Futbolinlugo celebra o seu primeiro congreso

Así é a novidosa iniciativa desta casa

Voltamos a Burela. A fermosa terra das primeiras veces. Alí iniciamos a marabillosa andadura do All Star. E agora estreamos congreso da man do seu Concello. O vindeiro sábado 14 de novembro, a vila mariñá convertirase de novo no epicentro do fútbol galego. O salón de conferencias do consistorio será o escenario das I Xornadas Futbolinlugo Burela Bonita. Unha iniciativa aberta a todo amante do balompé, desde adestradores a afeccionados en xeral. Na que sete relatores de luxo retransmitirán para o mundo enteiro a súa particular maneira de ver este deporte. O primeiro deles tédelo no vídeo desta noticia. Non é outro que Simón Lamas, o prometedor técnico do Racing Villalbés. O resto dos técnicos coñecerédelos nos próximos días nas nosas redes sociais.

A dichosa pandemia obríganos a crear unha atmosfera segura e case exclusiva, na que só daremos cabida a un número moi limitado de asistentes (por estricta orde de inscrición no noso correo futbolinlugo@gmail.com). E a custe cero, totalmente gratis. No entanto, ninguén quedará fóra desta nova festa do fútbol. Grazas ás novas tecnoloxías, cun directo por streaming, estaremos nas vosas casas para pasar un fermoso día de fútbol sen que rode o balón. Unha cita obrigatoria que comezará sobre as 10.30 horas e terá a súa clasura ao redor das 19.30 horas.

Xa sabedes que nos gusta innovar, así que buscamos un formato atractivo e diferente ao habitual. No que cada detalle está cuidado ao milímetro, dende o contido de cada charla ata a propia publicidade. De feito, os asistentes presenciais contarán coa posibilidade de vivir unha experiencia única en Burela. Na que as conferencias non sexan o único argumento. Por iso, pecharemos cun restaurante da vila un menú a un módico precio para todo o que se queira quedar a comer alí.

Pero imos ao realmente importante! En que consisten estas xornadas? Serán unha serie de seis ponencias de media hora de duración cada unha, cunha rolda de dez minutos de preguntas a cada un dos relator@s. Os cales mesmo chegan dende bancos de Segunda División B, Terceira ou o mesmísimo fútbol profesional, entre outros.

Todos eles respostarán ás cuestións que nos chegarán desde a propia sala ou desde diferentes fogares do planeta grazas ao online. O fin de festa será pola tarde, cunha mesa redonda cos relatores antes da posterior clausura. Totalmente aberta ás demandas dos asistentes in situ ou na rede, tocando diferentes aspectos e inquedanzas futbolísticas, na que o noso Iván Calaza exercerá de mestre de cerimonias. Os nosos seguidores van decidir de que se fala. Máis interactivo imposible! En definitiva, un día de fútbol co máis sonado do panorama de adestradores lucense e galego. E totalmente gratis. O noso fútbol non para!

Imagen por defecto
Diego Díaz Martínez
Polivalente hiperactivo. Enfermo do "balompié". Só estás a un mal día de ser coma min.
Artículos: 753

Deja un comentario