Fálase moito no fútbol sobre o número ideal que ten que ter un bo cadro de futbolistas. Algúns adestradores prefírenos máis longos para facerlle fronte a calquera imprevisto que se poida producir durante a temporada; en cambio, a outros gústanlles curtos para que todos estean máis implicados e no caso de facer falta botar man da canteira. Non obstante, o difícil é atopalo equilibrio cando nin tes cartos, nin tes canteira e o obxectivo é desfrutar do balompé. A chave de como facelo hai que preguntarlla ao Goiriz que, logo de dúas temporadas, volve á Segunda Galicia da man dun grupo de 21 futbolistas.

A falta de dúas xornadas para que remate a fase polo ascenso na Terceira, o equipo adestrado por José Manuel Rey Cora subiu de categoría ao vencer con claridade no derbi ante o Catro Roldas; uníndose así, ó Corgo e ó Incio que o conseguiran na xornada anterior. O equipo vilalbés accedera a esta fase despois de finalizar na segunda posición no grupo norte, só por detrás do Cervo. Dezaseis triunfos entre unha e outra fase, xunto con tres empates devolven ao equipo do Ventiño á Segunda Rexional.

“Foi unha temporada moi boa porque traballamos ben durante todo o ano. Temos un cadro de xogadores amplio donde todos participaron e o equipo foi regular ao longo da campaña”, destaca o adestrador Cora, un dos grandes culpables da boa marcha do club, do que tamén é presidente. Á hora de analizar as chaves do éxito, o míster teno claro aínda que soe a tópico: “A gran unión que teñen os futbolistas, hai moi bo ambiente e teñen unha gran amizade entre eles que vai máis aló do futbolístico e que trascende ao día a día. Tamén o traballo, os adestramentos de todas as semanas, competir en todos os partidos e a constancia; todos teñen un nivel parello”.

O Goiriz destacou tamén pola súa orixinal forma de presentalas convocatorias nas redes sociais

Aínda así, isto non é novidade no Goiriz que xa leva anos seguindo ó mesmo ritmo. O ano pasado quedaron eliminados da final polo ascenso co Matela, logo de descender no curso anterior. Ante a traxectoria e a labor de dirixir un equipo así, Cora apunta que “sempre é difícil. Síntome privilexiado por ter 20 xogaodores. Temos unha base de traballo de fai anos, aínda que cada ano veñan tres ou catro futbolistas novos. Cando ficho pregunto se son cumplidores en canto a adestramentos e persoas antes ca futbolistas; a raíz de aí, serás mellor ou peor, pero co balón sempre se saca algo positivo”.

 

Foi unha temporada con novidades no sistema de competición na Terceira, previo xogo de dúas fases para conseguir un obxectivo. O Goiriz tiña dúbidas ao principio pero Cora recoñece que “para nos estivo ben. Resultou atractivo ao non ser habitual enfrontarse aos equipos do grupo sur“. Ben é certo que a temporada aínda non está rematada e o Goiriz quere máis: “Podemos conseguir o primeiro posto, xa que esta semana enfrontámonos ao Corgo. E despois na Copa somos un equipo que nos últimos anos quedamos sempre eliminados na primeira ronda, asique intentaremos facer un bo papel porque tamén é a única forma de conseguir algo de diñeiro“.

 

Á par cos últimos obxectivos da temporada, preséntase a planificación da seguinte: “Intentar ter os mesmos xogadores e consolidarse na Segunda”, apunta Cora quen xa sabe que non poderá contar cun dos destacados deste ano. Mateo López non seguirá por motivos persoais (non estará xa para o final de curso) que o obrigan a marchar ao seu país de orixe, Colombia pero deixa unha fonda pegada no equipo vilalbés: “É unha baixa importante. A súa entrega foi moi positiva, integrouse moi ben e aportou todo o que puido. Cando estivo lesionado, viña adestrar igual. Intentamos que se sentira cómodo, ao igual ca Lucho o rapaz que veu de Venezuela. Mateo despediuse entre bágoas“.

Mateo López Agudelo: “Un equipo de Tercera Regional marcó parte de mi vida y mi corazón”

Esta temporada do ascenso no Goiriz tamén será recordada por ser internacional no vestiario. No medio dun cadro de futbolistas da zona formaron tamén parte Lucho de Venezuela e Mateo de Colombia. Os dous adaptáronse moi ben ao bo ambiente que impera no Ventiño, pero as circunstancias da vida fan que Mateo teña que abandonar xa ao seu equipo. Xa dende Colombia falamos co xogador que se despediu a semana pasada co ascenso e pechando cun gol o resutado que devolve ao Goiriz á Segunda Rexional.

FUTBOLINLUGO: Como valoras a túa experiencia no Goiriz?

MATEO: La experiencia en Goiriz fue excelente. Una de las mejores en mi vida. No hace falta que sea un equipo de Primera División, un equipo de Tercera Regional marcó parte mi vida y mi corazón. Me llevo de Goiriz una familia, más que un equipo futbolístico. Un grupo de hermanos, de amigos y de buena gente que quizás es lo que le falta a muchos equipos. Es un club humilde, dónde no importa el dinero sino el amor y el sentimiento por el fútbol.

FIL: Foi a túa segunda experiencia nun equipo vilalbés, pero a primeira como sénior…

MATEO: Cuándo vine visitar a mi padre hace tres años probé en la cantera del Racing Vilalbés, pero me lesioné. El año pasado tuve una segunda oportunidad y estuve allí la temporada en la queascendimos. Fue un placer haber estado en los dos equipos.

FIL: Como se produciu a túa fichaxe polo Goiriz ao inicio de curso?

M: Estaba haciendo la pretemporada con el Santaballés pero por circunstancias del destino no me pude quedar allí y Josiño me comentó la opción de goiriz. Mira como es el destino, hablé con Cora y me dijo que fuera a entrenar. Se me abrieron las puertas para poder compartir y conocer a buena gente.

FIL: Cal é o mellor recordo que levas desta etapa?

M: El ascenso. Desde el día que llegué le dije a Cora que quería ascender con este equipo. Poque me encanta luchar y hacer cosas de corazón.

FIL: Algo que se logrou no teu último partido e con gol incluído…

M: Fue una buena despedida y que quede en la historia del Goiriz que un colombiano estvo allí y a cada uno de ellos dejé y aporté un poco de mi vida.

FIL: Sabes algo de como será o teu futuro no mundo do fútbol?

M: Aún no lo sé, tuve pocas oportunidades en el fútbol, aunque es algo que amo, diriía que de lo más bonito de mi vida. Tengo claro que no todo es dinero, es aprecio y amor; instinto que ha perdido el fútbol. Lo importante es jugar para mejorar y dejar una buena huella.

Comparte

Sobre o autor Ver todos os posts

Iván Calaza

Iván Calaza

Criado no paraíso da Terra Chá. Fútbol, entre outras moitas cousas. Hai unha vida máis barata, pero iso non é vida nin é nada.

Deixa un Comentario

O teu Email non se publicará. Cubre os campos requeridos*