PM Friol, Antas e Chantada seguen marcando o paso

O PM Friol e o Antas prolongaron os seus inicios perfectos e suman xa cinco vitorias, mentres o Chantada continúa como líder en solitario da Segunda Futgal tras golear no derbi ante o San Lázaro. O filial friolés tamén venceu e A Milagrosa rescatou un punto no último minuto. O PM Friol consolida o liderado […]

Nuria Louzao, SD Antas: ‘Imos xogar seis rapazas do Antas, é un orgullo’

Nuria Louzao é unha xogadora All Star. Quere dicir isto que está convocada ao All Star, claro. Pero é unha xogadora All Star diferente. Porque leva tantas convocatorias como edicións. 6 de 6. Pleno absoluto para a futbolista da SD Antas, que vén de culminar unha campaña excepcional co seu conxunto e poñerá o broche […]

O PM Friol perde ante As Celtas B nun duelo de altura

A Reigosa converteuse esta fin de semana no escenario dun auténtico duelo polo liderato da Terceira RFEF. O PM Friol (2º) recibía ao líder, o filial de As Celtas. A eficacia total das celestes deixou sen opcións ás friolesas. As tres chegadas das que dispuxeron as viguesas convertíronas nos tres tantos da vitoria visitante. Nunha […]

A SD Antas asina unhas agridoces táboas co líder

Se ás celestes, recén ascendidas, lles preguntaran antes do partido se se conformaban co empate ante as líderes, o Atlético San Pedro; probablemente terían «asinado». O conxunto oleirense chegaba ao Castro Seoane con pleno de vitorias no que vai de competición, pero atopouse cunha SD Antas que non semella ser ‘novel’ nesta Primeira Futgal. Malia […]

O PM Friol pon a directa e a SD Chantada estrea o casilleiro

Goleada a O Val para entrar no ‘pódio’ da Terceira RFEF As amarelas firmaron a súa segunda vitoria da tempada con contundencia, endosando un 7-0 a un O Val que, dende o primeiro gol, saiu do partido. As friolesas dominaron todas as facetas do xogo en todo momento, así que os goles foron caendo polo […]

A esférica volve a rodar para os equipos de Terceira Futgal

O PM Friol firma unhas xustas táboas Pese ás ocasións que ambos equipos tiveron, en momentos e grazas a estilos de xogo moi distintos, o luminoso non se moveu no encontro entre o Tomiño e o PM Friol. Pese a que as amarelas tiveron numerosas ocasións claras para anotar, especialmente nas botas dunha habitual do […]

Nova goleada dunha Milagrosa líder

Empate que sabe a pouco na Reigosa O PM Friol recibiu na cada ao Victoria CF nesta segunda xornada de Terceira RFEF, a primeira como local para o conxunto amarelo. Malia que as friolesas foron as claras dominadoras do partido, a falta de ocasións a favor e a efectividade (con bastante sorte) do Victoria CF, […]

O balón bota a rodar no fútbol feminino da provincia

O PM Friol comeza goleando e colócase líder Comezou a 25/26 tamén para o fútbol feminino cos partidos de Terceira Federación, 1ª Futgal e 2ª Futgal. Após a desaparición do CD Lugo feminino (e o seu filial), a Terceira Federación queda con só unhas representantes lucenses: o PM Friol. As friolesas comezaron este domingo a […]

A SD Antas celebra a súa Copa Deputación

A SD Antas culmina unha tempada impecable gañando a Copa

A final comezou incómoda para ambos equipos, acusando os nervios e amosando moitas dúbidas propias dun encontro no que estaba en xogo o trofeo da Copa Deputación. O CD Lugo B poríase por diante no marcador grazas a unha gran xogada de Ánxela, que despois de que as luguesas aproveitaran unha perda de balón do […]

A SD Antas está xa na final da Copa Deputación

O Monte Forte gaña con claridade á Comercial no Luis Bodegas Nada ao dereito lle saiu á Comercial na súa visita ás Terras de Lemos. Partido no que o Monte Forte dominou de inicio a fin, con moito máis éxito que as luguesas, que firmaron un partido para esquecer. As de Meilán anotaron 3 goles, […]

Empate ante as líderes para unha SD Antas xa ascendida

A SD Antas, xa ascendida, remata a Liga con empate ante o líder A SD Antas chegaba á cita pola desputa do título de Liga na última xornada despois de firmar unha tempada espectacular na que, ademais de asegurarse o ascenso e rematar, finalmente, no 3º posto da táboa, foi capaz de puntuar en todos […]

A SD Antas certifica con vitoria o seu ascenso

Final de Liga con vitoria do PM Friol no derbi ante o CD Lugo Xornada 30 de Terceira RFEF e derbi, para rematar a tempada por todo o alto. O CD Lugo recibía no seu campo ao PM Friol, ambos equipos coa permanencia asegurada e sen aspiracións de ascenso, polo que o partido se agardaba […]

O PM Friol B leva o derbi de filiais

O PM Friol non pode co líder As friolesas recibiron esta fin de semana ao RC Deportivo B nun partido tremendamente igualado e intenso por parte de ambos conxuntos. A primeira parte, aínda que igualada, foi de maior dominio das friolesas, porén, foron as coruñesas as que puxeron 2 goles no marcador. O primeiro das […]

SD Antas e San Lázaro, lanzadas a polo ascenso

CD Lugo e PM Friol descansaron esta fin de semana na que a Terceira RFEF non desputou encontros polo parón de seleccións. Un bo partido do filial lugués que queda sen premio A pesares do bo traballo do equipo albivermello, as luguesas non foron capaces de importe á SD Orzán B. No primeiro minuto do […]

Festival da Milagrosa mentres Antas e San Lázaro seguen imparables

Cómoda vitoria do PM Friol ante o Parquesol O CD Parquesol, en descenso, recibiu a visita das friolesas que nos primeiros 45 minutos despregaron un gran xogo, anotando catro goles, os catro das mesmas botas, as de Yoleidis. Na segunda parte, o PM Friol relaxouse co resultado favorable, concendendo un gol do Parquesol que chegou […]

A SD Antas xa é líder e o San Lázaro non perde comba

As ulloáns lideran a táboa da Segunda mentres que o San Lázaro segue de preto o primeiro posto na Terceira. O PM Friol suma pola vía rápida Menos de 10 minutos lle levou ao PM Friol adiantarse no marcador no partido a domicilio ante o Bergantiños. Foi Margarida ‘Caniço’ quen, no minuto 8′, adiantaría ás […]

PM Friol, SD Antas e San Lázaro suman a base de goleadas

O PM Friol gaña con solvencia a un sempre difícil Victoria Bo partido das friolesas que dominaron o encontro de principio a fin. Só nalgunha contra na primeira parte o Victoria puido facerlles dano, mais non foi así e o PM Friol controlou en todo intre o encontro. Ademais, as xogadoras amarelas conseguiron manter un […]

Carballedo, San Lázaro e Monte Forte únicos equipos que puntúan esta xornada

Derrota ante As Celtas dun bo PM Friol Bo partido das friolesas na casa das Celtas, dominando a posesión de balón e con ocasións de chegada á porta, porén, o balón non entrou. Quen si tivo acerto foi o equipo celeste, que na única ocasión da primeira metade do partido puxo o 1-0 no luminoso. […]

CD Lugo, San Lázaro e Monte Forte golean esta fin de semana

O PM Friol non consegue sumar pese a un gran partido Un dos mellores partidos das friolesas no que vai de tempada que, porén, non conta cun resultado acorde. As xogadoras do PM Friol foron quen de amosar sobre o céspede unha boa saída de balón, presión… pero o resultado non acompañou. Un par de […]

Herminia, protagonista da xornada do fútbol feminino

Só dous partidos de todo o fútbol feminino da provincia se puideron desputar esta fin de semana. Ambos na comarca de Chantada, onde as recomendacións polas condicións meteorolóxicas permitiron manter o ritmo habitual da competición, aínda que non sen presenza do forte vento e chuvias. A SD Antas imponse ante a SD Chantada Aínda que […]