Diario dun mercado. Episodio 23

Arde Lucus! E arde o noso mercado. Na Mariña non paran. O Ribadeo confirmou o regreso do ‘killer’ focego. David Rodríguez volta ao Pepe Barrera logo dunha tempada na Terceira División co Ribadumia. No outro extremo desta fermosa comarca, o Viveiro perde dous efectivos. O lateral esquerdo Jorge García deixa o clube ao igual que Popo, que se despediu cunha emotiva mensaxe nas redes sociais. Así mesmo, os de Cantarrana pecharon dous amigables. O primeiro ante Deportivo B (23/07) e o segundo ante o Racing Villalbés (15/08). Moi preto de alí, en Celeiro xa saben cando hai que recuperar o mono de traballo. 0 2 de agosto volverán á actividade.

Brais Prados debutará na base do CD Lugo co aval do seu gran traballo en Castro

Regresamos á capital e hoxe toca falar da súa base. O Sagrado Corazón contará con Dani Díaz coma coordinador unha tempada máis. Espectacular campaña dos das Gándaras, que manterán no seu staff a Brais Rozados, Diego Anido e Édgar Vázquez. O que non estará a próxima campaña é Andrés Rochela, home de clube que non pode compaxinar os seus estudos coa entidade capitalina.

Ademais, na base do Lugo xa se coñecen tres saídas: as de Jaime Paz, Fran Fernández e Edu Rodríguez. No capítulo de entradas salienta a do xovencísimo Brais Prados, que chega dende Castro para facerse cargo dun dos seus equipos de Liga Galega.

Por último, non nos podemos olvidar do Pichichi da Terceira División. O lucense Uxío estrearase esta campaña na Segunda División B. Vestirá a camisola do Deportivo B.

Luca´s Grill
Moreno´s Pizza
Imagen por defecto
Diego Díaz Martínez

Un enfermo do fútbol lucense. Adestrador Nivel-3 UEFA PRO

Artículos: 873

Deja un comentario

Los datos que proporciones mediante este formulario serán tratados por Futbolinlugo como responsable de esta web. La finalidad de la recogida de estos datos se realiza solamente para responder y moderar los comentarios. Estos datos estarán almacenados en los servidores de PROFESIONAL HOSTING, situados en la Unión Europea (política de privacidad de Profesional Hosting). Puedes ejercer tus derechos de acceso, rectificación, limitación y supresión enviando un correo electrónico a diegopolc8@gmail.com.