Diario dun mercado. Episodio 222
O Pol anima un mercado no que se suceden as renovacións
O Pol anima un mercado no que se suceden as renovacións
Importantes novas con respecto aos técnicos así como sonadas renovacións e retiradas
Movementos en todas as categorías neste comezo de agosto
24 horas dan para moito, para novidades en todas as categorías
A capital volve ter equipo na Preferente
O Atlético Escairón comezou onte a pretemporada ás ordes de Escalza. Coa continuidade de xogadores coma Aitor, Alami, Asier, Basán, Félix ou Pandiani. E moitas caras novas: Andrade, Igor (Castro), José Manuel (Castro), Macía (Sarriana), Sergio Pollo (Ferreira), Shelton, Vinicios, Julito (Bóveda) e Rubén Cidre (Ferreira). Sen movernos moito, o Carballedo confirmou á súa decimosexta […]
No Outeiro de Rei renovaron á columna vertebral da campaña pasada: Magic, Dieguiño, Álex, Jony, Trigo, Yago Yebra, Jesu Yebra, Trigo, Diego Redondo, Lucas, Veiga, Kike, Chufi, Aarón e Jorge Pereira. Ademais aseguraron o regreso do extremo Diego López e unha fichaxe de calidade coma o mediapunta Dani Renda, procedente do Lugo B. Así mesmo, […]
Comezamos o noso relato cunha importante ración de banquiños. No capítulo de renovacións, José Durán asumirá o reto do Polvorín na Terceira División logo de conquerir o ascenso. Outro que segue tras ascender é Jesús Gayol, á fronte do Foz. Baixando unha categoría, na Primeira, son moitos os que continúan. Edu buscará o ascenso no […]
Hoxe remata a Primeira Galicia e a Terceira División. A Segunda e Terceira Galicia xa pasaron a mellor vida. E á Preferente quédanlle tres telediarios. Vale que aínda queda moita tela que cortar. Non vos digo que non! Especialmente cos ascensos nas categorías de base. E os campións das Copas Deputación. Aínda así, todos sabemos […]