Os onces da 7ª xornada na Segunda

O San Ciprián mantense no máis alto da zona norte da Segunda Rexional. Ademais queda como único equipo invicto do grupo. O Cabreiros entra por primeira vez na tempada en postos de ascenso directo. No grupo sur, mantense a igualdade na cabeza entre o Páramo, o Ferreira e o San Lázaro. Os cinco primeiros clasificados […]

Os onces da 6ª xornada na Segunda

Ningún dos primeiros clasificados na Segunda Rexional gañou, pero o San Ciprián e o Páramo mantéñense na cabeza. No sur, os dous primeiros clasificados empataron entre si. A vitoria do San Lázaro deixa a tres equipos igualados no máis alto da táboa clasificatoria. No grupo norte, o Sanci mantense na cabeza. Non obstante non pasou […]

Os onces da 5ª xornada na Segunda

Primeiras cinco xornadas na Segunda Rexional. O San Ciprián non solta o liderado no norte. Alí o Celta Barreiros continúa sen perder. Mentres o Mondoñedo, o Iberia e o Abadín aínda non puideron festexar unha vitoria. No sur, dos tres líderes da semana pasada pasamos a dous. O Páramo e o Ferreira marcan o ritmo. […]

Os onces da 4ª xornada na Segunda

Acabáronse os plenos de vitorias na Segunda Rexional lucense. Ningún dos equipos puido chegar a gañar os encontros destas catro primeiras xornadas. Non obstante, o punto conseguido válelle ao San Ciprián para manterse líder en solitario no norte. No sur hai troco na cabeza. Por diferenza de goles o primeiro clasificado agora é o Páramo. […]

Os onces da 3ª xornada na Segunda

A terceira xornada deixa ao San Ciprián e ao Portomarín como líderes en solitario de cadanseu grupo. O Celta Barreiros, o Meira, o Mondoñedo e o Paradela son outros tres equipos que se manteñen invictos. No norte, o Mondoñedo declárase o rei do empate, tres puntos en tres xornadas. O Sanci continúa mandando por terceira […]

Os onces da 2ª xornada na Segunda

Só tres equipos da Segunda Rexional contan os dous partidos de liga por vitorias. O San Ciprián e o Meira no grupo norte e o Portomarín no sur. Todo despois dunha xornada con porteiro improvisado no Abadín e unha nova goleada encaixada polo Bóveda. No grupo norte, o Sanci mantense na cabeza da clasificación. Venceu nun […]

Os onces da 1ª xornada na Segunda

Comezou unha nova tempada na Segunda Rexional. O San Ciprián e o Chantada B son os primeiros líderes dunha liga que comezou con resultados de todo tipo. No grupo norte, dáse a casualidade que os dous equipos descendidos ocupan os postos de ascenso directo.  Na zona norte, o San Ciprián derrotou nun duelo mariñán ao […]

Os onces dos cuartos da Copa 2019 (2ª e 3ª Rexional)

Quedan catro na pelexa. E dentro deles un supervivinte da Terceira. A Copa da Segunda e da Terceira Rexional resolveu as eliminatorias dos cuartos de final. A Comercial botou man dos penaltis. O Roupar e o Lemos B venceron pola mesma diferenza de goles. Na Ponte decidiu un golazo de Lucho a favor do San […]

Os onces dos oitavos da Copa 2019 (2ª e 3ª Rexional)

A Copa 2019 de Segunda e Terceira Rexional xa abre camiño cara os cuartos de final. Oito equipos quedan no xogo. Logo de cinco quendas de penaltis. Delas saíron vencedores os dous únicos equipos da Terceira que se manteñen. Un deles estará seguro nas semifinais. O Lemos B e o Antas xogan entre eles. Dous […]

Os onces da 2ª rolda da Copa 2019 (2ª e 3ª Rexional)

A Copa dos equipos da Segunda e da Terceira continúa avanzando e chega aos oitavos de final. Logo duns dezaseisavos con algunha sorpresa. Houbo de novo un partido suspendido. Ao Guitiriz e ao Roupar indicáronlles que deben rematar o seu partido este venres. A un dos dous agárdaos o Folgueiro xa o domingo. Mantéñense na […]

Os onces da 1ª rolda da Copa 2019 (2ª e 3ª Rexional)

A primeira rolda da Copa 2019 da Segunda e da Terceira Autonómica deixou un partido suspendido. Tres equipos accederon aos dezaseisavos de final na quenda de penaltis. Nos duelos entre conxuntos de distintas categorías, saíron vitoriosos os de Segunda. O Cazás agarda rival en oitavos. Na zona norte, a maior emoción estivo na Fonte e […]

Os onces da 30ª xornada na Segunda

Rematou a competición regular na Segunda Rexional. Resolveuse a loita polo ascenso. O Guntín e o San Roque fixeron os seus deberes e ascenden á Primeira. O Palas, o San Lázaro e o Oural quedaron ás portas. No norte confirmouse o descenso directo do Valadouro e no sur o do Sporting Lucense. Outros equipos están […]

Os onces da 29ª xornada na Segunda

A penúltima xornada da Segunda Rexional resolveu os ascensos no grupo norte. O Folgueiro e o Lourenzá non fallaron. Xa son equipos da Primeira Autonómica. Pelexarán esta fin de semana por selo campión. Na zona baixa, o Cervo descendeu á Terceira. O Valadouro e a Comercial xogaranse a outra praza. Aínda que nestes momentos, por […]

Os onces da 28ª xornada na Segunda

Á volta da Semana Santa decidirase a Segunda Rexional. Quedan dúas xornadas. O Folgueiro e o Lourenzá xa dependen de si mesmos para ascender na última fin de semana de abril. Ao Cervo complícaselle a salvación. No sur, gañaron os tres primeiros. O San Roque, o Palas e o Guntín continúan empatados a 53 puntos. […]

Os onces da 27ª xornada da Segunda

Quedan tres xornadas para que remate a competición regular na Segunda Rexional. A pasada fin de semana deixou algún que outro cambio importante na parte alta e baixa da táboa. O Folgueiro e o Lourenzá aumentaron a súa diferenza nos postos de ascenso directo. O Cospeito saíu do descenso e meteu á Comercial. No sur, […]

Os onces da 26ª xornada na Segunda

O ambiente non fallou nun dos grandes partidos do ano. O Lourenzá venceu en Mondoñedo e mantense nos postos de promoción de ascenso. Na primeira posición segue un Folgueiro que sufriu en Meira. No grupo sur, o Palas venceu no derbi da Ulloa e mantense no liderado. O Bóveda regresa a postos de ascenso. Nunha […]

Os onces da 25ª xornada na Segunda

A cinco xornadas para o final, o Folgueiro, o Lourenzá, o Palas e o San Roque mantéñense nos postos de ascenso directo. No norte continúa na pelexa o Guitiriz e un Roupar que volve colleitar unha boa liña de resultados. No sur, o Oural, o Bóveda ou o Guntín estarán atentos aos posibles fallos dos […]

Os onces da 24ª xornada na Segunda

O Lourenzá e o Palas foron os grandes triunfadores da xornada na Segunda Rexional ao vencer en cadanseu duelo directo. Ademais, no norte o Folgueiro volve ao liderado e na zona baixa o Abadín, a Candelaria e o Iberia sumaron de tres. No sur, o San Roque regresou aos postos de ascenso directo. A vitoria […]