A Axenda: O partidazo da Madalena abre unha nova xornada ligueira

Ademais do derbi mariñán de Preferente, esta xornada tráenos encontros máis que interesantes, de novo con tódalas categorías en liza despois do parón polo festivo do primeiro de novembro. Terceira División – Racing Vilalbés – S.D. Compostela (Sábado ás 16:15 horas na Madalena): o cadro chairego logo de catro xornadas sen coñecela derrota, recibe a […]

O partido da xornada . . . S.D. Sarriana – Ribadeo F.C.: tres puntos pra engancharse á zona de cabeza

Chegamos á décima xornada na Preferente. Decir que é unha categoría igualada sería unha obviedade, pero esta temporada parece que a pelexa pola zona alta será das máis parellas dos últimos tempos. Co Viveiro tímidamente distanciado, seis equipos persígueno con tan só tres puntos de diferencia entre eles. Fisterra e Mugardos, dous recén ascendidos, pero […]

A Axenda do fin de semana (12-13 outubro)

Chega unha nova xornada ligueira. Ademáis do derbi mariñán que protagoniza o Partido da Xornada, ofrecémosvos unha escolma dos mellores partidos para ver ao longo e ancho da nosa provincia. Terceira División – Polvorín – C.D. Barco (Sábado ás 18:30 horas na Cheda): os de José Durán reciben a un dos conxuntos máis en forma […]

A axenda do fin de semana (14-15 de setembro)

No fin de semana no que a Segunda Autonómica bota a andar, e xa con encontros destacados, deixámosvos os encontros máis salientables que se poden ver na nosa provincia. Esta é a nosa escolma: TERCEIRA DIVISIÓN  – Polvorín – Ourense C.F. (Domingo ás 18 horas na Cheda): rival de envergadura o que visita ao filial […]

Diario dun mercado. Episodio 136

Levabamos uns días sen actualizar o mercado. Os movementos van a menos conforme comeza a temporada. A maior parte dos equipos teñen o seu cadro de xogadores case confeccionado. Aínda así, botamos a vista as últimas altas e poñémonos ao día do mercado da provincia. A Primeira Rexional xa botou a andar de forma oficial. […]

A Axenda do fin de semana (31 de agosto – 1 de setembro)

Agardando que se poñan en marcha tódalas categorías do noso fútbol, chega a segunda xornada en Terceira e Preferente. Ademáis, primeira rolda eliminatoria da Copa Deputación. Sábado 31 de agosto – Club Lemos – Puebla C.F. (18:30 horas na Pinguela): non puido ser mellor o comezo do conxunto monfortino. Un triunfo en Dubra, que quere […]

O partido da xornada . . . S.D. Sarriana – S.D.Residencia: os de Meilán poñen a proba o novo proxecto dos sarriaos

Segunda xornada de Preferente e segundo derbi provincial. Despois do disputado no Martínez Otero o pasado domingo, o calendario regálanos outro plato forte do fútbol provincial. Será na Ribela o domingo ás 18:30 horas entre o conxunto local, a Sarriana e a Residencia. O conxunto local comezou a temporada arrancando un punto en Foz, nun […]

A axenda desta fin de semana (24-25 de agosto)

Comezan os fins de semana no que o fútbol será o protagonista dunha boa parte do tempo de lecer de todos nós. Malia que tan só a Terceira División e a Preferente Autonómica botan a andar neste día de San Bartolo, xa temos encontros máis que interesantes. SÁBADO 24 DE AGOSTO Terceira División  – Racing […]

O partido da xornada . . . C.D. Foz – S.D. Sarriana: derbi provincial para abrir boca

Ben seguro que a tódolos futboleiros da provincia se lles fixo longo todo un verán sen fútbol. Malia que a pretemporada cubre en parte eses dous meses sen que rode o balón, xa se precisa a adrenalina da competición. E xa chega este fin de semana, coa posta de longo da Terceira e a Preferente […]

Os equipos de Preferente xa agardan pola competición

Os seis equipos lucenses da Preferente xa teñen, a falta de case un mes para o comezo da competición, as súas plantillas encarriladas a falta de algún reforzo puntual de última hora. Viveiro, Sarriana, Ribadeo, Foz, Lemos e Residencia afrontarán, a partir do 25 de agosto, unha temporada na que a competencia para acadalos seus […]

Diario dun mercado. Episodio 125

Segue o movimento de fichaxes e renovacións na nosa provincia. Un dos principais protagonistas do verán é a Sarriana. Coa plantilla xa perfilada, incorpora a Jimmy, xogador que procede da base do C.D. Lugo. Tamén na Preferente, o Ribadeo anunciou a fichaxe de Coki. O defensor xa vestiu a camisola do clube, pero as dúas […]

Os equipos lucenses de Terceira e Preferente xa teñen calendario

A Real Federación Galega de Fútbol deu a coñecer na tarde de hoxe o calendario de Terceira División, así como os dous grupos de Preferente. Ámbalas dúas categorías comezarán o 25 de agosto e rematarán o 17 de maio na Terceira e o 7 de xuño a Preferente. Na Terceira o fútbol lucense repitirá os […]

Diario dun mercado. Episodio 123

A case un mes para o comezo de liga en Terceira, o Racing Vilalbés segue a apuntalar a súa plantilla. O conxunto chairego asinou ao centrocampista Javi Sandá, procedente do Laracha. Tan só un chanzo máis abaixo, a Sarriana fíxose cos servizos dos irmáns Keko e Jacobo Vilariño, ámbolos dous saídos da canteira do C.D. […]