O partido en imaxes: SD Antas-Lemos B (1-3)

Pese á seren moi novos na súa mayoría, os xogadores do Lemos «B» están a demostrar que teñen moito por dicir no noso fútbol. Tanto é así que, tras superar 1-3 á SD Antas no Castro Seoane, xa son semifinalistas de copa. O seu próximo rival será o San Lázaro, de Segunda Autonómica. Seguirán a […]

O partido da xornada . . . Riotorto C.F. – S.D. Chantada: os de Juan Rodríguez examinan a fiabilidade copeira do cadro local

A Copa é un torneo especial. Tanto no fútbol profesional como no máis afeccionado. Parece que a ninguén lle vai a vida nela, pero a medida que os equipos avanzan eliminatorias, a importancia vai en aumento. Equipos como o Ribadeo, único que segue en liza de Preferente, que vén de realizar unha boa temporada, o […]

Os onces dos cuartos da Copa 2019 (2ª e 3ª Rexional)

Quedan catro na pelexa. E dentro deles un supervivinte da Terceira. A Copa da Segunda e da Terceira Rexional resolveu as eliminatorias dos cuartos de final. A Comercial botou man dos penaltis. O Roupar e o Lemos B venceron pola mesma diferenza de goles. Na Ponte decidiu un golazo de Lucho a favor do San […]

O partido da xornada…un Lemos – Foz coa mente en Alcoi e en Jaén

A Copa 2019 dálle entrada aos equipos da Preferente que veñen de rematala competición regular. Os conxuntos da Primeira acóllenos nos oitavos de final. Aínda que non se misturan de cheo. A Sarriana e o Ribadeo xogaran entre si o pase aos cuartos. O Viveiro renunciou a competición para centrarse na eliminatoria ante o Barbadás […]

O partido en imaxes: Brollón-Palas (1-3)

O Palas quedouse a piques de conseguir o ascenso á Primeira Autonómica, algo que de seguro tratarán de acadar a vindeira campaña. Porén, os dos Chacotes queren sacar ese sabor agridulce da boca o máis cedo posible, polo que persiguen o título de copa!

Na búsqueda dos oitavos de final da Copa 2019 en venres

Este venres ás nove da noite o Málaga e o Zaragoza xogan na Rosaleda a antepenúltima xornada da Segunda División. Media hora antes está previsto que se reanude o partido dos dezaseisavos da Copa 2019 entre o Roupar e o Guitiriz. Dous equipos da Segunda Rexional. Evidentemente inflúen as circunstancias, pero o Guitiriz quéixase da […]

Os onces da 1ª rolda da Copa 2019 (2ª e 3ª Rexional)

A primeira rolda da Copa 2019 da Segunda e da Terceira Autonómica deixou un partido suspendido. Tres equipos accederon aos dezaseisavos de final na quenda de penaltis. Nos duelos entre conxuntos de distintas categorías, saíron vitoriosos os de Segunda. O Cazás agarda rival en oitavos. Na zona norte, a maior emoción estivo na Fonte e […]

Os sobranceiros da 2ª rolda da Fase de Ascenso e da Copa (volta)

As últimas dúas prazas de ascenso á Segunda Rexional xa están decididas. O Celta Barreiros e o Río Sil suben de categoría. Con emoción ata os intres finais. O Catro Roldas e o Antas puxérono difícil. Ademais o Alfoz avanzou á fase final da Copa sen xogar a volta. Tamén pasaron o Cazás, o Matela, […]

Os sobranceiros da 2ª rolda da Fase de Acenso e da Copa (ida)

Só queda un paso para os equipos que xogan a final polo ascenso á Segunda. Falta o partido de volta. Da ida, o Catro Roldas trae unha mínima vantaxe de Barreiros. No sur, o Río Sil sacou un resultado moi positivo do Castro Seonae. Ademais tamén se decidirán os equipos que acceden a fase final […]

Os sobranceiros da 1ª rolda da Fase de Ascenso e da Copa (volta)

A temporada na Terceira Rexional rematou para o Muimenta, o Lugo Unión, o Rioaveso, o Paradela, o Rubián e o Relámpago Taboada. O Celta Barreiros e o Catro Roldas loitarán pola praza de ascenso no norte. Mentres que o Antas e o Río Sil farano no sur. Á volta de Semana Santa xogaranse as eliminatorias. […]

Novo sistema na Copa 2019 na Terceira Rexional lucense

A Terceira Rexional está inmersa nas súas últimas xornadas da fase regular. Tanto as posicións de ascenso como quen completará definitivamente as de promoción están por decidir. Non obstante, xa hai equipos sen aspiracións clasificatorias importantes. Iso si, sempre co obxectivo de honrar o club e o pobo ou parroquia que representan. Pero agora xa […]