O PM Friol perde ante As Celtas B nun duelo de altura

A Reigosa converteuse esta fin de semana no escenario dun auténtico duelo polo liderato da Terceira RFEF. O PM Friol (2º) recibía ao líder, o filial de As Celtas.

A eficacia total das celestes deixou sen opcións ás friolesas. As tres chegadas das que dispuxeron as viguesas convertíronas nos tres tantos da vitoria visitante. Nunha xogada rápida, foi Alejandra quen abriu o marcador enviando ás celestes dominando ao descanso.

A segunda metade estivo moi dividida, coa posesión repartida entre ambos conxuntos e con ocasións tamén para os dous equipos, pero mentres as amarelas non eran quen de converter en gol, As Celtas anotou en cada xogada na que chegaron ata a porta de Sara. Paula poría o 0-2 no 55′ e Lucía o definitivo 0-3 no 76′ nun partido de nivel no que o PM Friol mereceu máis pero que, porén; fai máis líderes ás viguesas.

A SD Antas segue coa boa xeira

Xornada a domicilio para as ulloás e nova vitoria para as dirixidas por Óscar Méndez que, malia ser unhas das recén ascendidas á Primeira Futgal, son xa un dos rivais a batir.

Unha gran primeira parte das seoanesas deixou o encontro visto para sentencia grazas aos goles de Goico no 19′, Elisa no 25′ e de novo Goico no 45′. Unha renda de 3 goles sobre o Sárdoma B que levou a unha certa relaxación das ulloás na segunda parte.

Mentres tanto, o Sárdoma B, un equipo moi xoven e rápido non baixaba os brazos. A insistencia das viguesas deu o seu froito no 82 co gol de Lucía que xerou certas dúbidas no Antas. As locais dispuxeron de varias ocasións para seguir recurtando diferenzas pero non foron quen de materializalas para sorte dunha SD Antas a quen se lle puido complicar o partido se tivera durado máis.

Con esta vitoria as ulloás colócanse na 6ª posición e a só 5 puntos do líder: Atlético San Pedro.

O San Lázaro tamén sabe gañar con remontada

Comezaron perdendo as de Rubén Candal na casa do Órdenes malia amosarse superiores sobre o céspede. Foi Anabel quen no 29′ anotaría para o equipo local, obrigando así ao San Lázaro a amosar que tamén sabe gañar con remontada.

As luguesas non só non se viñeron abaixo co gol, senón que melloraron incluso o seu xogo e, tamén coa axuda dos trocos introducidos na segunda parte, puxeron o traxe da remontada para acadar outra vitoria.

No 63′ Kathy puxo o empate 1-1 e ela mesma, no 73′, adiantaba ás luguesas. Aumentou a renda Anita cun tanto no 76′ (1-3) e malia que nunha xogada un tanto desafortunada o Órdenes volvía a recurtar distancias de novo por medio de Anabel no 90′ (2-3) o partido xa estaba visto para sentenza.

Unha mala segunda parte da Milagrosa condénaas ante o Victoria CF C

O partido comezou coas locais, o Victoria CF C, poñéndose por diante grazas a un tempraneiro tanto de Julia G. no 10′. O luminoso non se movería ata o 55′, con dous equipos bastante igualados sobre o céspede. A Milagrosa seguiu loitando e só un minuto despois recurtaría distancias Lucía (2-1). Pero xa no 63′ o tanto de Daniela para pór o 3-1 no luminoso afundiu a moral das lucenses e con ela as súas posibilidades de remontada e o seu xogo.

O mal partido da Milagrosa a partires dese intre condenounas e chegaron os dous tantos de Ariadna para ampliar a vantaxe das viguesas ata o 5-1. Gabriela volvería a recurtar distancias para a Milagrosa no 75′ (5-2) pero o partido estaba, claramente, do lado dun Victoria CF C que non deixou escapar a vitoria na casa.

A Comercial non levanta cabeza

Terceira xornada para a Comercial e terceira derrota consecutiva. As de Vicky Burgo comezaron ben o partido a domicilio ante o Lalín, pero sen gozar de acerto. Quen si o tiña era o conxunto lalinense, que abriu o marcador no 33′ co gol de Paula.

A Comercial seguiu intentando remar para chegar ao porto da vitoria por vez primeira na tempada, pero o tanto de novo de Paula no 61′ afundiunas. As luguesas volveron a baixar os brazos véndose por debaixo no luminoso e axiña Paula volvería aproveitar para aumentar a vantaxe ata o 3-0 no 66′.

Co partido xa totalmente decidido, Eva puxo o definitivo 4-0 no 83′ para a vitoria do Lalín.

Un filial friolés con estrelas estrella a un Monte Forte líder

As lemesas chegaban ao encontro no Luis Bodegas líderes para enfrontarse ao PM Friol B que, ata o momento, colleitara unha vitoria e unha derrota. A priori, todo semellaba indicar que as gran favoritas para levarse o encontro eran as dirixidas por Meilán, pero houbo sorpresa.

E nunca mellor dito porque o PM Friol B dispuxo sobre o verde a tres xogadoras en dinámica de primeiro equipo, aínda que unha delas exercía como porteira malia non ser a súa posición, cubrindo así a lesión da gardameta habitual das amarelas.

Pero a maxia nas botas de Nerea cubriu todas as carencias que puidera presentar o cadro friolés. Imparable sobre o Luis Bodegas, a chantadina fixo un ‘roto’ ás monfortinas que non eran quen de darlle caza. Así, a mediocentro anotou no 20′, 31′, 32′ e no 70′ para facer o seu póker persoal e sentenzar o partido case soa. Noa recurtara distancias no 45 poñendo o 1-3 pero non foi suficiente. Alba e Carla redondearon con cadanseu tanto o resultado final para o filial friolés: 1-6; que deixa colíderes ao Cruces, PM Friol B e Monte Forte, cada un con 6 puntos.

O PM Friol perde ante As Celtas B nun duelo de altura

O Taboada sae do descenso e a

Dejar un comentario

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *