Cinco goles para festexar a quinta do Goiriz

Intratable se está a amosar o Goiriz neste comezo ligueiro no grupo norte da Terceira Futgal. O quinto Tres en Raia En Boas Mans achéganos outras tantas vitorias do conxunto chairego, que se desfixo con facilidade do Catro Roldas. O Abadín, con tres encontros disputados, é o outro conxunto que se mantén invicto. Nesta xornada […]

Samu Orosa lidera a primeira do Catro Roldas

O Tres en Raia En Boas Mans da cuarta xornada tráenos a primeira vitoria do Catro Roldas. Foi na Canteira diante do Friol B. O Goiriz segue intratable e conta cun pleno de puntos tras golear ao Celeiro. Abadín e Rioaveso gañaron a domicilio, mentres que o Cazás venceu ao Matela nun choque entre dous […]

Sober e Sarriana B gañan de sete

A terceira xornada do Tres en Raia En Boas Mans de Terceira Futgal foi unha auténtica toleada de goles no grupo sur. A Sarriana B venceu por sete ao Bóveda e o Sober fixo o propio na Carqueixa fronte ao Río Sil no derbi. Pero Sporting Lucense e Monterroso B meteron catro cada un a […]

Celeiro e Chantada Atlético B debutan con goleada

A segunda xornada do Tres en Raia En Boas Mans na Terceira Futgal déixanos un triple empate no liderado do grupo norte. Matela, Goiriz e Cazás contan os seus encontros por vitorias, mentras que o Celeiro estreouse con goleada tras o adiamento do seu encontro na primeira xornada. No grupo sur, Monterroso B e Sporting […]

Matela e Monterroso B comezan liderando a Terceira Futgal

Deu comezo a Terceira Futgal e con ela chega o Tres en Raia En Boas Mans. Arrancou a competición con dous líderes sorprendentes vistas as prestacións na pasada campaña de ámbolos dous conxuntos. No grupo norte o Matela goleou na casa á Comercial e comeza a liga no máis alto. O Goiriz sacou o encontro […]

Rioaveso e Río Sil comezan a Terceira Futgal unha semana despois

Coñecemos o calendario da próxima temporada da Terceira Futgal, unha competición que conta con dous grupos na nosa provincia, norte e sur, formados por once conxuntos cada un. A permanencia en Primeira Futgal da Milagrosa, aínda que desprazado a xogar ao grupo sexto, fixo que o Mondoñedo mantivera a súa praza en Segunda, deixando impar […]

Iberia-Guitiriz e Brollón-Friol, os encontros máis destacados do comezo da Segunda Futgal

Fíxose de rogar, pero aquí está o calendario da Segunda Futgal para a temporada 2024/2025. Na nosa provincia contamos con trinta e dous conxuntos divididos en dous grupos, norte e sur, compostos cada un por dezaseis equipos. No grupo norte competirán Celta Barreiros, Guitiriz, Riotorto, Sporting Pontenova, Casás, Piringalla, Cospeito, Muimenta, Mondoñedo, Candelaria, Xermade, San […]

A Preferente 2024/2025 xa colle forma

A Federación Galega de Fútbol comeza a deseñar unha nova temporada no noso fútbol, nun ano marcado en negriña ao ser o primeiro no que os límites xeográficos non determinará a composición dos grupos. A Preferente é a primeira que comeza a coller forma. E o certo é que non se albiscan grandes trocos na […]

As finais polo ascenso están servidas na Terceira Galicia

O Tres en Raia En Boas Mans tráenos aos catro finalistas polo ascenso a Segunda Galicia. No grupo norte, as eliminatorias non nos depararon sorpresas unha vez vistos os resultados dos encontros de ida. Castroverde e Piringalla disputarán a gran final tras eliminar ao Goiriz e Rioaveso, respectivamente. No grupo sur, o Sober venceu ao […]

A Piringalla golea no comezo do play off de ascenso

O Tres en Raia En Boas Mans desta xornada achéganos a primeira eliminatoria polo ascenso a Segunda Galicia. No grupo norte, a Piringalla goleou ao Rioaveso e puxo un pé na final, mentres que o Castroverde venceu na Veiga do Olmo ao Goiriz e afrontará a volta con dous tantos de vantaxe. No grupo sur […]

O Castroverde completa o play off de Terceira Galicia

Chega o último Tres en Raia En Boas Mans da temporada regular na Terceira Galicia, co Castroverde como gran protagonista. Os de Fran Veiga poñían en xogo a última praza para xogar o play off de ascenso diante do Catro Roldas e acadaron un empate que os clasificou para a promoción. No grupo sur, o […]

A penúltima xornada, o gran día de Nico

Non cabe dúbida algunha de que no fútbol máis modesto moitas veces o resultado non é o máis importante. E moito menos cando sucede un feito como o acontecido no Sangoñedo. No encontro que mediu ao Chantada Atlético B coa Sarriana B debutou no fútbol afeccionado Nicolás Moscoso Baskakova ‘Nico’. Un rapaz de dezanove anos […]

O Rubián completa o cuarteto de ascenso directos

O Tres en Raia En Boas Mans desta xornada tráenos o ascenso do Rubián, o cuarto conxunto tras Celta Barreiros, Casás e Páramo que acada o ascenso directo a Segunda Galicia. Os de Senén López venceron á Sarriana B e confirmaron o salto de categoría a falta de dúas xornadas para o final da liga […]

Chegar e encher para un Casás de Segunda Galicia

O Tres en Raia En Boas Mans déixanos o ascenso do Casás no grupo norte. O cadro lucense venceu ao Catro Roldas e logrou dar o salto de categoría no seu primeiro ano de existencia. O Celta Barreiros goleou ao Goiriz e xa é campión, mentres que o Castroverde, o único conxunto do fútbol lucense […]

O Páramo xa é de Segunda

Dous dos catro ascensos directos xa están definidos na Terceira Galicia. O Tres en Raia En Boas Mans desta xornada déixanos a festa do Páramo, que derrotou ao Relámpago Taboada nas Rapadas e xa é novo equipo de Segunda. Preto queda o Rubián, que gañou diante o Santa Comba e aproveitou o pinchazo do Sober. […]

O Celta Barreiros acada o ascenso matemático, o Páramo queda ás portas

A falta de cinco xornadas para o final da fase regular, o Tres en Raia En Boas Mans déixanos o primeiro ascenso do curso na nosa provincia. O Celta Barreiros xa é equipo de Segunda Galicia logo de golear no Cascabeiro á Comercial B. O Casás mantén as diferencias tras empatar co Goiriz nun encontro […]

Goiriz e Sober, as dúas caras do terceiro posto

O Tres en Raia En Boas Mans desta xornada de Terceira Galicia deixa ao Celta Barreiros a un só paso do ser equipo de Segunda. Un triunfo diante do Comercial B outórgalle aos de Rubén Acebedo o ascenso sen ter que mirar a outros campos. O Casás caeu diante do Matela e fai que o […]

O Celta Barreiros queda ás portas do ascenso

O Tres en Raia En Boas Mans da xornada 15 déixanos ao Celta Barreiros con posibilidades matemáticas de ser equipo de Segunda Autonómica na vindeira xornada. Logo do triunfo traballado fronte ao Rioaveso, tres puntos diante do Celeiro xunto a unha derrota do Goiriz levaría aos de Rubén Acebedo de celebración. O Casás, segundo, mantén […]

A terceira vitoria consecutiva outórgalle ao Matela o dereito a soñar

O Tres en Raia En Boas Mans da xornada 14 de Terceira Galicia ten ao Matela como un dos protagonistas. Non abandoa o último posto da táboa clasificatoria, pero comezou o ano como rematou o anterior, cun triunfo, desta volta fronte ao Cazás. Os pupilos de Cuchi atópanse a catro puntos da zona de promoción […]