Os onces dos cuartos da Copa 2019 (2ª e 3ª Rexional)

Quedan catro na pelexa. E dentro deles un supervivinte da Terceira. A Copa da Segunda e da Terceira Rexional resolveu as eliminatorias dos cuartos de final. A Comercial botou man dos penaltis. O Roupar e o Lemos B venceron pola mesma diferenza de goles. Na Ponte decidiu un golazo de Lucho a favor do San Lázaro.

A semifinal da zona norte vaina xogar a Comercial e o Roupar. O conxunto capitalino está sendo unha das grandes revelacións no torneo copeiro. Deixou no camiño ao Celta Barreiros, á Candelaria, ao Cazás e agora ao Cabreiros. Os tres últimos na quenda de penaltis. E cun gran protagonista. O gardamallas Pablo Mesa é unha das razóns. Na pasada finde detivo dous penaltis. O Cabreiros conseguiu igualar dúas veces no tempo regulamentario con goles de Isma. Pero non foi quen de márcalo terceiro que desequilibrara a eliminatoria. Non haberá derbi xermadino. Quen si pasou foi o Roupar ante o Meira. Farra igualou o tanto inicial do cadro local. O conxunto adestrado por Diego Dopico sentenciou na recta final.

Un once ideal sen defensas. A presenza masiva de xogadores destacados do medio campo para adiante a pasada xornada obríganos neste once a reconvertir futbolistas a posicións máis retrasadas

Na zona sur a semifinal vaina xogar o Lemos B e o San Lázaro. O filial lemista derrotou no duelo da Terceira Rexional ao Antas. O filial levou o dominio do balón. O Antas xerou perigo a balón parado pero condenárono os erros defensivos. No encontro entre equipos da zona alta da Segunda saíu vencedor o San Lázaro. A falta dun cuarto de hora para o final, Lucho marcou un golazo. Resultou definitivo. Catro equipos na búsqueda dunha final que aínda non ten sede.

Imagen por defecto
Iván Calaza
Criado no paraíso da Terra Chá. Fútbol, entre outras moitas cousas. Hai unha vida máis barata, pero iso non é vida nin é nada.
Artículos: 465

Deja un comentario