Palabra de… Suso Tallón: “A esencia do fútbol afeccionado”

 Sábado e domingo , semana tras semana, a esencia do noso fútbol vívese ao longo e ancho da nosa provincia. Onde a ilusión de moitos xogadores e pobos conflúe nunha mesma ilusión, o amor e enfermidade polo fútbol.

Dende xogadores que estudan fóra e veñen os venres para os seus pobos de orixe, a persoas que traballan pola mañá e sen pasar pola casa, collen o seu coche para xogar cos seus amigos. Tamén cómpre salientar, aqueles valentes que desenvolven traballos físicos, cambian os turnos e fan todo o posible para estar cos seus compañeiros. Por certo, falando de turnos, todo o meu apoio para todos os amigos de Alcoa na Mariña, os cales moitos deles xogan, adestran ou fan labores coma directivos ou nos equipos mariñáns, de Oriente a Occidente.
Pero para que os xogadores disputen os encontros, os sábados e os domingos, e sexan os protagonistas para os seus veciños… hai moito traballo, moita intrahistoria. Coma a consecución de axudas institucionais, neste caso gran laboura da Área de Deportes da Deputación e de moitos Concellos, como por exemplo Burela, Friol, Chantada ou Monforte, entre outros. Mentres que algúns deben dar un paso adiante. Á súa vez, os directivos que recollen dende os balóns, limpan as instalacións, atenden o bar, xestionan novos socios, venden rifas… E o máis importante, invirten horas e diñeiro das súas vidas, para que os seus equipos saian adiante. Neste capítulo, tamén hai nomes propios como o de José Antonio en Becerreá, o cal leva 22 anos coma Presidente. Todo un referente de como facer crecer a un clube, deportiva e socialmente. Ou Roxo, ao cargo de toda a base do fútbol de Viveiro.

Son tempos de cambio social, supoño que etapas. Pero agora desenvólvese máis o modelo do xogador, que xoga e non moito máis. Cando hai uns anos había esa involucración para sacar adiante un equipo. Dende para pintar os campos, ata para abrir as instalacións, limpalas, etc…

Outro actor moi importante son os árbitros, papel en ocasións complexo. Onde persoas que teñen tamén a súa vida persoal, sacrifican fin de semana si e outra tamén, para percorrer a provincia. A meirande parte con vocación e en ocasións, tendo que aturar situacións complexas. Vénseme á cabeza, moitos rapaces que comezaron no seu día, coas súas familias desprazándoos aos diferentes campos. E ás veces tendo que escoitar cousas desagradables.  A todo isto, o cambio na presencia territorial da Federación Galega de Fútbol e a súa operatividade, facilita e axuda ó crecemento progresivo dos clubes e evidentemente, por efecto arrastre da propia Federación.

Así mesmo, hoxe é o Día conta a Violencia de Xénero, unha lacra coa que todos temos que rematar. Pero todos e cada un dos días deben ser o día da muller, por e para lograrmos unha igualdade efectiva e real. O meu humilde recoñecemento para todas aquelas rapazas que xogan na nosa provincia e para aquelas árbitras, en ocasións con inicios complexos. Estou seguro que nesta nova xeración que está saíndo vanse consolidar varias delas. Directivas e colaboradoras dos clubes e, como non, para as súas familias que en ocasións tiveron que pasar por algunha situación complexa. Debemos ir todos da man para que o verdadeiro protagonista sexa o balón e as morea de ilusión que move o fútbol.

Para rematarmos este breve relato, os saltos cualitativos do fútbol provincial seguen a ter continuos avances coa presencia das redes sociais e con fenómenos. Que xa é a palabra correcta. Como Futbolinlugo, que promocionan e dan un coñecemento exhaustivo do fútbol provincial e de diferentes curiosidades que doutra forma non coñeceriamos. Noraboa e a seguir!
Jesús ‘Suso’ Vázquez Tallón. Seleccionador lucense dos combinados femininos sub12 e sub14.  Adestrador Nivel III.

Imagen por defecto
Diego Díaz Martínez
Polivalente hiperactivo. Enfermo do "balompié". Só estás a un mal día de ser coma min.
Artículos: 752

Deja un comentario