Diario dun mercado. Episodio 162

É martes, día de novidades importantes

Volven as novidades na Terceira Galega. O Racing Villalbés contará unha campaña máis cun ‘clásico’ para a súa portería. Javi Pita ‘O Gato do Vicedo’ competirá pola titularidade co meta Javi Rumbo. ‘Los Javis’, os gardiáns da Magdalena.

Nas terras de Javi Pita, está o Folgueiro afinando o seu proxecto deportivo para esta vindeira temporada. O primeiro paso son sempre as renovacións. E continuarán na disciplina do equipo os porteiros Joni e Javi así como os defensas Barri, Borja, Kike, Miguel, Lomba e Pablo. Na medular mantéñense Oki, Martínez, Pedro, Zeus, Dieguito e Iago. Para o gol quedarían os Diego Cora, Renato, Kiños e tamén ‘o principito’ Aurelio. O club agarda tamén contar con Tichi, lesionado dende o pasado decembro.

Edrosa, na súa etapa en Castro

Na Primeira Galicia chegan máis novidades. O dianteiro Javi Fraga convertirase nas próximas datas nun argumento ofensivo máis, e de peso, para o ataque do Pol. E por fin, chegan noticias alentadoras do Castro. Sabugo será o seu presidente e Dumi, un auténtico todoterreo. O capitán portará o brazal unha temporada máis, ao mesmo tempo que coordinará e dirixirá na base vermella. Tarefa compartida coa dirección deportiva do primeiro equipo. Non se vai aburrir o bo de Dumi este verán! De feito, xa empezou a pechar renovacións. Quiñones, Begonte, Joel, Lois, Noel. Suben de xuvenís Mangel, Raúl, Adrián, Nacho e Torito. E Hugo Buide regresa ao Arturo Pereiro para ocupar o posto que deixa na parcela ofensiva Yelko.

Na Segunda, Traste adestrará ao Chantada B. Ao mesmo tempo que xogará no primeiro equipo e coordinará a base. Outro home con pouco tempo libre! E un último apuntamento de Preferente. A Residencia pechou a renovación do seu home-gol Veloso así como a incorporación de talento para a súa mediapunta. Gonzalo Edrosa vestirá a branquiazul despois do seu breve paso polo Outeiro de Rei.

Imagen por defecto
Diego Díaz Martínez
Polivalente hiperactivo. Enfermo do "balompié". Só estás a un mal día de ser coma min.
Artículos: 753

Deja un comentario