Destacados Primeira. Xornada 30

*Bóveda-Lemos: Grandísima entrada no Hermanos Somoza. O cadro de Cabanelas, intenso, perdonou nunha primeira metade igualada. Brais adiantou aos de Edu antes do descanso. Na reanudación, un Lemos superior sentenciou. Agora, xógase as súas opcións de ascenso a unha soa carta ante o Foz.

*Taboada-Páramo: O conxunto de Fontal mereceu máis nun primeiro tempo de poder a poder. Fallou tres claras e regaloulle unha mínima vantaxe ao rival. O Taboada desatouse nos segundos corenta e cinco minutos para atar a permanencia ao grande. O segundo tanto dos homes de Martín Murado chegou na contra dunha xogada na que o Páramo reclamou penalti.

*Xermade-San Ciprián: Un gol en propia meta facilitou a tarea do San Ciprián. Os visitantes aumentaron as diferenzas nunha xogada dubidosa. Os de Tomás Costa estiveron moi cómodos en todo momento, agás o cuarto de hora final. Aí, o Xermade apretou e fixo o tanto da honra.

*Pontenova-Sarriana: Gran primeira metade da escadra de Dani Moirón. Tralo descanso, chegaron os goles. A Sarriana, mellor na reanudación, tivo que remontar. Iso sí, os dous últimos tantos caeron no tempo de desconto. Victoria sufrida e sobre a hora dos de Julio Corral que poden ascender esta semana. Se gañan e o Foz fai o propio, convertiranse en conxunto de Preferente.

*Xove Lago-Monterroso: O cadro de Miguel Sancosmed adiantouse nunha primeira metade de escasa intensidade. Dabouza errou un man a man para os de Adrián Vázquez e o Xove Lago fixo o segundo en posición dubidosa. O Monterroso reaccionou e viu como o colexiado lle anulaba o empate por suposto fóra de xogo. Unha parte para cada equipo e os tres puntos para os verdes.

*San Roque-Valadouro: Os de Julio Castro sacaron petroleo dun penalti e a piques estiveron de asaltar Montirón. O San Roque tivo que esperar ao tempo de desconto para levar un merecido punto. Unha pequena alegría in extremis para despedir a David, que marcha a Australia.

*Pastoricense-Riotorto: Un penalti transformado por Farra deixou os tres puntos no Acebreiro. O Pastoricense desperdiciou ata tres oportunidades moi claras ante un Riotorto descoñecido, que apenas xerou perigo. O máis destacado, un intento de Pablo Ruiz.

*Foz-Ferreira: O cadro de Gayol trasladouse ao Municipal con quince minutos de retraso. O que se tardou en ir buscar os banderíns dos asistentes ao Martínez Otero. No relativo ao xogo, clara superioridade dun Foz que puido lograr unha goleada maior. O meta Iván realizou soberbias intervencións. Se os branquivermellos gañan este domingo na Pinguela, serán equipo de Preferente.

*Chantada-Santaballés: O cadro do Sangoñedo iniciou as hostilidades sen sorte. Un doblete de Dani poñía as cousas de cara para o Santaballés ao descanso. O Chantada mellorou as súas prestacións e púxose a un gol no tramo final. Xusto no saque de centro posterior, os chairegos mataron o partido. Sergio, xogador do filial, debutou coma titular co primeiro equipo do Chantada.

Luca´s Grill
Moreno´s Pizza
Imagen por defecto
Diego Díaz Martínez

Un enfermo do fútbol lucense. Adestrador Nivel-3 UEFA PRO

Artículos: 861

Deja un comentario

Los datos que proporciones mediante este formulario serán tratados por Futbolinlugo como responsable de esta web. La finalidad de la recogida de estos datos se realiza solamente para responder y moderar los comentarios. Estos datos estarán almacenados en los servidores de PROFESIONAL HOSTING, situados en la Unión Europea (política de privacidad de Profesional Hosting). Puedes ejercer tus derechos de acceso, rectificación, limitación y supresión enviando un correo electrónico a diegopolc8@gmail.com.