Trio de Ases Terceira e Preferente (Xornada 1)

Cando aínda parece estamos na plenitude do verán, chega o fútbol e benvido sexa. A Terceira e a Preferente xa botaron a andar, con sorte dispar para os nosos representantes. Foron quen de acadala victoria a Sarriana e o Ribadeo. O cadro sarriao gañou con autoridade ao San Tirso (3-0) nun encontro no que os […]

Irmandade lucense de sangue na Terceira galega

As previsións apuntan a que a Terceira División, que estrea temporada esta fin de semana, será unha das máis igualadas dos últimos anos polo nivel dos equipos que hai. Á marxe do que vaia dictando a competición, de entrada o que sabemos é que a provincia de Lugo volverá estar representada por dous conxuntos. Despois […]

Os nosos equipos de Terceira, a exame

De novo o fútbol lucense volta a contar con dous conxuntos lucenses na Terceira División. Logo de que nos últimos anos Ribadeo e Castro tiveran presencia na categoría, na pasada temporada só o Racing Vilalbés foi o que paseou o nome da nosa provincia por toda a xeografía galega. Ademáis do conxunto chairego, o Polvorín […]

Diario dun mercado. Episodio 93

O Racing Vilalbés continuará capitaneado por Pablo Vivero. O club fixo oficial a renovación do mediocentro por unha temporada polo que cumprirá a súa vixésimo cuarta no cadro chairego. Ademais, o equipo adestrado por Juan Peón, comunicou a renovación do central Diego Muíña. Na Primeira o Santaballés reforza a defensa coa chegada de Alberto Cornide […]

Os nosos equipos de Terceira e Preferente xa teñen calendario

Na tarde de hoxe, a Federación Galega de Fútbol deu a coñecer o calenadario da Terceira División, así como da Preferente Autonómica nos seus dous grupos, Norte e Sur, para a temporada 2018-2019. Ámbalas dúas competicións darán comezo a fin de semana do 25 e 26 de agosto. Na Terceira División, o fútbol lucense contará […]

Diario dun mercado. Episodio 75

O fútbol feminino continúa medrando na provincia, despois de que a SD Chantada fixese oficial o regreso aos terreos de xogo do seu equipo de fútbol. Once anos despois, o Chantada feminino volve estar federado e xa conta con Andrea, Belén, Iria, Marian, Mirian, Natalia, Noela e Rocío. O conxunto chantadino comparte protagonismo nesta pretemporada […]

Diario dun mercado. Episodio 70

O proxecto do Racing Vilalbés para a temporada 2018/2019 comeza a coller forma despois de que o club fixese oficial as primeiras renovacións e dúas caras novas. O gardamallas Javi Pita, os defensas López e Vérez, os irmáns Jose e Javi Varela e o dianteiro coruñés Álex Pérez continúan no cadro chairego que dirixirá Juan […]

Óscar Gilsanz: «É o momento de cambiar cousas para que nada cambie»

  O refrán di que un non é de onde nace, senón de onde pace. Aínda que non sempre é certo, cando menos onde se pace queda un recordo especial. E en Vilalba paceu os últimos catro anos Óscar Gilsanz (Betanzos, 1973) facéndolle honra ós enxeñeiros de camiños e enlazando na súa ruta case diaria […]

Palabra de Iván Calaza…O sentir do equipo da vila

Xa parece que nos afixeramos a que a partir de agora os luns polas tardes había sorteo, que ía tocar lonxe de novo, que os rivais tiñan que colocar a Vilalba no mapa ou que o teu veciño, que non ten ningún interese no fútbol, che preguntara a onde ía o Vilalbés desta volta. Non […]

Xusto Pardeiro (Rácing Vilalbés): «Despois da parada de Pita sentinme moi liberado»

É difícil actuar cando afrontas unha circunstacia na que nunca te viches, pero é moito máis fácil se o fas con aqueles que te levaron ata alí. O Racing Vilalbés encara por primeira vez na súa historia a segunda eliminatoria dunha fase de ascenso á Segunda B. Este domingo (16:30h) chega á Madalena o Levante […]

Palabra de… Javi Pita: «Viaxe a Pulpí»

Finais de maio e aquí seguimos adestrando e competindo a fin de semana, quen nolo ía decir aló polo 24 de xullo… Situámonos en Ribadumia, domingo 6 de maio; cara as 20:00 remataba o encontro entre o Ribadumia e o Racing Vilalbés. Non era un final de partido como os outros 36 que levabamos ata daquela, […]

O partido da xornada . . . dous derbis que deciden a permanencia en Preferente

Coas restantes categorías do noso fútbol xa embarcadas na disputa da Copa Deputación, a Preferente tamén baixa o pano este fin de semana. Cinco conxuntos xa non poñen en xogo máis que a honra de logralos tres puntos. O Polvorín xa co ascenso no peto, Ribadeo e Castro sen opcións de ascenso e Escairón e  […]

Pablo Vivero: «Tiña gañas doutra fase pero sen ánimo de desquite»

Non leva a conta dos partidos que portou a camisola vermella e verde do Racing Vilalbés, e non é para menos. Tampouco nós nos acordamos do que facemos cada domingo dende hai 23 anos. Pablo Vivero (6-12-1979), de Gontán a capitán, pasando por un ascenso á Terceira, unha volta á Preferente e a consolidación final […]

O partido da xornada . . . os descensos na Primeira xóganse en catro campos

Chega a derradeira xornada de competición na Primeira Autonómica. Co peixe vendido na parte alta desde fai un par de xornadas, a atención céntrase na loita pola permanencia nunha categoría que pode ser moi castigada polos arrastres por mor da cascada de descensos de categorías superiores. Sen saber aínda se algún equipo de Terceira acada […]

Pulpí: lugar cosmopolita, de horta, de praias e de fútbol

Pasaban ás seis da tarde do 12 de maio de 2018 cando saíu a bóla do Racing Vilalbés. Por segunda vez na súa historia o equipo chairego poñía o seu nome no sorteo da fase de ascenso á Segunda División B en Las Rozas, o que vén sendo o sorteo da «Champions» no fútbol modesto. […]