Aurelio: «Foi superemotivo pero non teño problema en seguir xogando»

Cantarrana despediu onte a un dos seus grandes emblemas. O capitán Aurelio disputaba o seu último encontro coa zamarra celeste. E tivo a súa merecida homenaxe. Agora chega a nosa! Falamos xa con Aurelio.

FUTBOLINLUGO: Boas capitán! Cóntanos como foi esa sorpresa que che regalou Cantarrana.

-AURELIO: Non me esperaba que houbera nada. Era o meu último partido en Cantarrana, un campo onde xoguei tantos anos… A verdade faise raro porque sabes que non vas volver xogar nese campo. Levas toda a vida aí, é coma unha rutina… Foi superemotivo e superestrano á vez.

FIL: Toda unha vida en celeste ben merecía esa homenaxe. Cantos anos defendiche ese escudo do Viveiro?

-A: No primeiro equipo levaba catorce, quince anos. Máis nove anos na base. Fan uns vintedous anos. Quitando seis meses que estiven no Betanzos, estiven sempre no Viveiro. Funme nunha pretemporada e en decembro xa estaba de volta.

Aurelio recibiu unha placa conmemorativa do Viveiro C.F

-FIL: Imaxinamos que unha decisión así ademais de dura, será moi meditada…

-A: Todo vén polas dúas lesións que tiven este ano. Tardaba moitísimo tempo en recuperarme. Prefiro deixalo estando medianamente ben. E non empezando outro ano e que se aparece esta lesión vivir o deste ano. É duro volver a recuperarse e tentalo facer o mellor posible sen poder.

-FIL: Non te vías ao nivel que esixe unha categoría coma a Preferente?

-A: Se me garantizasen que non ía ter lesións seguramente sería capaz de manter o ritmo da Preferente. Este ano comecei ben a nivel fisico a tempada. Tiven unha rotura de fibras e empezar outra vez de cero costoume moitísimo. Foi máis ou menos onde decidín que non ía seguir xogando a este nivel. Require un esforzo que agora mesmo me custa moito dar.

-FIL: Qué che quedou por facer no Viveiro?

-A: Quédame a espiña de non lograr o ascenso á Terceira División. Sobre todo este ano e o anterior, que tiñamos equipo para ascender. As circunstancias non se deron e dificultáronnos a posibilidade de, polo menos, estar pelexando arriba. É unha pena que non se conseguira pero vano conseguirano nun breve espazo de tempo.

Quédame a espiña de non lograr o ascenso á Terceira División.

-FIL: Plantéxaste seguir ligado á entidade dalgunha maneira: adestrador, delegado…?

-A: De momento non me plantexaron nada, non sei nada. En principio supoño que non. Se me necesitasen para calquera cousa saben que poden contar conmigo sen ningún problema.

-FIL: A rumoroloxía indícanos que vas seguir xogando moi preto da casa. É así?

Aurelio saborea o seu último paseo en Cantarrana

-A: Non sei. Teño un amigo que é adestrador no Folgueiro. Se xogo nalgún lado seguramente sexa alí con eles. Gústame xogar ao fútbol. Non teño problema en seguir xogando. Soamente necesito baixar o ritmo competitivo.

Se xogo nalgún será no Folgueiro

-FIL: Entón, a vindeira tempada Aurelio vestirá as cores do Folgueiro?

-A: Non o sei fixo pero pode ser -rise-.

 

Confiemos en que Aurelio siga no noso fútbol. Un dos activos máis preciados da Mariña non pode colgar as botas tan pronto!

Fotos: Facebook Viveiro C.F

 

Luca´s Grill
Moreno´s Pizza
Imagen por defecto
Diego Díaz Martínez

Un enfermo do fútbol lucense. Adestrador Nivel-3 UEFA PRO

Artículos: 873

Deja un comentario

Los datos que proporciones mediante este formulario serán tratados por Futbolinlugo como responsable de esta web. La finalidad de la recogida de estos datos se realiza solamente para responder y moderar los comentarios. Estos datos estarán almacenados en los servidores de PROFESIONAL HOSTING, situados en la Unión Europea (política de privacidad de Profesional Hosting). Puedes ejercer tus derechos de acceso, rectificación, limitación y supresión enviando un correo electrónico a diegopolc8@gmail.com.