Esta semana comezan a Terceira División e a Preferente Norte, nas que os nosos clubes buscaran sumar os primeiros puntos dunha prometedora campaña. Porén, as categorías autonómicas terán que agardar un par de semanas máis, de aí, polo que os clubes que militan nelas atópanse a apurar as últimas incorporacións!

Así, o Riotorto anunciou a renovación do gardamallas Parapar, así como a fichaxe de Alex Remiro, procedente do Pol. Precisamente a Pol chega o mediocentro Xoel desde Outeiro de Rei. Asemade, o Atlético Escairón fixo oficiais as renovacións de Toti e Alami, aos que se suma unha nova incorporación, Roque.

https://www.cdlustore.com/13-equipacioneshttps://www.cdlustore.com/13-equipaciones

Na Segunda Autonómica, os protagonistas son os porteiros: Pedro chega ao Portomarín, Pablo Miragaya ao Roupar e Javier Noche -con pasado na base do CD Lugo- ao Muimenta. Tamén, o Cospeito de Chus incorpora a Paulo Sousa, que o ano pasado xogaba no Rioaveso e no Vilalba FS, ademáis de anunciar a presencia de xogadores xuvenís no primeiro equipo. O Candelaria ficha a Cleiton, que vén de facer a pretemporada co Burela mentres que, no outro extremo da provincia, o central Chivas e o gardameta de case 47 anos Emilio Castro renovan no Incio. Ademáis, o Río Sil asina ao mediocentro Juan.

Por último, no fútbol feminino, Paloma será nova xogadora do Carballedo, mentres que a Comercial suma ao seu cadro de xogadoras a Natalia e Yolanda (que chegan desde o fútbol sala) e a Xiana e Sandra, do Friol.

Luca´s Grill
Moreno´s Pizza
Imagen por defecto
Santi Real

De campo en campo. Maniaco do fútbol. En formación continua, aprendendo cada día.

Artículos: 525

Deja un comentario

Los datos que proporciones mediante este formulario serán tratados por Futbolinlugo como responsable de esta web. La finalidad de la recogida de estos datos se realiza solamente para responder y moderar los comentarios. Estos datos estarán almacenados en los servidores de PROFESIONAL HOSTING, situados en la Unión Europea (política de privacidad de Profesional Hosting). Puedes ejercer tus derechos de acceso, rectificación, limitación y supresión enviando un correo electrónico a diegopolc8@gmail.com.