Cumplimos un ano… e isto é o que se vén!

14 de agosto de 2016. Nacía Futbolinlugo! Un ano! Nunha mesa dun bar e cunhas publicacións en Twitter. Os inicios nunca foron fáciles! A partir de aí, adicámonos a fidelizar e aumentar á nosa audiencia. Crecer sen perder o que xa tiñamos. De dúas publicacións ou tres diarias na rede do paxariño demos o salto a Facebook. A vosa resposta sorprendíanos! Sentiamos que queriades máis! Todo estaba planeado pero os plans están para romperse!

Así que precipitamos a nosa web seis meses. En vez de sacala este verán, fixemos que vira a luz o pasado xaneiro. Cun esforzo profesional e económico considerable! Un traballo impecable de Xabi Piñeiro, por certo! Deunos un salto de calidade en canto a deseño, algo no que non deixamos de traballar. E que pronto veredes, na nosa nova programación.

Adiantamos os tweets da semana aos luns

Como estamos de cumpreanos, queriamos facervos un agasallo. Porque vós sodes a clave deste éxito. Así que imos explicarvos como vai ser a vindeira tempada en Futbolinlugo. Antes de nada, o fundamental. Segue este mesmo equipo humano ao completo: o noso experto en fútbol afeccionado Iván Calaza e o seu homónimo no fútbol base Santi Real. Ademais dun servidor que lles escribe. A todo isto, sumarémoslle algún patrocinador que pronto conoceredes.

Aumentaremos os contidos e, ao igual que a pasada campaña, teremos seccións fixas. Sen olvidarnos da Última Hora que ás veces surxe! Non dubidedes que Futbolinlugo tratará de estar sempre no ‘foco da noticia’. Os nosos contidos definidos serán os seguintes:

-Os luns chegarán os Tweets máis destacados da semana anterior, acompañados dos destacados da Terceira e a Preferente. Cambiamos formato! Quedarémonos cos tres xogadores máis destacados de cada equipo lucense de ditas categorías, outorgando 3 puntos ao mellor do encontro, 2 ao seguinte e 1 ao noso último sobranceiro.

-Este mesmo formato manterase para a Primeira Galicia, que chegará tódolos martes aos vosos fogares.

-Os mércores estreamos sección, cun modelo xa coñecido. Trasladamos os nosos onces da semana á Segunda Galicia. Serán dous, un para o Grupo Norte e outro para o Grupo Sur.

Os onces da semana serán agora da Segunda Galicia

Os xoves teredes nas vosas cosas as notas da Terceira Galicia. Este ano, en exclusiva, sen compartir espazo coa Segunda. Como vedes, queremos dar un pasiño máis e seguir crecendo con vós. Así mesmo, adiantamos a información do fútbol base tamén a este día. Coma sempre, da man de Santi Real.

-Os venres sorprenderemos cunha reportaxe ou entrevista do noso fútbol afeccionado. Acompañado por outra das novidades da tempada: Qué ver esta fin de semana? Tódolos venres realizaremos un artigo no que destacaremos os encontros máis destacados da próxima semana, para que saibades o que para nós paga a pena ver, se tedes a posibilidade de facelo.

Os sábados ofreceremos unha nova entrega sobre fútbol afeccionado. E outra sobre fútbol feminino ou veterán. Aquí non nos olvidamos de ninguén!

-Para pechar a semana, o domingo será o día do Palabra de… Queremos seguir contando coas vosas experiencias e opinións. E consideramos que o mellor momento para lervos é xusto no día do fútbol por excelencia. Trataremos de que sexa a vosa previa antes de que marchedes a disfrutar dos fermosos campos da provincia lucense.

Agardemos que esta folla de ruta sexa do voso agrado. Qué vós parece? Gustaríanos saber a vosa opinión. Comentádenos no Twitter e no Facebook. Non mordemos e, por enriba, é de balde!

 

Imagen por defecto
Diego Díaz Martínez
Polivalente hiperactivo. Enfermo do "balompié". Só estás a un mal día de ser coma min.
Artículos: 753

Deja un comentario