Diario dun mercado. Episodio 191

Rematando o mes de agosto, moitos clubes lucenses continúan a ultimar detalles para dar por pechados os cadros de xogadores de cara á temporada 20/21, pese a que o transcurso da mesma sexa incerto.

A incertidume do PM Friol ante o novo Reto

A Covid-19 trouxo unha morea de incertezas e de incertidume ás nosas vidas. Pero nós estamos aquí para falar, en concreto, de fútbol. Este deporte, como non podía ser doutro modo, tamén se viu alterado polo dichoso bicho. Non fai moitas semanas saían rumores de que, quizais, o fútbol «non-profesional» non comezaría até o vindeiro […]

Covi Regueiro (PM Friol): «Non cremos nas xogadoras ascensor»

A resolución das competicións xa é un tema pasado. A maioría dos clubs xa miran con ilusión a idea de volver comezar e esquecerse desta primavera 2020. Non obstante, a incerteza aínda manda no ambiente. E no futuro haberá que asumir as consecuencias precisamente da resolución das ligas. A diferenza, por exemplo, da Terceira Rexional […]

Andrea Mirón: «Sei que algún día volverei ao Friol»

Comezan a chegar as primeiras novidades no PM Friol. Andrea Mirón e Natalia Loa non continúan no proxecto friolés. A  pontevedresa afíxose ben ao interior; aínda que ela é moito máis de praia. No 2019 conseguiu a medalla de ouro coa selección española de fútbol praia nos Primeiros Xogos Mundiais de Area. Nese momento, Andrea […]

Ángel Villar, PM Friol: «Quen nos diría que iamos chegar aquí»

O campo de fútbol da Reigosa, en Friol, agocha unha das maiores fazañas futbolísiticas da historia da provincia. Unha vila que ten como orgulloso representante en categoría nacional ao PM Friol, un clube referencia do fútbol feminino provincial e autonómico. Unha vila de 4.071 habitantes (datos do INE) cuxo conxunto local chegou até a segunda […]

Un filial en racha e moitas victorias!

A pasada fin de semana foi -en xeral- positiva para as nosas rapazas. Porén, o clube máis icónico da provincia, o PM Friol, caeu na Reigosa ante unha SD Éibar que gozou de maior efectividade ao longo dos noventa minutos e superou ao conxunto presidido por Ángel Villar por 0-3.

Tres puntos balsámicos, unha mellora de actitude e unha primeira derrota

O PM Friol disputou o seu partido nº400 en competición oficial na casa do Pozuelo de Alarcón. Alí, tras un gran partido de ambos equipos, Jone decantou a balanza a prol das lucenses cun solitario gol no minuto 74, conseguindo así as da Reigosa tres puntos vitais para a súa permanencia no Reto Iberdrola!

O fútbol provincial en negro acompañado dun dato histórico

Na pasada fin de semana os comezos dos partidos tiveron na súa maioría un nexo común. Ademais o PM Friol conseguiu unha vitoria moi especial. O fútbol provincial en negro Moitos clubs da provincia saíron a pasada fin de semana con mensaxes de repulsa á violencia machista. Varias das iniciativas son impulsadas polos distintos concellos […]

Victorias contundentes, derrotas dolorosas e unha «pichichi» moi goleadora

Unha semana máis, coincidindo coa folga das futbolistas da Primeira División, as nosas guerreiras dignificaron o seu labor dentro do terreo de xogo. O PM Friol continúa a súa complicada e tediosa andaina no Reto Iberdrola, caendo esta vez na Reigosa ante o Athletic Club de Bilbao «B», un dos equipos punteiros da competición, por […]

O PM Friol solidarízase coas súas compañeiras e o Muimenta vístese de negro

Unha nova entrega de As Nosas Redes Falan. O PM Friol e o Athletic Club B estiveron un minuto sen xogar ao inicio do partido. O Muimenta deulle visibilidade á campaña En Negro Contra As Violencias. O Celta Barreiros comezou a preparar o derbi co Alfoz nas redes sociais. Solidariedade coa folga das compañeiras Foi […]

A Axenda: o filial do Athletic visita a Reigosa

Ademáis do noso Partido da Xornada, presentámosvos a nosa Axenda para este fin de semana, que nos trae un derbi provincial en Preferente ou a visita dun histórico á Reigosa, entre outros moitos encontros de interese. Terceira División – Polvorín – U.D. Ourense (Domingo ás 16:15 horas na Cheda): co obxectivo de acadar a terceira […]

O PM Friol consegue a súa primeira vitoria a domicilio

Fíxose de rogar. Tiveron que pasar xornadas para que o PM Friol acadase os seus primeiros puntos lonxe da Reigosa. E o fixo ao grande, vencendo a todo un Sporting de Gijón en Mareo (0-1) cun gol de Fanny no minuto 2 que serve ás lucenses para afastarse da zona de peligro e afianzarse na […]

Unha internacional goleadora e moitas victorias a nivel autonómico

Neste novo xoves, repasamos a xornada do fútbol feminino provincial, que deixou un balance bastante positivo, agás pola derrota do PM Friol na súa casa ante o Zaragoza por 1-3. Nun choque no que A Reigosa estivo ateigada de siareiros, as aragonesas impuxéronse con autoridade a unhas luguesas cuxa mellor nova foi o gol que […]

O fútbol lucense tamén se uniu ao ‘Reto José María García’

A última semana houbo que escoitar cousas desagradables. Por sorte, aínda queda quen saca partido ata dos aspectos máis negativos. E tamén contamos nesta sección como reina a deportividade e o bo exemplo no fútbol de sempre. Ademais o balompé nunca perde a súa cara solidaria. Boa noite e saúdos cordiais! “Si es que el […]

Lucía Pardo ‘LP’, a primeira muller lucense nunha selección española

Tarde ou cedo tiña que chegar. Fose nunha categoría existente ou nalgunha inventada que polo momento non se sabe exactamente cal será a súa utilidade. Pero o certo é que estará aí. Lucía Pardo Méndez “LP” vai portar a camisola da selección española. “Viña de clase este mércores no coche con meus pais e vin […]

As nosas guerreiras da fin de semana

Con todas as competicións femininas comezadas, retomamos unha das seccións máis importantes da nosa web, na que facemos un breve resumo do que foi a xornada para as nosas futbolistas e, como novidade, introducimos ás xogadoras máis destacadas de cada choque!

As nosas xa teñen calendarios

O fútbol feminino, ao igual que o masculino, volve á nosa provincia. As futbolistas que militan na SD Chantada, Carballedo CF, PM Friol «B», CD Lugo, Comercial e SD Antas xa coñecen os seus calendarios e contan os días que restan para o momento no que comecen as competicións.

O gran reto do PM Friol

O campo da Reigosa, en Friol, será testigo dunha campaña histórica para o conxunto de féminas da vila. Tras unha gran temporada, as friolenses acadaron un ascenso que outorgaba ao clube o dereito de xogar na Primeira División «B» na 19/20.