#Segunda Futgal #Fútbol afeccionado

Kubala, CD Cospeito: «Non penso en nada máis que nestes 6 partidos»

O Cospeito está de estrea. Un dos adestradores máis ínlcitos do fútbol lucense retorna ao fútbol senior da man dos da Fonte. José Rodríguez Vázquez ‘Kubala’ dirixirá ao Cospeito ante o Muimenta tras a marcha de Luis Romay.

Precisamente, fará o seu debut como técnico do Cospeito diante do último equipo ao que adestrou no fútbol afeccionado: un Muimenta que viviu con el a súa última etapa na Primeira Galicia. Hoxe, Kubala atende os nosos micros para comentar as súas primeiras sensacións co novo conxunto, así como a recta final da temporada.

Futbolinlugo: Como se produce a chegada a Cospeito?

Kubala: A través dun compañeiro. Chamáronme para rematar estes 6 partidos e despois mirar para o ano que vén… pero eu non miro máis alá destes 6 partidos porque non teño moita leira para andarme liando xa. Chamoume despois Jesu, ao que conozo de hai moitos anos e ao que considero moi coherente. Necesitaban a alguén para saír do apuro desta recta final e eu encantado.



Tito marcou o gol que significou a vitoria do Cospeito no derbi ante o Muimenta da 1ª volta da temporada 23/24 na 2ª Rexional
Tito marcou o gol que significou a vitoria do Cospeito no derbi ante o Muimenta da 1ª volta da temporada 23/24 na 2ª Rexional.

Fil: Como foron os primeiros adestramentos?

K: De corazón afirmo que excepcionais. Veu Congui a botar unha man, e xa o adestrara no xuvenil do Racing Villalbés, tamén tiven a Martín nese club… atopeime un vestiario moi receptivo: fixemos dous adestramentos, viñeron expresamente o xoves —que non o teñen marcado como días de adestramento— e tamén o venres fixemos un gran adestramento. A predisposición foi extraordinaria.

Fil: Coñeces ao teu rival de hoxe?



K: Coñezo a algúns xogadores que xa estaban na miña época: Jairo, Miguel, o seu irmán Javier… Controlo a algún futbolista máis, e do resto teño referencias, pero non os vin xogar aínda.

Fil: Un Muimenta ao que lembrarás con certo cariño.

K: Debuto co Cospeito contra o meu ex-equipo. En Muimenta sempre me trataron de maravilla, e agardo que en Cospeito tamén sexa igual. O último partido no que estiven eu en Muimenta foi ante un gran Lemos, co que empatamos: teño un gran recordo.

Fil: Atréveste a predicir un resultado para mañá no Pichón?

K: Con todo o respecto do mundo para o Muimenta, porque eu lle teño moitísimo cariño ao equipo, pero mañá imos ganar: inclínome por un 1-2. O que está claro é que vai ser un partidazo, porque O Pichón é un sitio no que adoita haber afección de xeito cotián, e mañá é un derbi do Concello… agardemos que sexa tan apaixoante como todos, que se desfrute moitísimo do fútbol.



«O Cospeito ten xogadores excepcionais «

Fil: Que obxectivos marcaron desde a directiva do Cospeito?

K: O club non me marcou nada. Evidentemente, preocúpaste e miras a situación. Falei con Luis Romay, para o que tan só teño palabras de agradecemento e recoñecemento. Xa me advertiu de que me iba atopar cun vestiario excepcional, e así foi; e cun grupo con moita calidade futbolística, pero que as circunstancias do momento mandaban: el considera que levaba moitos anos e que o club necesitaba un cambio que el mismo propiciou.

Fil: Voltou o verme do fútbol sénior?

K: Hai que agardar acontecementos, pero a calidade da xente en Cospeito xa me sorprendeu. Estamos bastante xustos de efectivos, pois hai lesións de larga duración e outras musculares… pero atopeime cuns xogadores que teñen un nivel extraordinario para a categoría, como Luis me advertira. Pero ás veces entras nesa dinámica mental e resulta moi difícil cambiala.

Fil: Compaxinarás coa tua labor no fútbol base da Residencia?

K: Si, eu xa puxen esa condición: non vou deixar aos meus xuvenís agora, levo xa anos no club, estou moi cómodo… Decidín ir a Cospeito de moi boa gana, pois no equipo estaban moi agobiados… pero seguirei na Resi porque ademais é o equipo do meu barrio.

máxicos

Kubala, CD Cospeito: «Non penso en nada máis que nestes 6 partidos»

No verán . . . II Campus

Dejar un comentario

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *