Castañer, CD Brollón: «Temos a mellor afección da 2ª Galicia»
Os Medos están a vivir unha temporada histórica co seu CD Brollón. Falamos co seu xogador Adrián Castañer.
Os Medos están a vivir unha temporada histórica co seu CD Brollón. Falamos co seu xogador Adrián Castañer.
Os irmáns García Teixeira falan con nós para analizar a gran temporada da UD Pastoricense e os seus puntos de vista do ascenso acadado no Acebreiro.
Un dos clásicos do noso fútbol, Kubala, debuta hoxe en Muimenta como novo adestrador do Cospeito.
A SD Rubián xa é de Segunda Galicia. Analizamos o éxito co seu adestrador, Senén López.
A dupla de adestradores do CP Casás, Álex Cortón e Diego Barreiro, conceden unha entrevista en estéreo para falar do ascenso do seu equipo á Segunda Galicia.
Isaac Rouco colle os mandos no Cabreiros para substituir a Paco López.
O novo adestrador do Muimenta, Álex Vázquez, atende aos nosos micros para valorar a súa chegada ao Pichón.
Instantáneas do Brollón 5-1 Becerreá cortesía de Mariluz Fagín.
O Pastoricense voltou despois de moitos anos á Segunda Autonómica. Despois dunha temporada na que non foi posible acadar a permanencia, o club mantivo a súa filosofía, aínda que renovou o seu cadro de xogadores con futbolistas novos e comprometidos. Ao banquiño do Acebreiro chegou José Cendán Paredes ‘Basi‘, que logo dun periplo á fronte […]
O dianteiro do Paradela, Romy, rompeu a tibia o pasado domingo no Catro Ventos. Falamos con el para coñecer como se vive desde dentro unha lesión así.
Xa hai clubes lucenses en competición, pero o mercado apura o seu protagonismo nesta fin de semana previo ao comezo das principais ligas autonómicas. Por exemplo, no Chao da Poza: o mediocentro Julián regresa ao Portomarín desde a Comercial de veteráns para aportar experiencia e calidade ao cadro miñoto. Outro que volve á que xa […]
O mercado non da tregua neste mes de xuño. Novidades desde a Preferente ata a Terceira Galicia nesta nova edición.
Renovacións na metade norte da provincia e despedidas no sur nunha nova edición do Diario dun Mercado.
Comezou a Copa Deputación de Segunda e Terceira Autonómica na súa rolda previa, e fíxoo con algunha que outra sorpresa. Analizamos cada encontro. Iberia 2 – 2 Comercial. O conxunto de San Miguel pasou nos penaltis. Partido moi igualado nas Valgas. Os visitantes puxéronse por diante no marcador, pero o Iberia mellorou co marcador en […]
Coa maioría de competicións xa comezadas e coa Terceira Autonómica a piques de facelo, o mercado aínda nos segue traendo novidades. En Pantón están de noraboa. Fai uns meses Samba deixou o Ferreira por motivos laborais e o Atlético Cuntis anunciou o seu fichaxe. Pero o futbolista retornou ao seu club dos últimos anos e […]
O diario de hoxe vén cheo de renovacións, aínda que tamén contaremos algunha alta e algunha baixa. En primeiro lugar a SD Burela renova a Xoel Eijo, mediocentro viveirense con moita calidade. Tamén os equipos da Segunda Galicia pensan na nova temporada e manteñen na estructura deportiva a xogadores importantes: é o caso de Ángel […]
A poucas semanas de que comecen as pretemporadas, o mercado aínda está que explota. Sobre todo, da Preferente para abaixo. A Sarriana continúa co seu proxecto deste ano, e para iso renova a Brais Prieto. O mariñán será un xogador importante na loita polo ascenso. Na Primeira, o Xove Lago refórzase coa chegada de Xesús, […]
O diario está a honrar ao seu nome nas últimas datas: é diario. Os movementos do mercado non paran. Por exemplo, o Polvorín da Segunda RFEF confirmou o que xa anunciamos na última entrega: Iago Parga e Iago Novo volven ao conxunto albivermello. Ademais, Non Vale Furar adiantou que o filial do CD Lugo podería […]
Nova actualización capicúa do mercado lucense, con moitas novidades na Primeira Galicia. Varias delas concéntranse no sur da provincia e, en concreto, no Sangoñedo. Alí non seguirá Javier Montoto, ata agora adestrador da SD Chantada, pero sí continuarán xogadores da casa como Michi Carnero, Povis, Joserra, Álex Delgado, Manu Pereira e Sergio Abad. No outro […]