As nosas redes falan!
Xa resta pouco tempo para que os clubes lucenses comecen a pretemporada. A sección dos destacados nas redes consolídase como unha habitual.
Xa resta pouco tempo para que os clubes lucenses comecen a pretemporada. A sección dos destacados nas redes consolídase como unha habitual.
Un dos banquiños máis míticos da provincia ten novo inquilino. Referímonos ao da Ponte. Merino, exxogador de Santa Comba e Guntín, colga as botas e faise cargo do San Lázaro. Onde non cambian é en Riotorto. Labrada manterase á fronte do cadro da Veiga. Contará cunha gran parte dos futbolistas da pasada campaña. Marcos, Diego […]
Arde Lucus! E arde o noso mercado. Na Mariña non paran. O Ribadeo confirmou o regreso do ‘killer’ focego. David Rodríguez volta ao Pepe Barrera logo dunha tempada na Terceira División co Ribadumia. No outro extremo desta fermosa comarca, o Viveiro perde dous efectivos. O lateral esquerdo Jorge García deixa o clube ao igual que […]
Xusto! Xusto seguirá un ano máis na Chaira. O central mariñán continuará sendo un dos máximos expoñentes da zaga do Racing Villalbés. Falando de talentos mariñáns, semella que un deles cambiará de aires. Manolito non renova con Valadouro e os mentideiros futbolísticos sitúano xa en Foz. Co cal o eterno Gayol tería o seu nove […]
As novidades en canto a renovacións, baixas e fichaxes seguen marcando a actualidade do fútbol lucense. Neste diario dun mercado é o turno para un equipo da Mariña, dous do corazón da Terra Chá, outros dous con moita importancia na capital da provincia e un da zona sur. Na Preferente Norte, o Viveiro incorporou ao […]
O noso fútbol quedou un pouco máis orfo a noite do venres. Minarzique deixounos moi pronto, aos 21 anos. Esa temible e odiosa enfermidade puido con él. Descanse en paz. Dende aquí, mandámoslle un abrazo moi forte ás familias do Valadouro e do Burela, onde se formou. Esa mesma noite o Castro anunciou dúas renovacións […]
Inauguramos sección: Ilustres emigrantes. Queremos coñecer a todos eses lucenses perdidos na emigración futbolística. Non son moitos, pero ‘habelos hailos’. Un deles é Edgar Díaz. Así que imos coñecelo. Deixámosvos xa co propio Edgar, que nos relata a súa historia balompédica. «Empecei xogando na Residencia. Aos once anos marchei ao Lugo. Pasei por tódalas categorías. […]
Rematou a competición regular na Preferente e ningún dos equipos lucenses ten que agardar a nada para saber o seu futuro. O Lugo B xa sabe que non xogará fase de ascenso, a pesar de acabar en posto de promoción na clasificación. Non obstante, a posibilidade de que só o Rápido de Bouzas poida ascender á […]
Onte deitabámonos cunha sorpresa. Unha desas á altura dos grandes diarios madrileños e cataláns. O Xove Lago anunciaba no seu Twitter a Luis Varela coma novo xogador do clube (unha hora despois de que nós o désemos por feito). Pois ben, o futbolista rematou o día coma incorporación do Viveiro de Preferente. Semella que as ganas […]
Unha semana máis, chega a vosa sección. Os comentarios nunhas redes nas que, cada vez, Futbolinlugo goza de máis interacción pola vosa parte!!!
Cantarrana despediu onte a un dos seus grandes emblemas. O capitán Aurelio disputaba o seu último encontro coa zamarra celeste. E tivo a súa merecida homenaxe. Agora chega a nosa! Falamos xa con Aurelio. –FUTBOLINLUGO: Boas capitán! Cóntanos como foi esa sorpresa que che regalou Cantarrana. -AURELIO: Non me esperaba que houbera nada. Era o meu […]
Foi unha fin de semana de contrastes con grandes goleadas de equipos lucenses e tamén con abultadas derrotas encaixadas polos clubs da provincia. A unha xornada de rematala liga, confirmouse o descenso á Primeira Galicia do Chantada que implica que o Chantada Atlético descenda á Segunda Galicia. Tamén se complica cada vez máis a salvación […]
Remataron xa as competicións regulares na Terceira, Primeira, Segunda e Terceira Galicia pero a que segue é a Preferente. Quédanlle os últimos coletazos en forma de dúas xornadas nas que tres equipos lucenses terán algo en xogo, aínda que os obxectivos que lles restan son complicados de cumprir. O que pasou nesta fin de semana […]
Doce anos fóra do grupo galego da Terceira División… Tras pasar catro tempadas no castelán-leonés, catro no aragonés e catro actualmente no rioxano podo decir que cheguei a coñecer ben estes grupos. A miña primeira parada tras saír do Viveiro C.F foi ó Norma CF de Soria. A verdade é que non me custou a […]
Non foi una boa xornada para os equipos lucenses que teñen importantes obxectivos en xogo de cara ao final da temporada. Por iso, a pesar de ter a súa presenza habitual no noso once, cobran protagonismo os xogadores do Ribadeo que foi o único equipo da provincia que conseguiu gañar nesta xornada. No derbi de […]
Hoxe contamos con varias alegrías nesta sección, pero tamén cunha parte negativa… Velaquí os nosos protagonistas.
O regreso á competición na Preferente trouxo resultados dispares para os conxuntos lucenses. No duelo provincial da semana o Lemos deu a sorpresa ante o Lugo B que perde comba co segundo posto. A súa vez, os de Monforte deron un importante paso cara a permanencia. Tamén conseguiu unha vitoria destacada o Chantada, mentras que a […]
A primeira edición da Copa Deputación infantil disputouse en Viveiro alá por xuño de 2012. Alí Lugo e Viveiro decidiron unha das semifinais tras empatar 1-1 ao final do tempo reglamentario. O desenlace tédelo aquí grazas a Xoan González. Dentro vídeo!
Os futbolistas máis destacados desta semana proceden daqueles equipos que máis éxito tiveron nos seus partidos. Gran protagonismo do Lugo B que só puido empatar e xa non depende de si mesmo para ascender e, tamén, do duelo provincial da xornada no que o Viveiro derrotou a unha Sarriana que cada vez se lle complica […]
Pouco a pouco imos chegando o remate da temporada e comézanse a marcar os obxectivos de cara as últimas xornadas de competición. Esta pasada fin de semana deixou claro que a provincia de Lugo vai ter un equipo, o Lugo B, loitando ata o final por conseguir o ascenso á Terceira División. E tamén que […]