Mincha: «O fútbol, unha gran familia»

Cando Futbolinlugo contactou comigo para este artigo, a verdade non sabía que escribir nin por onde empezar. Pero pensei: «E… de que vou falar se non? De fútbol, fútbol e fútbol. É o que levo facendo dende hai 30 anos«. Grazas a este deporte marabilloso a verdade é que podo falar de moitas cousas. Pero […]

Destacados Primeira. Xornada 14

*Santaballés-San Ciprián: Novo triunfo dun serio Santaballés que segue en zona de ascenso. O cadro de Dani Moirón adiantouse nunha das escasas ocasións que se rexistraron no primeiro acto. Despois do descanso, os chairegos aproveitaron un erro defensivo dos mariñáns e fixeron o segundo da tarde. A falla dun cuarto de hora para o remate, […]

Palabra de… Chiqui: «A importancia do vestiario»

Como todos sabemos existen moitas diferenzas entre o ‘noso’ fútbol e o mundo do fútbol profesional. Nos tempos que corren cada vez son máis evidentes e acrecentadas debido a gran profesionalización do fútbol e do deporte en xeral. Onde desde moi cativo, adéstrante para mellorar e conseguir chegar a cumprir ese soño casi inalcanzable  de […]

Destacados Primeira. Xornada 13

*Pastoricense-Lemos: O líder atopou un gran rival no Acebreiro. O Lemos dominou a posesión aínda que xerou moi pouco perigo na primeira metade. Adiantouse ao inicio da reanudación ante un Pastoricense que tivo unha boa ocasión para igualar de novo. No entanto, foron os monfortinos os que aumentaron as diferenzas na seguinte xogada. A falla […]

Palabra de… Suso Tallón: «A esencia do fútbol afeccionado»

 Sábado e domingo , semana tras semana, a esencia do noso fútbol vívese ao longo e ancho da nosa provincia. Onde a ilusión de moitos xogadores e pobos conflúe nunha mesma ilusión, o amor e enfermidade polo fútbol. Dende xogadores que estudan fóra e veñen os venres para os seus pobos de orixe, a persoas […]

Destacados Primeira. Xornada 12

*Riotorto-Chantada Atlético: Goleada do Riotorto nun encontro moi aberto e plagado de ocasións. Pablo Ruiz, nun saque de esquina, foi o único que viu porta na primeira metade. Tralo descanso, os de Labrada intensificaron o seu dominio e o 2-0 chegou cun tiro cruzado de Felipe Varela. O gol relaxou aos mariñáns e sacou o […]

Palabra de… Paula Insua: «Unha familia loitadora, o mellor agasallo»

Hoxe é día de partido. Estes días sempre me levanto ca mesma sensación de sentimentos encontrados. Por unha parte con moitas ganas de poñer as botas, saír ao campo e dar o mellor de min. E por outro, eses nervios por non saber o que me vou atopar e se este xeonllo rebelde vai aguantar […]