Matela e Sarriana B completan os ascensos a Segunda Futgal

Goiriz, Castroverde, Monterroso B e Sober xa coñecen aos dous conxuntos que os acompañarán a vindeira campaña en Segunda Futgal. Serán o Matela, que venceu ao Abadín, e a Sarriana B que deixou fóra ao Corgo nun encontro este último que rematou con imaxes das que non queremos ver nunca máis nun recinto deportivo. Analizamos […]

O Corgo, equipo na final de ascenso á Segunda Futgal

A Segunda Futgal está a 2 partidos

Cando a Segunda Futgal está a só dous partidos, das todo para acadar o obxectivo. Eso é o que pasa nas finais da promoción de ascenso en ambos grupos da Terceira Futgal

O Goiriz xa goza do ascenso e o Castroverde precisa un punto

Chegou o primeiro ascenso no Tres en Raia En Boas Mans. O Goiriz culminou unha temporada practicamente perfecta cunha vitoria no campo do Matela e os de Manu Veiga xa son de Segunda Futgal. O Castroverde segue na súa liña e queda a un só punto de festexar o ascenso. Lograrao se suma un punto […]

O triunfo do Corgo comprime a pelexa polo ascenso no sur

O Tres en Raia En Boas Mans desta xornada na Terceira Futgal déixanos goleadas de escándalo no grupo norte. Os dous conxuntos cabeceiros, Goiriz e Castroverde, venceron con moita comodidade a Friol B e Comercial, respectivamente. O Rioaveso gañou pola mínima ao Celeiro e segue aspirando á segunda praza, mentres que o Catro Roldas sorprendeu […]

Diario dun mercado. Episodio 442

Comezamos este novo episodio do noso Diario dun Mercado con novidades en varios conxuntos mariñáns de Primeira Futgal. O Foz anunciou a fichaxe do mediocentro Alberto. O experimentado futbolista retorna ao Martínez Otero, onde xa foi importante durante dúas temporadas, procedente do Xove Lago. O Lourenzá refórzase coa chegada de Miguel Barreira. O defensor retorna […]

Diario dun mercado. Episodio 438

Comezamos un novo episodio do noso Diario coa renovación de Cuadrado na Sarriana. O dianteiro cumprirá a segunda temporada na Ribela e volverá cadrar con Santi Gegunde, con quen compartiu vestiario no Racing Vilalbés. Asier Seijas renova no Atlético Escairón. O monfortino afronta a terceira campaña consecutiva no Municipal e retorna así a Preferente, categoría […]

A derradeira xornada de Terceira Galicia, partido a partido

Chegamos á ultima xornada da liga regular na Terceira Galicia coas catro prazas de ascenso directo xa decididas desde fai varias xornadas. Celta Barreiros, que xa é campión, e Casás lograron dar o salto de categoría desde o grupo norte, mentras que Páramo e Rubián fixeron o propio no grupo sur. Neste último aínda non […]

Diario dun mercado. Episodio 296

Continuamos dando conta das novidades nos conxuntos da nosa provincia, e tamén de fóra dela, aínda que case como se foran da casa. O As Pontes, adestrador por Rafa Casanova, renovou ao ex ribadense Martín Traba e asinou ao gardameta Iván Parapar, ata o de agora na Sarriana. No conxunto da Ribela continuará un ano […]

Diario dun mercado. Episodio 285

O mercado non para. E tampouco a nosa redacción, porque temos que contarvos todas os movementos do noso fútbol. Hoxe, comezamos pola Preferente. Dani Renda e Esteban renovan na Residencia, sumándose así á renovación do corpo técnico que anunciabamos onte. Na Primeira Galicia, pola súa banda, Manolo García «Teipa» será o novo técnico do Riotorto. […]

Diario dun mercado. Episodio 266

O mercado entra en fase ascendente. Hoxe unha de retiradas, adeuses e renovacións.

Yago

Diario dun mercado. Episodio 233

Antes de que comece a segunda semana de agosto damos unha volta polos movementos da provincia. Na Primeira Nacional feminina salienta unha nova incorporación no PM Friol. Ariadna Garriga reforza a banda do conxunto friolés. A futbolista de Sabadell procede do AD Mérida. O Diario dun Mercado lévanos tamén á Mariña. Segundo adianta La Voz, […]

Diario dun Mercado. Episodio 180

Comezamos esta nova entrega do Diario dun Mercado falando de adestradores. O C.D. Lugo non conta con José Durán para o banquiño do Polvorín, e o lucense finaliza así unha etapa na que acadou o desexado ascenso a Terceira, así como dúas permanencias na categoría nacional. Pablo Álvarez, ex xogador do C.D. Lugo e adestrador […]

  • 1
  • 2