#Fútbol afeccionado #Campus e Xornadas #Primeira Futgal #Social

Adrián Soto (Santaballés): «É un adeus ao fútbol definitivo»

Adrián Soto do Santaballés

Dentro do fabuloso persoal que conforma o Campus Futbolinlugo Burela Bonita atópase unha lenda do Santaballés como é Adrián Soto. Despois de dez tempadas no club e de establecelo con solidez na Primeira Futgal, incluso cun ascenso á Preferente, ten decidido que vai colgar as botas de xeito definitivo. Unha lenda do fútbol chairego que decide deixalo con moita felicidade despois de manter a categoría un ano máis despois dun curso con dificultades debido á gran igualdade que hai na categoría.

«Co que máis me quedo é con todos os amigos que fixen»

Experiencia no Campus: «É súper chulo ser monitor. Xa o ano pasado foi moi ben e este ano acompañounos o tempo. Os rapaces son espectaculares».

Retirada: «Decidín deixalo primeiro por cansancio e porque os amigos de toda a vida tamén marchan. Creo que é un bo momento porque conseguimos manter ao Santaballés na Primeira Futgal, algo que nos costou pero creo que os rapaces que quedan van facer grandes tempadas. É un adeus totalmente definitivo, espero buscar outros deportes que me gusten».

O que lle deu o fútbol: «Sobre todo a humildade, o traballo en equipo e todas as amizades que fixen ao longo deste camiño, que é co que máis me quedo».

Adrián Soto (Santaballés): «É un adeus ao fútbol definitivo»

Diario dun mercado. Episodio 529