Palabra de… Omar: «A maxia desa burbulla indestrutible»

Que ten o fútbol que tanto engancha?

Ola a todos e todas. En primeiro lugar quería agradecervos por darme a oportunidade de expresar os meus pensamentos.

O fútbol para min é moito máis que un deporte onde se xoga cun balón once contra once. O fútbol trátase de desfrutar de cada momento, de entender que ás veces se gaña e outras se aprende, de dar sempre o mellor dun mesmo, de levantarse despois de cada golpe, de aprender dos que teñen máis experiencia e axudar aos que teñen menos.

É maxia pois no momento en que a pelotiña comeza a rodar non existen máis problemas que as regras do xogo, entrando nunha burbulla indestrutible que só se rompe cando remata o adestramento ou o partido.

O fútbol ensínache a superarte día a día, a volverte tolo, a descubrir que existen dores máis fortes que as físicas. A ser compañeiro e respectar aos rivais, a sacrificarte e a comprometerte con todos aqueles que rodean este deporte.

É o culpable de boa parte dos meus recordos pois é o deporte que practico dende sempre… Recordos en forma de goles, partidos, vestiarios, entrenamentos, compañeiros, rivais, celebracións, viaxes … pero o mellor de todo é que case todos son bos.

Para min, é sinónimo de paixón e si; pode que sexa un enfermo do fútbol pois quizais polas miñas veas roden más balonciños que glóbulos brancos.

 

Non quería rematar sen facer unha mención especial a todos aqueles pais e nais que empezan neste mundiño seguramente descoñecido para eles sen suxerirlles que deixen desfrutar aos seus fillos e fillas para que vaian a xogar ao fútbol non para ser futbolistas profesionais. Se non para desconectar, estar cos seus amigos, ilusionarse e aprender valores que lles serán moi útiles no día de mañá.

Pois eu 27 anos despois sigo aprendendo e desfrutando deste maravilloso deporte como un neno que acaba de comezar. Aínda que xa empezo a escoitar dende a bancada da afección dalgún deses míticos afeccionados de boina, paraugas e puro en boca entre sorrisos e bromas algún “Pero Omar aínda segues xogando?” E eu  inmediatamente penso que mentres teña ilusión e as lesións mo permitan, máis arriba ou máis abaixo, seguirei unido a este deporte.

Unha aperta.

Omar Rodríguez Ferreiro. Sinónimo de gol. Puro fútbol.

Luca´s Grill
Moreno´s Pizza
Imagen por defecto
Diego Díaz Martínez

Un enfermo do fútbol lucense. Adestrador Nivel-3 UEFA PRO

Artículos: 860

Deja un comentario

Los datos que proporciones mediante este formulario serán tratados por Futbolinlugo como responsable de esta web. La finalidad de la recogida de estos datos se realiza solamente para responder y moderar los comentarios. Estos datos estarán almacenados en los servidores de PROFESIONAL HOSTING, situados en la Unión Europea (política de privacidad de Profesional Hosting). Puedes ejercer tus derechos de acceso, rectificación, limitación y supresión enviando un correo electrónico a diegopolc8@gmail.com.