Diario dun mercado. Episodio 22

Xusto! Xusto seguirá un ano máis na Chaira. O central mariñán continuará sendo un dos máximos expoñentes da zaga do Racing Villalbés. Falando de talentos mariñáns, semella que un deles cambiará de aires. Manolito non renova con Valadouro e os mentideiros futbolísticos sitúano xa en Foz. Co cal o eterno Gayol tería o seu nove desexado. Nada oficial, por agora.

De Foz viaxamos a Viveiro, onde este ano se preparan para bailar samba. O xovencísimo Ramón Rodríguez chega ás SomozasRitmos brasileiros que chegan dende a outra punta da provincia. O cadro celeste vén de asinar a tres das grandes sorpresas do Lemos: o central Joao Pedro, o dianteiro Fernando Erikson e o fino centrocampista zurdo Mario. A nómina de cariocas podería incrementarse coa chegada de André Sousa, polivalente atacante que tamén actuou a pasada campaña en Monforte. Non moi lonxe de Monforte, coñecemos que o soberino Ramón Rodríguez será o novo gardamallas do Somozas.

Ademais, xa coñecemos varios compromisos estivais. O Incio enfrontarase ao Sober (30/07), Oural (05/08), Paradela (13/08), Sarria FV (20/08) e un triangular en Quiroga (27/08). Dende aquí aproveitamos para dicirvos que nos contedes cando ides empezar a vosa pretempada e os amigables programados. Sabemos que xa botades de menos o noso fútbol, así que imos matar a fame a base dos clásicos partidos estivais. Entre todos faremos o mellor mercado e o mellor calendario deste balompédico verán.

Luca´s Grill
Moreno´s Pizza
Imagen por defecto
Diego Díaz Martínez

Un enfermo do fútbol lucense. Adestrador Nivel-3 UEFA PRO

Artículos: 861

Deja un comentario

Los datos que proporciones mediante este formulario serán tratados por Futbolinlugo como responsable de esta web. La finalidad de la recogida de estos datos se realiza solamente para responder y moderar los comentarios. Estos datos estarán almacenados en los servidores de PROFESIONAL HOSTING, situados en la Unión Europea (política de privacidad de Profesional Hosting). Puedes ejercer tus derechos de acceso, rectificación, limitación y supresión enviando un correo electrónico a diegopolc8@gmail.com.