Palabra de… Chiqui: «A importancia do vestiario»

Como todos sabemos existen moitas diferenzas entre o ‘noso’ fútbol e o mundo do fútbol profesional. Nos tempos que corren cada vez son máis evidentes e acrecentadas debido a gran profesionalización do fútbol e do deporte en xeral. Onde desde moi cativo, adéstrante para mellorar e conseguir chegar a cumprir ese soño casi inalcanzable  de ‘vivir do fútbol’.

A pesar destas diferenzas, tamén hai algunha semellanza, que quizais poden pasar desapercibidas. Pero que á hora de conseguir os obxectivos de cada clube son fundamentais. É igual se o obxectivo é gañar títulos, conseguir un ascenso, evitar o descenso ou simplemente desfrutar practicando o deporte que máis che gusta en compaña dos teus amigos ou compañeiros. Esta semellanza chámase vestiario.

O vestiario é ese lugar onde a maioría de nós pasamos moito frío desde novembro ata abril ou maio. Con sorte tes catro duchas que botan auga quente, unha percha para deixar a roupa e un banco para cambiarte. Pero tamén é un lugar de aprendizaxe, onde convives con xente veterana que, ademais de corrixirte e facer que mellores, tamén che dan leccións de vida (que importantes son nos equipos!). É un lugar onde aprendes a facerte forte fronte ás ‘adversidades’. Un lugar de desconexión, un lugar para desfrutar. E, en definitiva, é o lugar onde coñeces a compañeiros incribles, xogadores que admiras, pero sobre todo persoas que, sen dúbida, son o maior trofeo que recibiremos cando decidamos deixalo. Persoas que podemos chamar amigos e que coñecemos grazas a ‘perder o tempo’ xogando ao fútbol. Bendita perda de tempo!

 

Martín Longarela ‘Chiqui’. Romántico do fútbol e xogador da Residencia

Luca´s Grill
Moreno´s Pizza
Imagen por defecto
Diego Díaz Martínez

Un enfermo do fútbol lucense. Adestrador Nivel-3 UEFA PRO

Artículos: 861

Deja un comentario

Los datos que proporciones mediante este formulario serán tratados por Futbolinlugo como responsable de esta web. La finalidad de la recogida de estos datos se realiza solamente para responder y moderar los comentarios. Estos datos estarán almacenados en los servidores de PROFESIONAL HOSTING, situados en la Unión Europea (política de privacidad de Profesional Hosting). Puedes ejercer tus derechos de acceso, rectificación, limitación y supresión enviando un correo electrónico a diegopolc8@gmail.com.