O mercado de fichaxes en Futbolinlugo

Hoxe remata a Primeira Galicia e a Terceira División. A Segunda e Terceira Galicia xa pasaron a mellor vida. E á Preferente quédanlle tres telediarios. Vale que aínda queda moita tela que cortar. Non vos digo que non! Especialmente cos ascensos nas categorías de base. E os campións das Copas Deputación. Aínda así, todos sabemos que os rumores xa se empezan a suceder. Que comezan os cambios, as fichaxes, as baixas, os bailes de banquiños.

Tamén sabedes que somos un tanto pesados. Non vos ides librar tan facilmente de nós. E máis, se pensabades que vos ibades librar de nós no verán, errastes. Tódolos días haberá contidos novos na nosa web. Deixando algunha que outra sorpresa a un lado, traémosvos o ‘hit’ do verán: Diario dun mercado. A partires do 1 de xuño e ata finais de agosto, a nosa programación e seccións fixas cambiarán drásticamente. Tranquilos, non vos poñades nervosos. Seguirá habendo Onces e Notas ata que acaben as Copas. Unha cousa non quita a outra! Iso sí, queremos levarvos toda a actualidade. E todos os movementos do noso fútbol da mellor maneira posible.

Por iso, pensamos en facer o Diario dun mercado. Cada 48 horas máximo, teredes un novo episodio deste particular diario. Toda a actualidade da que nos fagamos eco, a teredes á vosa disposición. Aínda así, queremos que nos axudedes. Entre todos, podemos facer un estudo perfecto do baile de cromos estival. Deste xeito, se vos enterades de calquera novidade do noso fútbol (afeccionados, base, feminino, ilustres emigrantes…); facédonolo saber a través do Facebook, Twitter ou do noso correo electrónico futbolinlugo@gmail.com Imos amenizarvos as vacacións. Xa o veredes 😉

Imagen por defecto
Diego Díaz Martínez
Polivalente hiperactivo. Enfermo do "balompié". Só estás a un mal día de ser coma min.
Artículos: 754

Deja un comentario