Análise dos conxuntos lucenses na nova Preferente

Sete equipos representarán á provincia de Lugo na nova Preferente, que comeza esta fin de semana. Dende Futbolinlugo, quixemos facer unha análise destes equipos antes de que empece o espectáculo.   CD Castro: Recén descendido, moveuse algo tarde no mercado. Aínda así, as súas fichaxes invitan ao optimismo. Debería estar na zona alta grazas ao […]

Quen é o experto do fútbol lucense?

Chega a Porra de Futbolinlugo. Queremos saber quen é o home ou muller que máis controla do noso fútbol. Anímate e participa! Contamos contigo! Buscamos un gañador, que terá un regalo exclusivo desta casa. É moi doado acertar resultados coa competición iniciada. Nós imos polo difícil. Adiviñar todo o que vai pasar antes do comezo […]

Tres grupos na Terceira rexional por maioría democrática

A democracia dictou sentencia e será a proposta inicial da delegación da Federación en Lugo (con algún matiz) a que está previsto que guíe a competición na Terceira Galicia de cara a vindeira temporada. A falta de que o novo sistema sexa aprobado na Asemblea da Federación Galega de Fútbol o vindeiro luns en Santiago, a […]

Preferente moi lucense e Primeira durísima

Esta semana tamén poidemos coñecer a composición da Preferente Galicia Norte e da Primeira Galicia. Na primeira das categorías contaremos coa participación de sete clubes lucenses. Ribadeo, Polvorín e Viveiro pelexarán polos postos sobranceiros unha campaña máis. Prazas nas que quere estar de novo o Atlético Escairón ou o recén descendido Castro. Os ascendidos Residencia […]

Ascenso surrealista e en diferido

27 de xuño. Pensabamos que estaba todo o peixe vendido, pero non. Esta fin de semana disputarase unha das fases de ascenso máis surrealistas que se recordan. Será por un posto na Liga Galega Infantil. Unha praza que, en principio, estaba destinada ao gañador da eliminatoria Racing Villalbés-Imperátor. E que agora pode ser para ningún […]

Ilustres emigrantes: Edgar Díaz: «Perdéronse xogadores dun alto nivel»

Inauguramos sección: Ilustres emigrantes. Queremos coñecer a todos eses lucenses perdidos na emigración futbolística. Non son moitos, pero ‘habelos hailos’. Un deles é Edgar Díaz. Así que imos coñecelo. Deixámosvos xa co propio Edgar, que nos relata a súa historia balompédica. «Empecei xogando na Residencia. Aos once anos marchei ao Lugo. Pasei por tódalas categorías. […]

Hemeroteca: Motivación espectacular sen premio

Hoxe a nosa hemeroteca viaxa moi preto no tempo. Menos dun mes atrás de feito. Pero vale a pena facer este percorrido. Os amigos de Monterroso fannos chegar este espectacular documento. Un vídeo que recibiron os xogadores antes do trascendental encontro ante o Outeiro polo ascenso. O resultado non foi o desexado. Iso sí, este […]

Brenan, Francisco Caballero e o traballo ben feito

A pasada fin de semana foi histórica para o fútbol lucense. Racing Vilalbés Xuvenil «A» ascendeu á División de Honra, e Racing Vilalbés Xuvenil «B» e EF Polvorín infantil conseguiron o ascenso ás respectivas ligas galegas.

«Gústame ver mundo e vivir novas experiencias» Quico, un vilalbés en Formentera

Ás veces, o fútbol modesto tamén che permite saír e probar experiencias novas, aínda que sen as grandes cantidades de cartos que se moven por outros lares. A pesar da súa xuventude, Francisco González Rochela «Quico» (Vilalba, 1992) é un dos futbolistas que probou sorte no fútbol popular doutras comunidades. Criado nas categorías inferiores do […]

A ascenso por temporada

A fin de semana pasada o Outeiro de Rei conseguía un novo ascenso á Preferente no campo de Cerdeiriños ante o rival que os podía alcanzar na clasificación, como era o Monterroso. O equipo de Juan Peón derrotou por 0-2 aos locais e certificou, deste xeito, a segunda praza que ocupou a maior parte da […]

Cruces das fases de ascenso infantil, cadete e xuvenil

Xa coñecemos aos equipos que se enfrentarán aos representantes lucenses nas fases de ascenso á Liga Galega. A algúns deles (os primeiros clasificados de cada categoría) bastaralles con superar unha eliminatoria para cumprir o obxectivo da tempada. Os segundos clasificados do Provincial terán que superar ata tres eliminatorias.

O Ferreira volverá recorrer toda a provincia

Na Segunda Galicia grupo sur a igualdade polo ascenso mantívose, incluso, ata a última xornada de competición. Aínda que o Ferreira tiña todas as de gañar e así o fixo. Dependía de si mesmo para subir de categoría e derrotou por 0-8 a Comercial que xa estaba descendida. Pantón festexa agora o regreso á Primeira […]

O filial do Monterroso xogará en Segunda

O Monterroso B conseguiu un histórico ascenso á Segunda Galicia despois de superar ao Río Sil na final da promoción de ascenso da Terceira Galicia grupo sur. O filial monterrosino sube de categoría no seu segundo ano de vida. Tan só o filial do Pontellas da provincia de Pontevedra se adiantou no ascenso dun filial […]

O fútbol de Xermade volve ter un equipo en Primeira

As terras máis ó norte da Terra Chá volverán desfrutar na vindeira temporada do fútbol da Primeira Galicia. O SDC Xermade regresa a unha categoría que deixou hai seis anos e faino a unha xornada para rematar a liga na que aínda ten opcións de saír campión. O concello quedara sen representante na categoría co descenso […]

Hemeroteca: Portomarín, doctorado en ascensos

Hai escasas semanas o Portomarín confirmaba o seu regreso á Segunda Galicia. Mesma categoría que alcanzaba no ano 2010. Firmou un incrible ascenso na última xornada ligueira. No campo da Ribela e ante o colista Sarria. E aquí temos o gran desenlace desta histórica tarde para os de Chao da Poza. Sen máis dilación, deixámosvos co […]

Dous ascensos en tres anos

Hai un club na cidade de Lugo que non para de medrar. O SDC San Roque acaba de conseguir un histórico ascenso á Primeira Galicia e faino sendo o campión da Segunda grupo sur, a falta dunha xornada para rematala competición. O conxunto verdiblanco poderá desfrutar dunha derradeira xornada tranquila á marxe dos seus rivais que aínda […]

Hemeroteca: O Castroverde repite a súa historia

Hai menos dun mes que o Castroverde firmaba o ascenso á Segunda Galicia. Non era a primeira vez que o facían. Xa dicía Barceló, non o confundan co do ron, que «a Historia é un ciclo continuo, sen cortes, no que algúns dos seus parámetros fundamentais se repiten». E diso damos fé na nosa hemeroteca. […]

Un ascenso de libro

Subir de categoría non era o obxectivo marcado cando o Sporting Pontenova planificou esta temporada, ou polo menos así o afirma o seu adestrador, Dani Moirón. O certo é que, con propósito ou sen el, o conxunto da Mina foi o rival a batir na Segunda Galicia grupo norte. Nunha categoría marcada pola igualdade nos postos altos, o […]