#Fútbol afeccionado #Terceira Futgal

Os sobranceiros da Terceira na décimo terceira xornada da 2ª fase

A penúltima xornada na Terceira Galicia deixou só a tres candidatos para dúas prazas de ascenso, logo de que o Catro Roldas e o Fonsagrada perderan as súas opcións. A emoción tamén está moi viva no grupo sur do Trofeo Delegación Lugo no que o Guntín mantén un punto de marxe sobre o Paradela de cara a última xornada.

Na fase polo ascenso, a Comercial foi o equipo máis beneficiado da xornada ao vencer pola mínima ao Incio. Nun gran encontro de Pacín, o cadro suma dous puntos máis ca o Cervo. Tamén foi unha boa xornada para o Sober, a pesar de igualar ante o Catro Roldas. Con este resultado o conxunto soberino mantén a súa posición de ascenso (un punto máis ca o Cervo) e eliminaron como rival aos de Román. Fóra deses postos atópase o Cervo despois de perder por 2-1 na súa visita á Fonsagrada. Os xogadores adestrados por Iván Pernas dependerán doutros resultados e do seu partido diante do Goiriz. O equipo adestrado por Cora colocouse na cabeza da categoría logo de derrotar ao Corgo. Diego Barro arranxou o seu erro no gol visitante con dúas boas paradas nos minutos finais, mentras que anteriormente Eladio marcou un dos goles da xornada cunha volea de 30 metros cando estaba pegado á banda. Ambos equipos son os únicos candidatos posibles para facerse co título de campión.

 



No Trofeo Delegación Lugo mantense a pelexa polo primeiro posto no grupo sur. Guntín e Paradela queren ser os rivais do Muimenta na final a dobre partido que dará acceso ao gañador á Segunda Galicia. O Guntín lidera o grupo cun punto de vantaxe sobre o Paradela despois de vencer con claridade ó Laxosa. Rodrigo abriu un marcador que pecharía Bronny cun gran gol. O Paradela tamén cumpriu na súa visita ao Relámpago cun gran encontro de Edrada que realizou tres pases de gol. No encontro sen nada en xogo, o Río Sil venceu ao FC Becerreá nun partido que deixou outra boa acción de Lobios nun dos goles. Nesta xornada descansou o Quiroga.

No grupo norte, o Muimenta segue vencendo para non perder a costume de cara a esa final. Derrotou con claridade ao Rioaveso. Tamén venceu con diferenza o Cazás ante o Celta Barreiros, en parte, grazas a entrada dos irmáns Rey Pena que revolucionaron o encontro. Bruno marcou o seu primeiro gol da temporada nun disparo que entrou pola escadra logo de esquivar a dous rivais. No conxunto da Mariña foi destituído o adestrador José Luis «Moñi». No outro partido do grupo, o Friol B venceu ao Celeiro nun encontro no que ambos clubes amosaron a súa solidariedade. O Rábade descansou a pasada fin de semana.



Dejar un comentario

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *