#Fútbol afeccionado #All Star Futbolinlugo #Feminino #Preferente Futgal #Primeira Futgal #Segunda Futgal #Social #Terceira Futgal

Escolle aos adestradores para o VI All Star Futbolinlugo Pastoriza 2026

O campo do Acebreiro será o epicentro do fútbol lucense o próximo sábado 27 de xuño. Alí celebraremos o VI All Star, organizado por Futbolinlugo en colaboración co concello de Pastoriza, a Xunta de Galicia e a Deputación de Lugo.

Fito (Lemos) e Manu (Chantada) no IV All Star de Guntín

Como xa é habitual, a festa de fin de tempada do balompé provincial contará con sorpresas e novidades. Porén non imos tocar prato algún dun menú principal xa consolidado e de sobra coñecido por todos.

A xornada contará cos tradicionais partidos masculino e feminino así como diversos concursos. Abriremos a tarde ás 16.30 horas co enfrontamento feminino entre Lugo Norte e Lugo Sur. Acto seguido, ás 18.30 horas terán lugar os concursos (abriremos inscricións a todo o público e participantes nas vindeiras semanas). Por último, ás 19.45 horas, veremos quen se erixe como gañador do partido masculino entre os combinados de Preferente-Terceira Galicia e o de Primeira-Segunda Galicia.

Entre medias, haberá espazo para as nosas xa tradicionais e emotivas homenaxes, sorteos, sorpresas e degustación de produtos. Nesta edición contaremos, por exemplo, coa ‘food truck’ de Galicia Sabe amar. Na cal poderedes saborear varios dos pratos que caracterizan á nosa terra!

As seleccións dos distintos combinados faranse a partir das aparicións nas distintas seccións semanais que Futbolinlugo elabora en todas as categorías do fútbol afeccionado. A organización elixirá, como acostuma, a varios adestradores de renome para comandar as diferentes seleccións. No entanto, como en derradeiras edicións, deixamos unha gran marxe da elección aos nosos fieis seguidores. Eles terán o poder de decidir outros catro técnicos de entre os que previamente seleccionamos pola súa destacada tempada no noso fútbol. Tedes xa aberta aquí a votación ata o próximo mércores 20 de maio.

O Acebreiro será a sexta casa do All Star

O campo de herba natural do Acebreiro recollerá a testemuña da Cheda, localización onde se celebrou o curso anterior a gran festa do fútbol lucense. Dende o comezo, o All Star naceu coa idea de moverse cada ano por un campo da provincia.

Nuria Louzao (presidenta e xogadora do Antas), de Lugo Sur, atendendo á Radio Galega no V All Star de Lugo

Primeiramente foi na Marosa de Burela, un dos campos situados máis ao norte. Cando a pandemia o permitiu, baixamos ao sur dos nosos marcos para festexar todos xuntos en Carballedo. Un curso despois voltamos petar na porta da Mariña dentro dun enclave histórico de moita relevancia, como é o caso do Viñas da Veiga de Mondoñedo.

Nas dúas últimas edicións apostamos por territorios máis céntricos como foron Guntín e Lugo. Agora é o turno dun campo emblemático, ben situado e con numerosos pobos e vilas clásicas do noso fútbol a menos de media hora de distancia. Co cal agardamos unha boa presenza de seguidores nas bancadas.

Damos as grazas ao Concello de Pastoriza polas facilidades mostradas. En especial, ao tenente-alcalde Marcos García Lombardero, pola máis que notable axuda prestada para ter a posibilidade de organizar este evento. Nestas semanas seguiremos traballando da man para ofrecervos a mellor festa posible. Vémonos no Acebreiro!

Escolle aos adestradores para o VI All Star Futbolinlugo Pastoriza 2026

Racing Vilalbés e CD Lugo B, derbi

Escolle aos adestradores para o VI All Star Futbolinlugo Pastoriza 2026

Alberto López: «Os xogadores loitaron como se

Dejar un comentario

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *