Palabra de… Javi Regueiro: «O orgullo de xogar na casa»

Cando o meu amigo Diego me propuxo falar nesta sección, foron moitos os temas que me viñeron á cabeza para poder expoñer, pero crin que o máis xusto era acordarme dos meus, desa xente coa que levo compartindo momentos de bar, clase e fútbol, dende moitos moitos anos. Hai trece anos que Anxo, adestrador das escolas do […]

Previa: Unha Primeira por todo o alto

A Primeira Galicia, versión lucense, comezou o xoves coa disputa do Monterroso-Outeiro de Rei. Un aperitivo do que nos agarda esta fin de semana. O da primeira xornada dunha das competicións máis igualadas e imprevisibles da última década. Dende Futbolinlugo, queremos facer unha breve previa na que trataremos de explicar como chegan os diversos equipos […]

Unha toma de conciencia a tempo

Das catorce xornadas que durou a tempada pasada a segunda fase na Terceira Rexional, só en cinco delas o Cervo estivo en postos de ascenso directo. Despois dunha primeira fase cerrada con números prácticamente inmellorables, o cadro adestrado por Iván Pernas comezou con mal pé o último tramo de competición, aínda que aproveitou o erro […]

A temporada do Burela e o deber cumprido

Para os que coñecen a historia do Burela facíaselles raro ver ao equipo na Segunda Rexional, despois do descenso do curso pasado. Dende o comezo do verán o cadro da Marosa víase como o gran referente da categoría e nel estaban postas as expectativas máis altas. Aínda que este papel ás veces non é fácil […]

Dani Renda: «Foi o broche de ouro, non contabamos cunha campaña tan redonda»

O único sobrevivente. Dani Renda é o único xogador que se mantén do antigo Polvorín. Hai escasas horas que vén de gañar o doblete co filial do Clube Deportivo Lugo. Porén, o xoven mediapunta viviu de amarelo as dúas caras da moeda. Tanto os éxitos recentes coma o sufrimento semanal de loitar por unha permanencia. […]

Un ascenso que non estaba nin nos mellores soños

Proxecto con futuro é o que rexurdiu hai case un ano nun equipo histórico da capital lucense, a SG Comercial. No plan de medrar estaba o de formar un equipo sénior que lle dera saída a canteira que queren volver a ter. Quizais, nin nas máximas expectativas estaba a de ascender á Segunda Rexional cando […]

Historia viva en multimedia: Rácing Villalbés-Atlético Levante (1-1)

Din que o párroco de Vilalba aínda está de morros. Que, por un domingo, os fieis estaban máis pendentes do verde da Magdalena que da súa homilía. Iso sí, na porta do campo, fixéronlle un guiño nada máis entrar. Unhas octavillas, flyers para os modernos, con cancións. Doutra relixión pero cun ritmo parecido. A relixión […]

O mérito detrás das expectativas cumplidas

Todas as quinielas os sinalaban coma os grandes favoritos da Preferente. Coma o equipo a batir. Por presuposto, xogadores e pola súa condición de filial do Clube Deportivo Lugo. Non se equivocaban. As ‘perlitas’ xa están no lugar agardado. E prácticamente esixido: a Terceira División. Non foi un camiño de rosas o do Polvorín. Nin […]

Óscar Rivas (Lugo B): «Somos o rival a batir, pero hai que convivir con iso»

Aroma a domingo de verde na provincia, nos prados e nos campos de fútbol. Ese cheiro primaveral inigualable de herba segada, da igual se é de medio metro para ensilar ou dun centímetro para deixar o céspede no mellor estado posible. Domingo no que cantan os páxaros e tamén se pode cantar un ascenso. A […]

Trío de Ases Terceira (Xornada 38) e Preferente (Xornada 36)

Unha gran noticia dentro dunha fin de semana mala. O Racing Villalbés finalizou terceiro despois de gañar ao Laracha por 4-2. Non só levou os tres puntos, senon tamén a mellor puntuación e clasificación histórica do clube. O rival contou cun paisano no lateral dereito, o vilalbés Víctor Eimil. Agora xa toca pensar no que […]

Sarriana-Julio Corral: binomio de éxito

Na Ribela tíñano claro este verán. A aposta era Julio Corral, un auténtico especialista en ascensos. O preparador soberino colecciona diversos éxitos pola zona sur da provincia, onde logrou subir de categoría ao Lemos, Calasancio, Ferreira… E tamén á propia Sarriana con anterioridade. Na vila eran conscientes de que igual non ían ver cada domingo […]

A pequena gran familia volve ao seu hábitat natural

Viaxamos cinco anos atrás. O CD Foz tocaba fondo. Descendía á Segunda Galicia, baixando así de categoría por segunda tempada consecutiva. Era o fin dun ciclo. Lonxe quedaba a Preferente, territorio habitual do conxunto do Martínez Otero. Agora, un lustro despois, o clásico branquivermello mariñán está de volta. Un regreso tan rápido como sólido. Cumplindo […]

Destacados Primeira. Xornada 31

*Riotorto-Bóveda: Encontro moi abero entre dous equipos que só se xogaban os tres puntos. O Riotorto adiantouse na primeira metade, na que tamén viu como lle anulaban un gol. Os de Cabanelas reaccionaron na segunda metade e mesmo estamparon un balón no longueiro en tempo de desconto. *Ferreira-Pontenova: Igualdade no Baliño. O Ferreira non lle […]

O Friol escribe o capítulo máis exitoso da súa historia

O normal na última fin de semana de abril é afrontala con tensión, xa sabemos que sen descontrolarse que é futbol rexional, pero está claro que un sempre quere gañar. E se está loitando por un ascenso, máis. Non obstante, hai un pobo na provincia onde os nervos xa pasaron, parte da festa tamén e […]

Destacados Primeira. Xornada 30

*Bóveda-Lemos: Grandísima entrada no Hermanos Somoza. O cadro de Cabanelas, intenso, perdonou nunha primeira metade igualada. Brais adiantou aos de Edu antes do descanso. Na reanudación, un Lemos superior sentenciou. Agora, xógase as súas opcións de ascenso a unha soa carta ante o Foz. *Taboada-Páramo: O conxunto de Fontal mereceu máis nun primeiro tempo de poder […]

O ascenso dunha comprometida familia futbolística

Fálase moito no fútbol sobre o número ideal que ten que ter un bo cadro de futbolistas. Algúns adestradores prefírenos máis longos para facerlle fronte a calquera imprevisto que se poida producir durante a temporada; en cambio, a outros gústanlles curtos para que todos estean máis implicados e no caso de facer falta botar man […]