Diario dun mercado. Episodio 374

Comezamos este novo Diario coas baixas do Viveiro. O club mariñán despediu cun vídeo nas redes sociais aos xogadores que vestiron de celeste o pasado curso e non van seguir este ano no equipo en Terceira RFEF. Son Yepes, Lucas Fanego, Sergio Otero, Schuster, Mayordomo, Sané, Junior, Josemi, Joel, Edgar, Iker Hurtado, Casillas, Barroso, Gorka […]

Diario dun mercado. Episodio 305

Novidades en case tódalas categorías nun Diario con noticias sorprendentes

Palabra de… Santi Real: «Na procura dunha solución»

A última fin de semana de agosto sempre foi tempo de expectación nos campos de fútbol. Clubes que buscaban boas sensacións para afrontar os seus obxectivos, futbolistas con gañas de impresionar aos seus técnicos, outros que trataban de ocultar a desfeita da noite do sábado no céspede, seareiros que continuaban a festa na cantina, etc. […]

O anecdotario: «Aprender a base de paus», por Santi Real

En xeral, non me gusta ser protagonista. En particular, no campo de fútbol prefiro traballar na sombra (probablemente para agochar eivas). Porén, ás veces toca ser o foco no que están postas todas as luces. Hoxe escribo estas liñas para contar unha desas veces nas que tocou ser o centro de atención sobre o verde.

Diario dun mercado. Episodio 112

Xa metidos de cheo no mes de xullo, o mercado segue collendo forza no noso fútbol. Comezamos cun dos nosos que xa fai tempo que traspasou as fronteiras da provincia. O vilalbés Kiko, deixa o Rápido de Bouzas para seguir na Segunda B, desta volta no fútbol extremeño nas filas do Don Benito. Antes de […]

Futbolinlugo, novo producto de Sadam Media Consulting

Esta mañá, Futbolinlugo deu un paso máis na súa curta historia. Coa firma dun acordo histórico e sen precedentes cun dos referentes da comunicación mundial. O acto tivo lugar no Hotel Tallón Eurobuildings de Roupar de Abaixo. Dende o próximo 1 de xaneiro, esta casa pasará a formar parte do conglomerado de empresas e asociacións de […]

Palabra de… Santi Real: «Eu teño a mellor moza»

  Sete e media da tarde. Martes, pleno novembro. Ademais da escuridade propia da época, chove e a temperatura non supera os 3ºC. Toca saír da casa un día máis, percorrer media cidade para coller un autobús ou un coche que nos leve ata o campo de adestramento.

Palabra de… Santi Real: A paréntese da temporada

Na cociña da miña casa está colgada, entre outras moitas, unha foto. Ubicadas na praia barreirense de Fontela-Valea, dez persoas de todas as idades posan ante a cámara do xornal El Progreso en formación de equipo de fútbol. A instantánea é previa á disputa dunha das pachangas que teñen lugar practicamente a diario nos meses […]

Cumplimos un ano… e isto é o que se vén!

14 de agosto de 2016. Nacía Futbolinlugo! Un ano! Nunha mesa dun bar e cunhas publicacións en Twitter. Os inicios nunca foron fáciles! A partir de aí, adicámonos a fidelizar e aumentar á nosa audiencia. Crecer sen perder o que xa tiñamos. De dúas publicacións ou tres diarias na rede do paxariño demos o salto a […]

Diario dun mercado. Episodio 42

Día de Galicia. Hoxe máis que nunca, día do noso fútbol! E como non podía ser doutra maneira, vén cargado de novidades. A principal é a creación dun novo equipo. E feminino! A Mariña xa ten a súa escadra. O Ribadeo FC aposta polas mulleres e traballa arreo para sacar adiante esta grandísima iniciativa. Ademais, […]