A SD Antas está xa na final da Copa Deputación

O Monte Forte gaña con claridade á Comercial no Luis Bodegas Nada ao dereito lle saiu á Comercial na súa visita ás Terras de Lemos. Partido no que o Monte Forte dominou de inicio a fin, con moito máis éxito que as luguesas, que firmaron un partido para esquecer. As de Meilán anotaron 3 goles, […]

Empate ante as líderes para unha SD Antas xa ascendida

A SD Antas, xa ascendida, remata a Liga con empate ante o líder A SD Antas chegaba á cita pola desputa do título de Liga na última xornada despois de firmar unha tempada espectacular na que, ademais de asegurarse o ascenso e rematar, finalmente, no 3º posto da táboa, foi capaz de puntuar en todos […]

A SD Antas certifica con vitoria o seu ascenso

Final de Liga con vitoria do PM Friol no derbi ante o CD Lugo Xornada 30 de Terceira RFEF e derbi, para rematar a tempada por todo o alto. O CD Lugo recibía no seu campo ao PM Friol, ambos equipos coa permanencia asegurada e sen aspiracións de ascenso, polo que o partido se agardaba […]

O San Lázaro vence e segue na loita polo ascenso

SD Antas e Monte Forte tiveron xogada de descanso. A efectividade do Sárdoma derrota ao PM Friol Pese ao resultado (PM Friol 2 – 4 Sárdoma), o partido foi máis igualado do que se podía pensar e máis cando as friolesas quedaron con 10 xa na primeira parte. O Sárdoma saiu con forza ao partido […]

O PM Friol B leva o derbi de filiais

O PM Friol non pode co líder As friolesas recibiron esta fin de semana ao RC Deportivo B nun partido tremendamente igualado e intenso por parte de ambos conxuntos. A primeira parte, aínda que igualada, foi de maior dominio das friolesas, porén, foron as coruñesas as que puxeron 2 goles no marcador. O primeiro das […]

SD Antas e San Lázaro, lanzadas a polo ascenso

CD Lugo e PM Friol descansaron esta fin de semana na que a Terceira RFEF non desputou encontros polo parón de seleccións. Un bo partido do filial lugués que queda sen premio A pesares do bo traballo do equipo albivermello, as luguesas non foron capaces de importe á SD Orzán B. No primeiro minuto do […]

Festival da Milagrosa mentres Antas e San Lázaro seguen imparables

Cómoda vitoria do PM Friol ante o Parquesol O CD Parquesol, en descenso, recibiu a visita das friolesas que nos primeiros 45 minutos despregaron un gran xogo, anotando catro goles, os catro das mesmas botas, as de Yoleidis. Na segunda parte, o PM Friol relaxouse co resultado favorable, concendendo un gol do Parquesol que chegou […]

O CD Lugo suma tres importantes puntos

Empate nun gran partido do PM Friol Despois da mala imaxe da xornada pasada, o PM Friol amosou ante o Villa de Simancas unha cara ben distinta. As friolesas saíron ao campo moi enchufadas, competindo moi ben e facendo un gran partido. Porén, adiantouse o Villa de Simancas nunha xogada a balón parado. Antes de […]

O San Lázaro non ten disfrace de perdedor

Esta fin de semana o fútbol feminino da Segunda e Terceira Futgal estaba de descanso, mais aproveitouse para xogar os encontros adiados da xornada afectada polo temporal Herminia. Tormentosa xornada para o PM Friol O PM Friol volveu perder – como xa sucedera na primeira volta – contra o Lóstrego. Un partido no que o […]

A SD Antas xa é líder e o San Lázaro non perde comba

As ulloáns lideran a táboa da Segunda mentres que o San Lázaro segue de preto o primeiro posto na Terceira. O PM Friol suma pola vía rápida Menos de 10 minutos lle levou ao PM Friol adiantarse no marcador no partido a domicilio ante o Bergantiños. Foi Margarida ‘Caniço’ quen, no minuto 8′, adiantaría ás […]

PM Friol, SD Antas e San Lázaro suman a base de goleadas

O PM Friol gaña con solvencia a un sempre difícil Victoria Bo partido das friolesas que dominaron o encontro de principio a fin. Só nalgunha contra na primeira parte o Victoria puido facerlles dano, mais non foi así e o PM Friol controlou en todo intre o encontro. Ademais, as xogadoras amarelas conseguiron manter un […]

Carballedo, San Lázaro e Monte Forte únicos equipos que puntúan esta xornada

Derrota ante As Celtas dun bo PM Friol Bo partido das friolesas na casa das Celtas, dominando a posesión de balón e con ocasións de chegada á porta, porén, o balón non entrou. Quen si tivo acerto foi o equipo celeste, que na única ocasión da primeira metade do partido puxo o 1-0 no luminoso. […]

A SD Antas remata a primeira volta líder

O PM Friol comeza o ano gañando con contundecia Aínda que os paróns longos, coma este de Nadal, son unha incógnita para o estado de forma dos equipos, o PM Friol semella ter ben amarrado o seu xogo e anota no seu casilleiro particular outros tres puntos no primeiro partido do ano. O encontro comezou […]

Goleadas da SD Antas, Carballedo e CD Lugo B e para pechar o ano

A SD Antas almórzase ó FC Porriño Pouco lles importou ás xogadoras do Antas xogar de mañá en Porriño. Partido moi cómodo para as adestradas por Dani Abelairas que axiña se adiantarían no luminoso cun gol de Nuria a pase dende o curruncho de Elisa. A encargada de pór o 0-2 no marcador foi unha […]

O vento, protagonista da xornada, non pode co San Lázaro

Demasiado castigo para o PM Friol na coruña Un 4-0 no marcador como o que indicaba o luminoso ao finalizar o partido RC Deportivo de La Coruña ‘B’ ante o PM Friol podería levar a pensar que foi un auténtico paseo e partido de «apisonadora» das coruñesas, pero nada máis lonxe da realidade. Probablemente as […]

Milagrosa e Monte Forte gañan cun festival de goles

O CD Lugo soñou por un momento coa vitoria ante o líder, o todopoderoso Olímpico de León. As luguesas adiantáronse cun gol no minuto 1, nada máis comezar un partido no que querían xogarlle de ti a ti ás líderes. Porén, as leonesas fixeron valer a súa posición de líderes e déronlle a volta ao […]

O PM Friol e CD Lugo suman nunha xornada na que tampouco falla a SD Antas

O PM Friol volve á senda da vitoria As friolesas foron quen de quedar coa vitoria na casa ante o Real Oviedo II, nun partido no que as locais mereceron gañar. Dende o inicio, o dominio e a intensidade poñíanas as friolesas, cun bo xogo. As asturianas non eran quen apenas de ter ocasións, pero […]

O filial friolés atopou recompensa

Empate do Lugo no Anxo Carro O desta xornada era un partido especial. O Lugo desputaba o seu encontro ante o Real Sporting de Gijón no Anxo Carro. Foi un choque moi igualado, especialmente na primeira parte, onde se viviu un intercambio de golpes con alternancia no dominio do xogo e reparto das ocasións e […]

Exhibición goleadora dun San Lázaro que apunta alto

O PM Friol xoga á lotaría e tócalle no desconto «O resultado xusto sería un 2-2«, admiten dende o PM Friol e, con esa afirmación pouco habitual do equipo que rematou gañando por un 4-2; resume ben o partido. As friolesas non xogaron ben. As súas rivais, as xogadoras do Bergantiños, aínda que se sitúan […]

O PM Friol B estrea o casilleiro

O PM Friol segue sumando pese a non facer o seu mellor partido. As friolesas non entraron ben no partido aínda que co paso dos minutos conseguiron irse atopando máis cómodas e mellorar no seu xogo. O gol chegaría cun disparo dende fóra da área, pegado á banda, co que o balón entrou na portería […]