A Milagrosa trae as boas novas dunha xornada con luces e sombras

O fútbol feminino provincial baixou o pano á competición regular cunha xornada chea de emoción, despedidas e balance desigual para os equipos lucenses. A Milagrosa deu un paso case definitivo cara ao play-off na Segunda Futgal, mentres que na Primeira e Terceira Futgal houbo luces e sombras entre os representantes da provincia. O Antas cae […]

O PM Friol xogarase entrar no play-off na última xornada

O PM Friol impón o seu oficio nun duelo directo ante o Victoria FC (2-4) Partido de máxima igualdade o vivido entre o PM Friol e o Victoria FC, condicionado tanto polo que había en xogo como polo resultado doutros encontros da xornada. Dende o inicio, o choque desenvolveuse de ti a ti, con posesión […]

PM Friol e Antas non fallan ante os pechacancelas

O PM Friol vence a un Sárdoma que conseguiu anotar dous tantos En 18 xornadas de Tercera RFEF, o Sárdoma (pechacancelas) só conseguira anotar 5 goles e, malia que o PM Friol se puxera por diante cos tantos de Fati (m.7) e Keisy (m. 45); as locais conseguiron empatar o encontro nada máis saír dos […]

O Antas corta a súa boa xeira

O PM Friol cumpre con solvencia ante o Orzán Vitoria clara das friolesas ante un Orzán que en ningún momento tivo posibilidades de levarse o partido. As amarelas dominaron de inicio a fin o encontro co control da posesión e deixando sen apenas ocasións perigosas ás visitantes. Dous tantos de Fati déronlles a vitoria, que […]

Golpe sobre a mesa de Antas e Milagrosa

As friolesas non puideron co líder, As Celtas B Malia comezar o partido moi igualado e amosando un gran xogo, o PM Friol rematou por sucumbir na súa visita ao líder da Terceira RFEF, o filial de As Celtas, que remataría endosándolles un 4-0 moi inmerecido para un PM Friol que comezou mirándoas de ti […]

O PM Friol cede ante un rival directo

Derrota do PM Friol ante o Lóstrego Mal partido das friolesas a na casa, ante un Lóstrego moi intenso, amosando que quere loitar con todo por estar na zona alta da táboa. Con todo, as visitantes non foron moi superiores no xogo ao PM Friol, pero si moito máis efectivas. Unha efectividade da que carecía […]

PM Friol, Antas, Milagrosa e Chantada seguen lanzados

O PM Friol suma tres puntos máis a domicilio Partido controlado de inicio a fin polas amarelas na visita a O Val. Malia xogar nun campo de caucho no que a circulación do balón se dificultaba por momentos, as friolesas firmaron un gran partido empurradas dende o inicio polo tempraneiro gol de Yoleidis (3′). Malia […]

A SD Chantada, campioa de inverno de Terceira Futgal

O PM Friol non dá opción a un Tomiño metido atrás Gran partido das friolesas na casa ante un Tomiño que nada puido facer máis que agardar en bloque baixo e tentar saír á contra. Adiantáronse axiña as amarelas grazas a un gol de Diva no minuto 3. Malia ter numerosas ocasións e centros á […]

A Milagrosa vence no derbi lucense ante o San Lázaro

Un PM Friol moi intenso faise co triunfo a domicilio ante o Bergantiños Non chegaban sen dificultades a este encontro as friolesas, con moitos problemas físicos para xogadoras chave, como Yoleidis. Porén, se o físico semellaba pasar por un mal momento, o que fixeron as amarelas foi tirar de algo case tan importante: a cabeza. […]

O PM Friol aproveita o pinchazo do líder

Xornada con vitorias do PM Friol, Milagrosa, Chantada, San Roque e PM Friol B. O Antas sacou un valioso punto da súa visita ao Arenteiro. Peor sorte correron o San Lázaro, Carballedo e Comercial, que non puideron cos seus rivais. O PM Friol non falla ante o colista, o Sárdoma Malia que a protagonista do […]

O PM Friol perde ante As Celtas B nun duelo de altura

A Reigosa converteuse esta fin de semana no escenario dun auténtico duelo polo liderato da Terceira RFEF. O PM Friol (2º) recibía ao líder, o filial de As Celtas. A eficacia total das celestes deixou sen opcións ás friolesas. As tres chegadas das que dispuxeron as viguesas convertíronas nos tres tantos da vitoria visitante. Nunha […]

A esférica volve a rodar para os equipos de Terceira Futgal

O PM Friol firma unhas xustas táboas Pese ás ocasións que ambos equipos tiveron, en momentos e grazas a estilos de xogo moi distintos, o luminoso non se moveu no encontro entre o Tomiño e o PM Friol. Pese a que as amarelas tiveron numerosas ocasións claras para anotar, especialmente nas botas dunha habitual do […]

A SD Antas está xa na final da Copa Deputación

O Monte Forte gaña con claridade á Comercial no Luis Bodegas Nada ao dereito lle saiu á Comercial na súa visita ás Terras de Lemos. Partido no que o Monte Forte dominou de inicio a fin, con moito máis éxito que as luguesas, que firmaron un partido para esquecer. As de Meilán anotaron 3 goles, […]

O San Lázaro xa é de Segunda Futgal

Malia que as imprecisións fixeron que o San Lázaro non se adiantara antes no marcador, o dominio das xa ascendidas a Segunda Futgal foi total dende o inicio. Cun Arzúa sen demasiadas ideas, a medida que os nervios se foron calmando, o San Lázaro atopou os goles de Iria (2) e Irene (1) para certificar […]

Empate ante as líderes para unha SD Antas xa ascendida

A SD Antas, xa ascendida, remata a Liga con empate ante o líder A SD Antas chegaba á cita pola desputa do título de Liga na última xornada despois de firmar unha tempada espectacular na que, ademais de asegurarse o ascenso e rematar, finalmente, no 3º posto da táboa, foi capaz de puntuar en todos […]

O San Lázaro vence e segue na loita polo ascenso

SD Antas e Monte Forte tiveron xogada de descanso. A efectividade do Sárdoma derrota ao PM Friol Pese ao resultado (PM Friol 2 – 4 Sárdoma), o partido foi máis igualado do que se podía pensar e máis cando as friolesas quedaron con 10 xa na primeira parte. O Sárdoma saiu con forza ao partido […]

O PM Friol B leva o derbi de filiais

O PM Friol non pode co líder As friolesas recibiron esta fin de semana ao RC Deportivo B nun partido tremendamente igualado e intenso por parte de ambos conxuntos. A primeira parte, aínda que igualada, foi de maior dominio das friolesas, porén, foron as coruñesas as que puxeron 2 goles no marcador. O primeiro das […]

SD Antas e San Lázaro, lanzadas a polo ascenso

CD Lugo e PM Friol descansaron esta fin de semana na que a Terceira RFEF non desputou encontros polo parón de seleccións. Un bo partido do filial lugués que queda sen premio A pesares do bo traballo do equipo albivermello, as luguesas non foron capaces de importe á SD Orzán B. No primeiro minuto do […]

Festival da Milagrosa mentres Antas e San Lázaro seguen imparables

Cómoda vitoria do PM Friol ante o Parquesol O CD Parquesol, en descenso, recibiu a visita das friolesas que nos primeiros 45 minutos despregaron un gran xogo, anotando catro goles, os catro das mesmas botas, as de Yoleidis. Na segunda parte, o PM Friol relaxouse co resultado favorable, concendendo un gol do Parquesol que chegou […]