As grandes apostas do Racing Villalbés

A filosofía do Racing Villabés nos últimos anos está sendo clara: apostar pola xente da casa para formar un grupo sólido de xogadores que compitan cada domingo. Nos últimos anos, futbolistas como David Vérez ou Aitor Moreda tiveron un imporante papel na Terceira División despois de pasar toda a súa vida nas distintas categorías do […]

Diario dun mercado. Episodio 191

Rematando o mes de agosto, moitos clubes lucenses continúan a ultimar detalles para dar por pechados os cadros de xogadores de cara á temporada 20/21, pese a que o transcurso da mesma sexa incerto.

Diario dun mercado. Episodio 187

Pese á incertidume que rodea o inicio de temporada e o transcurso da campaña 2020/2021 por mor da complicada situación que estamos a vivir, os clubes de toda a provincia traballan arreo para configurar cadros de xogadores competitivos de cara a este ano deportivo.

Diario dun mercado. Episodio 153

Onte houbo unha moreira de novidades no mercado. Porén, os nosos clubes non descansan e as notificacións con fichaxes, renovacións… non deixan de chegar. Hoxe, un novo Diario dun Mercado con sorpresas! Comezamos pola Terceira División, onde seguiremos desfrutando un ano máis de Fernando Cuadrado, que renova o seu compromiso co Racing Villalbés.

Diario dun Mercado. Episodio 151

Esta semana estivo marcada polos movementos do mercado. Renovacións, marchas, retornos e sorpresas levan sendo protagonistas desde fai varios días, e hoxe non será menos. Chega unha nova edición do Diario dun Mercado moi cargadiña, especialmente en canto á Primeira Galicia.

Diario dun mercado. Episodio 149

Nos últimos días non damos abasto. Tal e como levamos dicindo varias semanas, o mercado de fichaxes parece ultimamente un volcán en erupción que non da tregua. Apenas 24 horas despois de publicar o capítulo número 148 do Diario dun Mercado, velaquí a edición número 149!

Diario dun mercado. Episodio 146

Apenas tres días sen facer a habitual actualización dos movementos no mercado e as novas acumúlanse. Nesta nova edición do Diario dun Mercado, as novidades aparecen en practicamente todas as categorías.

Diario dun Mercado. Episodio 143

Importantes novas con respecto aos técnicos así como sonadas renovacións e retiradas