Os onces da 2ª xornada na Segunda

Só tres equipos da Segunda Rexional contan os dous partidos de liga por vitorias. O San Ciprián e o Meira no grupo norte e o Portomarín no sur. Todo despois dunha xornada con porteiro improvisado no Abadín e unha nova goleada encaixada polo Bóveda.

No grupo norte, o Sanci mantense na cabeza da clasificación. Venceu nun campo complicado pola mínima. O gol de Nacho resultou decisivo ante o Guitiriz. Na segunda posición meteuse o Meira. O conxunto adestrado por Cuchi asaltou O Novo de Roupar. Rubén Vidal non faltou a súa cita co gol. O de Seixosmil xa aportou a súa capacidade goleadora o curso pasado. Nesta leva un gol por encontro.

Tres equipos que gañaran na primeira xornada, empataron en cadanseu duelo desta. O Sporting Pontenova sacou un punto da súa visita a Alfoz. Con protagonismo para a canteira do cadro aurinegro. Estreáronse en partido oficial co equipo sénior tres xuvenís. Hugo, Adrián e Esteban tiveron a oportunidade ante a falta de varios dos xogadores titulares. Gran partido colectivo dos locais. O Goiriz e o Iberia reviviron o seu duelo da Copa. Unha primeira parte na que pasou todo. Os do Ventiño adiantáronse no marcador. O Iberia remontou o resultado e posteriormente os locais empataron. Tamén igualaron o Celta Barreiros e o Mondoñedo. Con protagonismo para Xian ante o seu ex equipo. Marcou o gol dos seus e realizou un bo encontro. Os locais xogaron cun menos desde o minuto 60.

Ao Cabreiros pasoulle o caso contrario. Empatou na primeira xornada e gañou na segunda. Derrotou ao Abadín no reencontro de Seijo co seu ex equipo. Comezou dominando o Abadín. Despois dunha polémica expulsión do porteiro Cris cambiaron as tornas. O Cabreiros aproveitou para marcar. Aínda así, no resto do encontro o conxunto visitante tivo as súas opcións. Resaltou o papel de Carro que se puxo de porteiro e actuou tamén case como un defensor máis. A Candelaria venceu no Pichón e conseguiu os primeiros tres puntos do curso. Miguel Gomes «Rocky» foi un dos grandes protagonistas. Marcou o primeiro gol e provocou o segundo. E con empate resolveuse o partido entre o Xermade e o Cospeito. O conxunto xermadino non comezou o campionato acertado de cara o gol. Aínda así conseguiu sacar un punto nos intres finais do partido co gol de Iván Benavente «Chalao».

No grupo sur, o Portomarín encabeza en solitario a táboa clasificatoria. O único que leva seis puntos. Derrotou con claridade o Quiroga. Na segunda posición sitúase o Chantada B. Empatou nos Medos ante o Brollón. Comezou gañando pero os locais remontaron momentaneamente o resultado. Nos últimos minutos o Brollón quedou cun xogador menos pero o marcador non se moveu.

O Corgo sumou o primeiro triunfo da tempada ante o Oural. Nun partido moi axustado. Os pupilos preparados por Negrete conseguiron igualar os dous goles de desvantaxe. Xa o final do encontro, o Corgo conseguiu o gol da vitoria. Dende o Oural amosaron o seu desencanto coa actuación arbitral «a marxe do resultado». «Os xogadores saíron do partido pensando en que aquilo era fútbol do de hai 30 anos na Rexional; que se non gañabas a goles, gañabas a patadas», afirman. Pola súa banda, o Palas empatou na casa ante o Becerreá. Xairo abriu e pechou o marcador do encontro. Polo medio o Palas remontou, pero só parcialmente.

O Paradela conseguiu a primeira vitoria da campaña. Triunfo de peso. Venceu ao San Lázaro que estaba invicto en partido oficial dende a chegada de Diego Rey. 12 xornadas de Liga sen perder. Tamén conseguiu os primeiros tres puntos o Río Sil. Con claridade ante o Bóveda. E onde houbo un protagonista especial. Juan de Mer debutou en partido oficial con 16 anos e sendo a súa primeira experiencia nun equipo de fútbol. Marcou dous goles. Tamén venceu o Incio na casa do Páramo. Partido entretido onde se impuxeron os ataques ás defensas. O Incio remontou un 2-0 inicial. E o Ferreira gañou no Baliño ao Santa Comba.

Luca´s Grill
Moreno´s Pizza
Imagen por defecto
Redacción Futbolinlugo
Artículos: 274

Deja un comentario

Los datos que proporciones mediante este formulario serán tratados por Futbolinlugo como responsable de esta web. La finalidad de la recogida de estos datos se realiza solamente para responder y moderar los comentarios. Estos datos estarán almacenados en los servidores de PROFESIONAL HOSTING, situados en la Unión Europea (política de privacidad de Profesional Hosting). Puedes ejercer tus derechos de acceso, rectificación, limitación y supresión enviando un correo electrónico a diegopolc8@gmail.com.