Unha internacional goleadora e moitas victorias a nivel autonómico

Neste novo xoves, repasamos a xornada do fútbol feminino provincial, que deixou un balance bastante positivo, agás pola derrota do PM Friol na súa casa ante o Zaragoza por 1-3. Nun choque no que A Reigosa estivo ateigada de siareiros, as aragonesas impuxéronse con autoridade a unhas luguesas cuxa mellor nova foi o gol que asinou Lucía Pardo logo de ser “trending topic” toda a semana por ser a primeira lucense convocada cunha selección española.

Na Primeira Galicia, o filial friolense venceu con autoridade ao Arcadia, 3-0, nun duelo controlado de principio a fin no que as goleadoras foron Denise, Vero Loureiro e Nerea Rodríguez. A SD Antas, pola súa banda, reencontrouse coa victoria logo de tres xornadas sen puntuar e superou por 0-1 ao Concello de Boiro cun solitario gol de Nuria no minuto 81.

Mentres que na Segunda Galicia e no Grupo 2 da primeira fase de Fútbol-7 houbo parón, sí que se competiu no Grupo 1 de Fútbol-7, no que a SD Burela se impuxo pola mínima, 3-2, ao Carral “B”, tras un choque moi igualado que se decidiu pola pegada das locais.

Imagen por defecto
Santi Real
De campo en campo. Maniaco do fútbol. En formación continua, aprendendo cada día.
Artículos: 459

Deja un comentario